Reunión da PAH co Secretario Xeral de Vivenda, David Lucas.
-
Vinculada á campaña: "Vivenda Por Dereito" e facendo fincapé á situación
actual provocada pola crise sanitaria, retoman as negociacións que se
viron truncadas polo confinamento e o estado de alarma .
O
resultado da reunión de hoxe, poderiamos valoralo de positivo xa que
vimos unha clara predisposición a colaborar connosco e outras entidades
sociais no desenvolvemento para garantir o Dereito á vivenda. alcanzamos
o compromiso de manter reunións periódicas para a elaboración dunha Lei
de Vivenda, que debería entrar en vigor nesta lexislatura, así como do
próximo Plan Estatal de Vivenda e empezar a abordar como debe
consolidarse o parque públicotendo en conta a vivenda baleira e en mans
de SAREB.
Vinculada á campaña da PAH: "Vivenda Por Dereito" e
facendo fincapé á situación actual provocada pola crise sanitaria,
retoman as negociacións co Secretario Xeral de Vivenda que se viron
truncadas polo confinamento e o estado de alarma.
O mércores 20
de maio, mantivemos unha reunión virtual co Secretario Xeral de Vivenda
David Lucas. Convocáronnos a manter este encontro o 16 de marzo, para
dar continuidade á campaña de "Vivenda por Dereito" que arrincamos en
febreiro e da cal xa recolleramos algúns froitos como a ampliación e
mellora da moratoria hipotecaria ou o anuncio dunha futura moratoria dos
desafiuzamentos por alugueiro.
Desde entón a situación cambiou
desfavorabelmente e aumentado a urxencia residencial. Son máis
necesarias que nunca medidas valentes para asegurar o benestar das
familias e que non aumente o número delas que se vexa forzada a perder o
seu fogar ante unha situación de crise global.
Na reunión, tras
unha análise da situación e de como chegamos ate aquí, mostramos o noso
desacordo cos últimos decretos insuficientes e á práctica ineficaces,
aprobados para axudar ás inquilinas e ás persoas hipotecadas.
Suscitamos as nosas emendas para a tramitación parlamentaria do Proxecto
de Lei do RDL 11/2020 e saímos co compromiso dunha nova reunión en xuño
para profundar nelas, tras recoñecer a insuficiencia dos decretos
aprobados ate agora. Emendas recolleitas nun documento que xa fixemos
chegar a todos os grupos parlamentarios, quedando por ver quen as
defende e quen non. Ou o que é o mesmo, quen está ao lado das familias e
quen non. O noso obxectivo é que non se repita o sucedido na crise do
2008, que realmente non se deixa a ninguén atrás e que non sexa a
cidadanía a que acabe pagando os efectos da crise sanitaria. Á vez que
non se tomen medidas só para as afectadas pola crise actual e se teña en
conta ás familias que xa estaban en vulnerabilidade antes da pandemia.
As nosas emendas, que xa presentaremos en profundidade, céntranse en:
➤ Exoneracións do pago tanto de hipotecas como de alugueiros ate, como
mínimo, o 31 de decembro do 2021, para as familias en situación de
vulnerabilidade. Diferenciando claramente entre pequenos propietarios,
grandes propietarios -a partir de máis de 5 vivendas- entidades
financeiras, socimis e fondos de investimento e entidades públicas.
➤ Suspensión de todos os desafiuzamentos de unidades de convivencia sen
alternativa residencial de forma indefinida ou, como mínimo, ate o 31
de decembro do 2021 e establecemento do xuízo de proporcionalidade que
vén reclamando a España o Comité DESC.
➤ Extensión das medidas a
todas aquelas familias que están en situación de vulnerabilidade,
provocada previa ou durante a crise sanitaria
➤ Redución e
modificación de requisitos que burocratizan o procedemento e que exclúen
a moitas familias da aplicación das medidas.
➤ Alongar o tempo
necesario a protección das medidas para facer fronte ás consecuencias da
COVID-19, como mínimo ate 31 decembro do 2021, podendo adoptarse o
criterio que permita obxectivar a recuperación económica (como o aumento
do PIB ou do emprego).
➤ Obrigar á banca a revisar todas as
solicitudes que fosen denegadas por incumprir os anteriores requisitos.
Tanto en materia de hipotecas como de alugueiros, terán que ser
revisadas por si cumprisen cos requisitos que aquí se inclúen.
➤
Parque público e función social da Vivenda. Desenvolvemento de medidas
tendentes á utilización como Parque Público Temporal de vivendas
inxustificadamente desocupadas en mans de grandes tenedores, como forma
de corresponsabilidade social e compensación polo rescate anterior, para
dar á Vivenda o tratamento que lle corresponde como ben social,
apartándoa de ser un mero ben de consumo e especulación.
Estas
emendas non deixan de ser unha reafirmación do que levamos esixindo fai
anos. Medidas claras ante unha situación á que xa se podería poñer freo
de haberse lexislado a nosa ILP Hipotecaria de 2013 ou a Lei Vivenda PAH
que se viu truncada pola moción de censura ao goberno do PP. Neste
sentido tamén falamos dunha lei integral de vivenda. Somos coñecedoras
de que o PSOE ten redactada unha e insistimos na necesidade de que a PAH
podamos revisar e incidir nese texto antes do seu futuro rexistro.
O resultado da reunión de hoxe, poderiamos valoralo de positivo xa que
vimos unha clara predisposición a colaborar connosco e outras entidades
sociais no desenvolvemento para garantir o Dereito á vivenda. alcanzamos
o compromiso de manter reunións periódicas para a elaboración dunha Lei
de Vivenda, que debería entrar en vigor nesta lexislatura, así como do
próximo Plan Estatal de Vivenda e empezar a abordar como debe
consolidarse o parque públicotendo en conta a vivenda baleira e en mans
de SAREB.
Queda moito traballo por diante. Máis cando
lamentablemente esta crise volveu a demostrar o que a PAH leva
denunciando nos seus 11 anos de existencia: que a vivenda é un dereito
humano e que se debe garantir o seu acceso a todos os cidadáns. De non
facelo seguiremos tendo vidas en xogo e de habernos escoitado antes
salvarían-se vidas humanas, truncadas ante a desesperación de quedarse
sen fogar.
Desde a PAH recollemos a man tendida hoxe, pero non
deixaremos de denunciar a situación ate que estea garantida, como
fixemos sempre. Non imos permitir que se siga apoiando desde o Goberno á
banca e fondos voitres a costa do sufrimento da cidadanía á que din
representar. Seguiremos presionando e esixindo que se inclúan as nosas
propostas para garantir o dereito á vivenda para todas. Non queremos
máis parches de escaparate que sigan deixando a miles de familias na
miseria. Queremos cambios estructurales que reviertan a situación.
Mentres, seguiremos traducindo a linguaxe humana as propostas do
Goberno, visibilizando as súas carencias e defendéndonos ante elas nas
nosas asembleas, para protexer e apoiar ás familias. fomos capaces de
sobrevivir a última década e volverémolo a facer. Esta vez píllanos
organizadas, coa experiencia necesaria e con máis motivos que nunca.
Porque si se pode non deixar a ninguén atrás.
https://afectadosporlahipoteca.com/2020/05/20/reunion-de-la-pah-con-el-secretario-general-de-vivienda/?fbclid=IwAR01Q4yGs_q8t4tAkv1nSesWAfIeZiBBAd1jBIterTTo9ZUlJudCQef-1Z0
Ningún comentario:
Publicar un comentario