DEMANDA CONTRA UCI.
Unidade de Crédito Inmobiliario pantalla crediticia dos Bancos Santander-Paribas.
En Xulio de 2016 acudían a stop-desafiuzamentos Ourense unha familia que comprenderan que non podían seguir facendo fronte o pagos das cotas hipotecarias do crédito hipotecario que asinaran no ano 2008 para mercar unha casa.
Intentamos negociar con UCI unha dación en pago pero non aceptaron. Neste momento coñecemos a José María Erauskin que estaba levando 2 casos de IRPH de Compañeiras de Stop-Desafiuzamentos Ferrol. Dado que o banco non aceptaba unha negociación decidimos presentar unha demanda contra UCI por cláusulas abusivas. A vista celebrarase o vindeiro luns día 28 no xulgado de primeira instancia do Mercantil nº4 de Ourense.
José María Erauskin xunto con Maite Ortiz a súa compañeira de despacho (RES abogados) e colaboradores de Stop-Desafiuzamentos Guipuzcoa percorren todo o estado axudando, altruistamente, a familias que acoden os colectivos anti-desafiuzamentos e que non pode asumir os costes dunha demanda destas características.
Nun crédito con interese variable UCI incluíu no contrato hipotecario un Índice claramente abusivo que, sen selo, actuaba como unha cláusula chan impedindo que os intereses caeran cando o prezo do diñeiro estaba a baixa. Isto forzou a familia a desistir no pago do mesmo. Logo de abonarlle a UCI case 120.000€ dende 2008 a 2016.
Este índice coñecese como IRPH Índice de Referencia Prestamos hipotecarios hai tres tipos de IRPH
Bancos, Caixas e Entidades.
O índice máis utilizado nos créditos hipotecarios e o EURIBOR si comparamos os dous índices comprenderemos o abuso que supón a inclusión do mesmo no contrato.
No ano 2008 en que o EURIBOR alcanzou o maior tipo de interés estando o 5´3% no ano 2013 descendera o 0´54% mentres que o IRPH bancos no mesmo período pasou do 6´27% o 3´94%.
Unha familia en 2013 estaría pagando con EURIBOR 0´54% co IRPH bancos mentras esta familia pagaba case un 4%.
O IRPH ademais é un índice manipulable o alza pola propias entidade financeiras pois si o Banco de España determina o tipo de interés faino cos datos que aportan, de todos os prestamos que fan nun período, os bancos, as Caixas ou as entidades según o IRPH que corresponda. A manipulación, que para o consumidor pasa inadvertida, consiste que presentan o BE os datos TAE (Tipo de Interés Anual Equivalente) non cal se inclúen (diferencial+Comisións+Gastos) cando deberáin presentar solo o tipo de interés nominal, conseguindo que o IRPH non descenda. Mentres o EURIBOR calculase en Europa solo co Tipo medio do interés nominal de todos os prestamos do período determinado.
Recentemente o Tribunal Supremo determinou que o IRPH era un índice legal utilizado polo banco de España. Xa non é a primeira vez que o T.Supremo se pon do lado das entidades financeiras fixo na retroactividade das Cláusulas Chan de BBVA e ABANCA determinando que solo eran retroactivas ata o 2013 e tivo que ser o TXUE Tribunal de Xustiza da Unión Europea que corrixira o Supremo advertindo que no tribunais Españois determinaran si as cláusulas chan eran abusivas pero si unha cláusula era declarada abusiva o era dende o momento inicial do contrato non dende o 2013 como pretendía o supremo argumentando na sentenza problemas para a economía. Usando un argumento económico que corresponde o Ministro de economía non o Supremo. Isto o noso xeito de ver supuxo unha posible prevaricación do Supremo. Ditar unha sentencia inxusta a sabendas. Polo tanto tivemos que acudir unha vez máis o TXUE para que determine sobre a abusividade do IRPH.
Non conformes coa Sentenza do Tribunal Supremos José María Erauskin nun caso que leva en Barcelona no mes de xaneiro pídelle o Xuíz, que coñece do caso, que presente unha cuestión de Prexudicialidade o TXUE para que determine si hai abuso na comercialización de créditos con IRPH,
Unha vez máis o abuso non está no índice en si mesmo si non na falta de transparencia e información o consumidor a que viñan obrigados os bancos e da cal tiñan que dar fe os notarios. A normativa 93/13 de protección o consumidor esixe que se de dobre garantía o consumidor asegurando que o mesmo comprende tanto a literalidade do contrato como as consecuencias económicas do mesmo, ofrecéndolle varios escenarios económicos que faciliten esta comprensión. Entón como é posible que no contrato desta familia teña un índice como o IRPH que os obrigaba a pagar cantidades moito mías elevadas que o si tiveran EURIBOR.
