"STOP POBREZA ENERXÉTICA, OS CORTES DE SUMINISTROS MATAN"
inauguración do alumeado de Nadal
A
plataforma 'Stop Desafiuzamentos' convoca para mañá martes ás 20
horas unha protesta silenciosa ante a inauguración do alumeado
navideño na Praza Maior de Ourense, animando aos cidadáns a sumarse
cunha vela.
O
colectivo ‘Stop Desafiuzamentos’ explica que este martes se
inaugura o alumeado navideño "mentras
nas casas de moitas familias o único alumeado do que disporán
será unha mísera vela por non ter os recursos económicos
para poder custearse este servizo".
Neste sentido, desde a plataforma din que non comprenden nin aceptan "como desde unha administración pública como o Concello se fai tan pouco por loitar contra a pobreza enerxética, á que moitas familias ourensanas se están enfrontando namentres máis de 80.000 euros das arcas municipais vanse gastar no alumeado navideño".
Neste sentido, desde a plataforma din que non comprenden nin aceptan "como desde unha administración pública como o Concello se fai tan pouco por loitar contra a pobreza enerxética, á que moitas familias ourensanas se están enfrontando namentres máis de 80.000 euros das arcas municipais vanse gastar no alumeado navideño".
O
recente pasamento dunha anciá de 80 anos en Reus, así como moitas
outras mortes silenciadas estratexicamente polo sistema, son
responsabilidade do Goberno do Partido Popular en anuencia coas
grandes subministradoras, que na súa avaricia sen límites,
converten os beneficios económicos nun fin en si mesmo, mentres
abandonan a familias á súa sorte.
Nos
últimos 18 anos o prezo da electricidade para os consumidores
domésticos subiu un 80%, un incremento desmesurado por mor da
liberalización do mercado eléctrico mediante a lei 54/1997 do
Goberno de Aznar.
Ao
Goberno Municipal, antes que a iluminación de Nadal, deberíalle
preocupar moitísimo máis que a poboación de Ourense teña acceso a
subministros básicos como a auga e a electricidade, e cando se
solicita a súa actuación non dar a calada por resposta ou dicir que
non é a súa competencia ou derivar o problema das familias a Ong.
Stop
Desafiuzamentos pide a toda a sociedade ourensá que se implique na
esixencia ás administracións responsables para que garantan unha
vida digna para todas as familias.
“Non
podemos entender que mentres sigan sufrindo moitas familias, se
malgaste na iluminación na rúa, queremos
o nadal para todos, con emprego, vivenda digna con luz, auga e gas,
educación e sanidade universal...
Non queremos máis palabras nin mentiras, queremos solucións aos
problemas que viven nestes mesmos momentos moitas familias cos seus
maiores e fillos, con frío e sen poder quentarse nin facerse o
xantar.”
“Estamos
a falar de dereitos humanos básicos que se lles negan a moitas
familias día tras día, non podemos permanecer impasibles mentres
vemos o sufrimento de moitas das nosas familias, hoxe seguimos a
campaña co obxectivo de conseguir que non se sigan vulnerando os
dereitos humanos destas familias, a
VIVENDA DIGNA NON O É, SE NON TEN GARANTIDO A SUBMINISTRACIÓN DE
LUZ, GAS E AUGA.”
fotos mobil x Roberto Nonquebra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario