MANIFESTACIÓN POLO DEREITO FUNDAMENTAL A UNHA VIVENDA DIGNA 5 DE ABRI 2025.
Hoxe voltamos as rúas a defender o dereito a unha vivenda digna. Esta loita xa dura dende o ano 2009. A sociedade, en xeral, debeu por pe en parede cando foi da estafa financeira de 2008 e non o fixo. Rescataouse a banqueiros e construtores corrutos. Vendo que esa gran estafa saíalles gratis, decidiron entrar de cheo no extractivismo rentista. Mariano Rajoy Brey, M.Rajoy, creou a S.A.R.E.B en 2013 e eliminou a tributación das S.I.C.I.M.I no 2012 pasando de tributar do 25% o 0%. O capital si hai negocio e ninguén llo impide faino, así de simple, Daquiles polvos istes bulleiros.
Que cada quen pense onde estivo todos istes anos, stop-desafiuzamentos e a pah de todo o estado nunca deixamos as rúas, onde se conquistan os dereitos e se corrixen os abusos !
A autoxestión e a fraternidade son o camiño, sinxelo, pero imposible para quen ten mirada vertical !!!
Amosamos a nosa solidaridade co pobo Palestino. Si alguén sufre o drama da vivenda son iles, vendo como o sionismo destrue as súas vidas e os seus fogares en masa. Un xenocidio televisado. Non co noso silencio !!!!


