venres, 3 de novembro de 2017


COMUNICADO da PAH SOBRE OS DATOS PUBLICADOS DO CGPJ RESPECTO DOS DESAFIUZAMENTOS NO SEGUNDO TRIMESTRE DE 2017

 19/10/2017

O número de lanzamentos practicados ou desafiuzamentos no segundo trimestre do ano foi de 16.859, o que supón un descenso do 8,4 por cento respecto ao mesmo trimestre de 2016, segundo o informe Efectos da crise económica nos órganos xudiciais  que a Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial fixo público hoxe.

O 58,6 por cento deses lanzamentos, 9.886, foi consecuencia de procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU); mentres que outros 6.197 o 36,8 por cento- deriváronse de execucións hipotecarias e os 776 restantes obedeceron a outras causas.

Cataluña con 3.625, o 21,5 do total nacional- foi a Comunidade Autónoma na que se practicaron máis lanzamentos no trimestre obxecto do informe, seguida por Andalucía (2.947), a Comunidade Valenciana (2.287) e Madrid (1.791). Estes catro territorios suman o 63,2 por cento de todos os lanzamentos practicados en España nese período.

Atendendo só aos lanzamentos consecuencia de procedementos derivados da LAU, tamén Cataluña aparece en primeiro lugar, con 2.342. Séguenlle Andalucía (1.377), Madrid (1.344) e a Comunidade Valenciana (1.132). En canto aos derivados de execucións hipotecarias, a clasificación encabézaa Andalucía, con 1.426, seguida pola Comunidade Valenciana (1.121) e Cataluña (1.039).

O número de execucións hipotecarias iniciadas no segundo trimestre de 2017 foi de 7.689, o que representa unha diminución do 46,5 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior. O informe reflicte un descenso interanual en todas as Comunidades Autónomas.

Andalucía é o territorio con maior número de execucións hipotecarias iniciadas entre os pasados 1 de abril e 30 de xuño, con 1.864, o 24,2 por cento do total nacional. Séguenlle a Comunidade Valenciana (1.218), Cataluña (1.090), Madrid (756) e a Región de Murcia (645).



Non se dan datos de cortes de subministracións básicas a familias vulnerables, que non poden facer fronte ao pago dos mesmos, pero serían centos de miles neste período.



Estes datos, unidos aos centos de miles de procedementos actualmente suspendidos, á espera das sentenzas do TJUE, confirman unha vez máis que o Dereito á Vivenda en España non pasa de ser un anhelo e unha reivindicación da PAH máis que unha realidade, e que este Dereito non poderá ser efectivo ata que non se aprobe a Lei de Vivenda da PAH, que esperamos presentar en breve no rexistro do Congreso co maior apoio posible dos grupos parlamentarios, a quen responsabilizo directamente do sufrimento de miles de familias polo incumprimento sistemático deste Dereito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario