As administracións non teñen solucións para os problemas da cidadanía, sen salario e sen prestación unha nai con dous fillos fican na rúa.
Un xoves alguén chama a Stop Desafiuzamentos para contar que en Ourense unha nai, de 30 anos, e os seus dous fillos, de 3 e 7 anos, están na rúa. Nese momento comeza unha odisea que ven a demostrar que as administracións públicas non teñen solucións para os problemas de acceso á vivenda das persoas empobrecidas por esta estafa á que algúns chaman crise. Que pasa en Ourense cando alguén non ten un salario e non percibe ningunha axuda social? Pasa que non ten posibilidade de acceder a unha vivenda.
A Xunta de Galicia non dispón en Ourense de ningunha vivenda social que pór ao dispor de casos de emerxencia como o vivido por esta nai e os seus dous fillos. O Concello de Ourense non posúe ningún mecanismo que permita prestar asistencia de emerxencia social a unha persoa que se ve nestas circunstancias dun día para outro. No caso desta nai cos seus pequenos foi a solidariedade da Plataforma SD a única forma de conseguir que durmisen baixo teito de forma inmediata, foron as organizacións non gubernamentais as que facilitaron axudas que permitiron o pago dun piso de alugueiro económico para que hoxe esta nai e os fillos poidan vivir baixo un teito. Pero foi a Plataforma SD quen tivo que xestionar cos propietarios do inmoble o 'favor' dun alugueiro social coas mínimas esixencias posíbeis (fianzas, adiantos, garantías ou nóminas) non sen grandes dificultades. Nen vivendas sociais da Xunta, nen recursos do Concello, nen demasiada colaboración das inmobiliarias. Foi a Plataforma SD quen adiantou recursos económicos para pagar unha vivenda á espera de que o Concello mobilice a axuda de emerxencia social de 800€. As administracións, por tanto, non aportaron unha soa solución a un problema que afecta a cada día máis xente.
Por que? Porque as institucións e os gobernos teñen outras prioridades, unhas adicar 220 millóns de euros a rescatar os bancos. En Galicia a entidade privatizada NGB levase 8.000 millóns de euros ( 1,5 billóns das antigas pesetas) co beneplácito do señor Feijóo. Outras permitindo que a SAREB ( banco malo - sociedade de activos para restrucuración bancaria) acumule activos inmobiliarios por valor de 65.000 millóns de euros converténdose na maior inmobiliaria de Europa mentres no primeiro trimestre do 2013 no estado producironse 19.468 execucións hipotecarias (216 diarias) e os Gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo permiten que haxa 4,5 millóns de vivendas valeiras delas 300.000 en Galicia. 14.561 en Ourense.
Cunha política de vivenda en beneficio de banca e constructoras, o goberno do Estado e o do señor Feijoo abocan unha vez máis aos cidadáns con menos recursos a non ter onde acubillarse. Mentres, os gobernos locais non son capaces de facer fronte a esas políticas con recursos propios, e só mediante a acción das Plataformas é que consigue a sociedade organizarse para respostar e dar apoio a quen o precisa.
Facemos un chamamento á cidadanía de Ourense para que non permita que os mesmos que quebraron a economía do estado e puxeron en marcha políticas de vivenda para beneficio dos de sempre, agora volten enriquecerse con diñeiro público, especulando coas vivendas baleiras e roubadas ás súas propietarias, mentres nais con fillos pequenos non teñen recursos, traballo, nen teito.Esiximos que os recursos públicos se destinen a quen realmente os precisa e non permtir que nos sigan roubando.
Para isto convocamos a unha concentración o xoves 30 de Xaneiro ás 11:30 diante da Delegación de Vivenda da Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario