venres, 27 de xaneiro de 2017




O TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade de todos os procedementos de execución hipotecaria e os desafiuzamentos desde 1995.

http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text=&docid=187170&pageIndex=0&doclang=es&mode=req&dir=&occ=first&part=1&cid=611624

A PAH esixe a nulidade de todas as execucións hipotecarias desde 1995 co apoio do TXUE.

http://afectadosporlahipoteca.com/

A sentenza emitida O 20 DE XANEIRO DE 2017 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos.
Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993 que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.

Dicimos que non é unha sentenza máis porque esta vén dicir que é ilegal e nula a cláusula do vencimiento anticipado das hipotecas. Esta cláusula contéñena todas as hipotecas e permite á banca reclamarche a totalidade da débeda pendente, máis os intereses correspondentes, unha vez deixaches de pagar 3 cotas. O caso analizado na sentenza do TJUE, presentado por un xuíz de Santander, cuestiona que a falta de pagamento de 7 mensualidades dun total de 564 cotas mensuais das que constaba a hipoteca fose suficientemente grave como para aplicar o vencimiento anticipado.

Cando chegas a este punto e o banco reclámache de golpe que pagues a totalidade da hipoteca dunha vez, loxicamente non podes pagar de golpe. O banco, amparándose nesta cláusula, executa xudicialmente a hipoteca e abre o proceso que che condena ao desafiuzamento e a unha débeda para sempre.

Dado que é precisamente nesta cláusula na que se basean todas as execucións hipotecarias, podemos afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e desafiuzamentos habidos desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que deberon ser implementadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE, fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Unha lexislación que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia de dereitos dos consumidores, e que afecta tamén a unha necesidade fundamental como a vivenda.

Desde a PAH denunciamos unha vez máis a violación sistemática dos dereitos humanos e da propia Constitución española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.

Cabe lembrar que o Tribunal Supremo xa declarou a nulidade parcial deste tipo de cláusulas abusivas, pero propoñía substituír o inicio da execución hipotecaria dunha falta de pagamento a tres, como ditou a lei 1/2013. Tanto esta lei como o Tribunal Supremo non parou de recibir paus nas oito sentencias do TXUE que xa acumulamos nesta materia.

Agora, con esta nova sentenza anunciamos que imos esixir e a reclamar a declaración de nulidade de todas as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que se produciron desde 1995, e facémolo coa razón que nos dá o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Non só imos esixir a declaración de nulidade, senón a restitución de dereitos e a reparación dos danos producido a máis de 700.000 familias desde 2008 e a todas aquelas que sufriron as consecuencias desde 1995 da ilegal lei hipotecaria española.

Nos próximos días faremos un chamamento para iniciar esta campaña de nulidade de execucións hipotecarias, e desafiuzamentos, e esixiremos restitución de dereitos e reparación de danos. Para presentar esa campaña, convocámoslles á rolda de prensa que daremos mañá venres, día 27 a partir das 11 horas ante a porta do Tribunal Supremo en Madrid.

#TJUEconLaPAH

http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/11590-el-tjue-establece-el-criterio-a-seguir-por-los-jueces-para-declarar-abusiva-la-clausula-de-vencimiento-anticipado/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario