COMUNICADO:
https://www.diagonalperiodico.net/global/27846-rescate-encubierto-electricas.html
Stop-Desafiuzamentos Ourense sumase os compañeiros de Reus na denuncia da situación de pobreza enerxética que viven moitas cidadás e familias no conxunto do estado.
Stop-Desafiuzamentos Ourense sumase os compañeiros de Reus na denuncia da situación de pobreza enerxética que viven moitas cidadás e familias no conxunto do estado.
Íste domingo finaba unha anciá de 80 anos en Reus. O dramático
desta morte e que finou queimada nun incendio provocado por unha
velas que usaba para poder alumar a vivenda, logo de que a
multinacional Gas Natural Fenosa cortara o suministro eléctrico sin
asegurarse nos servizos sociais municipais da situación de
precariedade económica que vivía esta muller.
Dende este colectivo aseguramos que esta morte, así como moitas
outras silenciadas estratexicamente polo sistema, son
responsabilidade do Goberno do Partido Popular en anuencia coas
grandes suminitradoras, neste caso Gas Natural Fenosa, os que na súa
avaricia sen límites, na procura de máis ganancias, totalmente
deshumanizados, converten os beneficios económicos nun fin en si
mesmo, mentres abandonan a familias a súa sorte.
Despois da crise enerxética da década dos 70 do pasado século XX,
que desestabilizara os prezos da enerxía, creouse un Marco Legal
Estable (M.L.E), que consistía nun conxunto de normas e leis que
regularían o sector eléctrico do Estado Español dende o ano 1988
ata o ano 1997. Iste Marco deu estabilidade o sector eléctrico,
garantindo as eléctricas uns beneficios aceptables e recuperación
das inversións a longo prazo. Tamén establecía da forma
transparente tarifas os consumidores en condicións de mínimo custo.
Foi no ano 1998, coa contrarreforma neoliberal do sector enerxético
feita por José María Aznar, que comeza a privatización diste
sector cos resultados que hoxe todas coñecemos, encarecemento da
enerxía de xeito desproporcionado, con ausencia absoluta de
transparencia. Veriamos enseguida como os xigantes xurdidos das
privatizacións poñían a funcionar as portas xiratorias e os dous
Ex-presidentes do Partido Popular e do PSOE pasaban a ocupar postos
nos consellos de administración das eléctricas privatizadas. Non
parece xusto nin razoable que dous Ex-presidentes do Goberno pasaran
a ocupar postos de alta dirección naquelas empresas que recentemente
privatizaran. Logo da eliminación do M.L.E priorízase o beneficio
privado e abandónase o interese xeral.
O PP demostrou en reiteradas ocasións que un dos obxectivos
principais dos seus gobernos e acción parlamentaria é protexer os
intereses da banca e das grandes empresas do oligopolio enerxético
por encima dos dereitos fundamentais da poboación, para conseguilo
son capaces do que sexa necesario.
Bloquearon a I.L.P por unha lei hipotecaria da PAH no Congreso, que
fora avalada con 1,5 millóns de sinaturas. Recorreron o Tribunal
Constitucional, esixindo a súa suspensión, todas as normas
impulsadas por gobernos autonómicos sobre vivenda digna e CONTRA A
POBREZA ENERXÉTICA, En Xuño de 2013 Frearon a entrada no Parlamento
Galego da ILP por unha “ Lei de Vivenda Digna e Contra a Pobreza
enerxética” impulsada polas PAH-STOP galegas, o Decreto Lei 6/2013
de Andalucía sobre a función da vivenda, a Ley Foral 24/2013 de
Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito a vivenda, e a
Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco, Lei 24/2015 de 29 de xullo en
Catalunya.
Posicionandose claramente na defensa dos intereses da Grandes
suministradoras eléctricas e dos bancos, sin escoitar a cidadanía e
con nula capacidade de dialogo. Deixan a familias sen recursos sin
poder facer fronte as necesidades básicas de suministros, ou na rúa,
mentres temos que soportar que fondos voitres, como o BlackEstone
vinculado o fillo do ex-presidente Aznar, ou a mesma SAREB Sociedade
de Gestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria
(Banco Malo) especulen con Vivenda de Protección Oficial (V.P.O).
Mentres as 3 grandes eléctricas (Endesa, Iberdrola e Gas Natural) no
período crítico xurdido tras a Gran Estafa Inmobiliaria (alcumada
burbulla polo sistema, como si falaramos de xabón) levan gañado
56.624 millóns de €. Si tomamos os período 208-2015 o beneficio
neto ascende a 20 millóns € diarios. No caso de ENDESA que deixa
de pertencer o Estado en tempos de José María Aznar e que agora
pertence a unha empresa sem-pública Italiana ENEL 25.398 millóns €
casi a metade das ganancias conxuntas dos 3 xigantes. Ben poderían
estar hoxe destinados a pagar os intereses da débeda creada no
rescate da banca.
O caso desta anciá deuse a coñecer en parte pola labor de presión
da PAH de Reus e rapidamente chamou a mobilización social para que
non pasara desapercibido como unha anécdota. Hai moitas outras
mortes atribuíbles os desafiuzamentos e a pobreza en xeral que pasan
desapercibidos a unha sociedade acelerada e deshumanizada.
Para a Pah e os colectivos stop-desafiuzamentos o elevadísimos
número de suicidios, 1ª causa de morte traumática por diante dos
accidentes de tráfico, son asasinatos indirectos, perfectamente
evitables. Estratexicamente as estatísticas non fan referencia
detallada as causas destas mortes pois os sistema non lle interesa
que se coñeza o escándalo que se esconde nas mesmas, mortes por
problemas económicos.
Nunca debemos esquecer que o Goberno do Partido Popular que agora se
converteu no estandarte do diálogo foi o mesmo que sacou a lei
4/2015 de seguridade cidadá coñecida como Lei Mordaza para
perseguir e amordazar con elevadísimas multas, inicialmente impostas
por cargos políticos, ós colectivos que saímos a rúa o longo
destes case 6 anos para denunciar os abusos das elites económicas.
A propia ONU e o Consello de Europa urxiron a retirada desta Lei por
antidemocrática. Ausente de máis mínima capacidade para escoitar a
unha cidadanía indignada e incluír parte das demandas distes
colectivos o Partido Popular tachounos de terroristas. Mentres
permite, aínda hoxe, e non lexisla para impedir que se volva a
estafar en masa a cidadanía e todos os que quebraron a metade dos
sistema financeiro do estado seguen, coa complicidade dun goberno
podre de corrupción, na rúa a mofarse da cidadanía.
Queda sinalado diste xeito o Goberno do Partido Popular, co apoio do
PSOE, que agora pretende dialogar. Un goberno cheo de corrupción e
ausente da realidade social do seu país, que tanto di defender, ESTA
É A SÚA MARCA ESPAÑA.
A Pah e os colectivos stop-desafiuzamentos aseguramos que calquera
cousa que fagan, sen ternos en conta, antes ou despois caerá.
ESIXIMOS O RECEN ELIXIDO GOBERNO, CON APOIO DO PSOE, E A OPOSICIÓN
MAIORITARIA as seguintes medidas:
- Unha auditoría do sector eléctrico que permita clarificar os
custo reais da enerxía así como a actualización o Marco Legal
Estable posterior a crise enerxética de 1970.
- A inmediata derrogación da ley 4/ 2015 de Seguridad Ciudadana (Lei
Mordaza). Lei preventiva onde sancionan os cargos políticos Como
Subdelegados do Goberno, Secretarios de Estado e incluso Alcaldes
todos pertencentes o poder político. Por condutas que antes de ser
tipificadas como tipos administrativos estaban tipificadas como
faltas no código penal e eran xulgadas por xuíces dependente do
poder xudicial. Estando mentres non se derrogue esta lei, gravemente
danado o estado de dereito pola ausencia efectiva da separación de
poderes.
- A derrogación e redacción dunha nova lei hipotecaria que
substitúa a actual lei do século XIX, reformada en 1946 polo
réxime franquista. Lei tipificada de abusiva polo Tribunal de
Xustiza Europeo (TJUE).
Tamén seguimos adiante e non renuinciaremos as 5 demandas de
mínimos da PAH:
1º) – Dación en Pago Retroactiva.
2º) – Alugueres alcanzables.
3º) – Stop-Desafiuzamentos.
4º) – Vivenda Social Suficiente.
5º) – Suministros básicos garantido.
Texto:
Roberto "Nonquebra Nunca"
Texto:
Roberto "Nonquebra Nunca"
Ningún comentario:
Publicar un comentario