A normativa 93/13 tiña que estar incluída no ordenamento xurídico do estado Español dende o ano 1995 pero non se incluíu para poder especular coa vivenda. Por tanto dende este ano todos os despexos son contrarios a dereito.
E de tal magnitude o abuso que ata o ano 2013 vulnerábase articulo 24.1 da Constitución que regula o dereito a tutela xudicial efectiva. Por ser un título executivo, o contrato hipotecario, despexaban as familias sen dereito a opoñerse o proceso de execución hipotecaria perdendo as vivendas e quedando con débedas de por vida.
Van 8 sentencias do TXUE contra a lexislación hipotecaria Española que data de 1808 refundida en 1940. Entre outras contra as cláusulas chan, contra o abuso bancario reclamando propiedades a avalistas particulares, contra a cláusula de rescisión anticipada en base a cal se comezan todos os procesos de execución etc etc.
O Partido Popular como queda demostrado na Sentencia da trama Gürtel era beneficiario a titulo lucrativo desta trama relacionada coa recalificación de terreos, polo tanto favorecendo a especulación, prohibida na constitución no articulo 47.
Non podemos seguir a espera de que esta formación política que creou a SAREB (Banco Malo) con diñeiro público para que Construtoras e Bancos apalanquen a vivenda (tóxica) que non conseguiron vender a espera de que fondos estranxeiros veñan a facer negocio nun segundo ciclo de especulación.
No ano 2014 o partido Popular no canto de Actualizar a lei hipotecaria e corrixir os abusos bancarios creou as SOCIMI sociedades de inversión inmobiliaria que non pagan imposto de sociedades e tributan en condicións privilexiadas. Concentran paquetes inmobles, dende pisos a baixos, para ofrecerllos a fondos de inversión que se están adueñando da renda dos alugueres. Esta nova especulación co aluguer permite que estes fondos Merque edificios enteiros a prezo de Saldo para logo dedicalos a aluguer subindo os prezos do mesmo as familias que están habitando o mesmo expulsándoas si é preciso. Estas SOCIMI creadas por un Partido Popular Corrupto están creando unha burbulla nos alugueres que si non se para urxentemente traerá gravísimos problemas e moito sufrimento en forma de outra burbulla inmobiliaria.
E por todo istes abusos do Partido popular que decidimos resistir e rexistramos no Congreso unha lei de todas, a Lei de Vivenda PAH. Unha lei para que as familias non estean indefensas, unha lei con cinco demandas básicas:
· DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA
· ALUGUER ALCANZABLE E ESTABLE
· STOP DESAFIUZAMENTOS
· VIVENDA SOCIAL
· SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS (Luz, auga e gas)
O Pp vetou o debate desta lei no Congreso.
Tras o inaceptable veto á Lei Vivenda PAH o pasado 20 de marzo, moitas cousas cambiaron. Mentres debatemos, nós si que facemos esas cousas, cal podería ser o mellor momento para rexistrar un recurso para levantar o veto, o 17 de abril fíxose pública unha sentenza do Tribunal Constitucional na que considera que o Goberno non pode alegar sen máis que un proxecto afecta os orzamentos, senón que debe xustificar tal argumento e isto só é válido para os orzamentos en vigor en cada momento, polo que non cabe argumentar sobre orzamentos futuros.
Levamos meses dicíndoo, o Partido Popular, coa inestimable complicidade de Cidadáns, están a secuestrar a democracia e convertendo a Mesa do Congreso, no seu casarío particular onde frear sistematicamente calquera proposta de lei para que non sexa debatida no Congreso. Con esta actitude, o único que fan é reafirmarse como os auténticos inimigos do estado de benestar deste país, vetando calquera iniciativa que represente nun avance nos nosos dereitos máis fundamentais, como é o caso da vivenda, para seguir lexislando a favor da especulación, da banca, dos fondos voitre e das SOCIMIS.
A escusa os orzamentos do Estado. Un dos seus últimos golpes de estado á democracia, o veto da Lei Vivenda PAH. Por sorte, a labazada do Tribunal Constitucional ante este tipo de vetos, abriu a posibilidade a que a a Lei Vivenda PAH siga adiante e volvese a ser rexistrada no Congreso.
Unha lei que está elaborada pensando en que non afecte os orzamentos. Por unha banda, na propia lei aprázase a entrada en vigor das medidas que puidesen afectarlles a sucesivos exercicios. Por outro, porque o maior investimento das nosas propostas, pasaría por ampliar o parque público de vivenda, pero é unha medida que se basea en mobilizar os máis de 3.500,000 de pisos baleiros en mans da banca, non en novas construcións como propón o PP no seu Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Aínda así parécenos lamentable, que ante a crecente emerxencia habitacional, o partido de Mariano Rajoy, que agora dispón ata o 12 de xuño como data límite para xustificar un posible novo veto, siga baseándose en cifras e non en vidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario