martes, 11 de febreiro de 2014

CONCENTRACIÓN :: A solución, as casas de cartón


Caixas de cartón como símbolo da falta de solución das administracións ante o problema dos desafiuzamentos. Deste xeito, metidos dentro das súas “casas de cartón”, afectados e afectadas xunto a membros da Plataforma cidadá Stop Desafiuzamentos de Ourense quixeron denunciar a política de vivenda da Xunta e do Concello de Ourense que non posúen ninguna vivenda social para os casos de emerxencia. Con este acto reivindicativo diante da delegación provincial de vivenda da Xunta Stop Desafiuzamentos trata de visibilizar na rúa que os despexos segue a ser un problema que cada día ameaza a ducias de familias ourensás con quedárense na rúa.













Durante máis de media hora os afectados e afectadas da provincia quixeron saír á rúa e berrar diante do edificio público se as caixas de cartón é a solución que lles ofrecen. E baixo a faixa “Polo dereito á vivenda, contra o xenocido financiero, sinalemos aos culpables” interroperon por uns minutos o tráfico na rúa Sáenz Díez co único obxectivo de que a cidadanía ourensá coñeza unha realidade que non sempre se conta ou non se quere contar.







Un dos últimos casos, o dunha muller de trinta anos, una nai con dous fillos menores que quedou na rúa sen ningún tipo de axuda nin solución máis que a que puido ofrecerlle a Plataforma fixo, de novo, saltar as alarmas sobre a falta de implicación das administracións públicas que carecen de mecanismos eficaces que permitan evitar situacións coma esta.

Neste caso foi a Plafatorma a que non consentiu que dous nenos de 3 e 7 anos durmisen máis dunha noite no albergue municipal. Pero só coa resposta dos membros de Stop Desafiuzamentos e coa axuda de Organizacións Non Gubernamentais como se puido procurar, non sen dificultades, un alugueiro social mentres segue agardando pola axuda de emerxencia de 800 euros do concello, que tarda meses en se tramitar, aprobar e chegar. E mentres? A única solución é recorrer á solidaridade ou á caridade para non ficar na rùa. E en Ourense hai arestora 14.561 vivenda baleiras, pero ninguna á que poida acceder una familia en paro, con fillos e que non pode pagar a súa hipoteca ou como esta muller un alugueiro.

Pero este non é o único caso, preto de 40 persoas con problemas de vivenda e con ordes de desafiuzamento acudiron á Plataforma cidadá na procura de axuda e asesoramento para resolver un problema consecuencia da estafa, á que lle chaman crise, e da que son culpables tanto os bancos como as administración e os gobernos de España e Galicia. Por iso, sinalemos aos culpables!

E para que non haxa máis xente sen casas, nin casas sen xente, dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense seguiremos reclamando unha política de vivenda digna que permita acceder a unha vivenda sen ter en conta os recursos ecónomicos. Son as familias, con varios membros en paro, e tamén os máis novos, as que máis están a sufrir as consecuencias dunha política que non está pensada para resolver os problemas da cidadanía.

Fotos de Oscar Pinal.

A NOVA NOS MEDIOS:



sábado, 25 de xaneiro de 2014

CASAS SEN XENTE, XENTE SEN CASAS

As administracións non teñen solucións para os problemas da cidadanía, sen salario e sen prestación unha nai con dous fillos fican na rúa.

Un xoves alguén chama a Stop Desafiuzamentos para contar que en Ourense unha nai, de 30 anos, e os seus dous fillos, de 3 e 7 anos, están na rúa. Nese momento comeza unha odisea que ven a demostrar que as administracións públicas non teñen solucións para os problemas de acceso á vivenda das persoas empobrecidas por esta estafa á que algúns chaman crise. Que pasa en Ourense cando alguén non ten un salario e non percibe ningunha axuda social? Pasa que non ten posibilidade de acceder a unha vivenda. 

A Xunta de Galicia non dispón en Ourense de ningunha vivenda social que pór ao dispor de casos de emerxencia como o vivido por esta nai e os seus dous fillos. O Concello de Ourense non posúe ningún mecanismo que permita prestar asistencia de emerxencia social a unha persoa que se ve nestas circunstancias dun día para outro. No caso desta nai cos seus pequenos foi a solidariedade da Plataforma SD a única forma de conseguir que durmisen baixo teito de forma inmediata, foron as organizacións non gubernamentais as que facilitaron axudas que permitiron o pago dun piso de alugueiro económico para que hoxe esta nai e os fillos poidan vivir baixo un teito. Pero foi a Plataforma SD quen tivo que xestionar cos propietarios do inmoble o 'favor' dun alugueiro social coas mínimas esixencias posíbeis (fianzas, adiantos, garantías ou nóminas) non sen grandes dificultades. Nen vivendas sociais da Xunta, nen recursos do Concello, nen demasiada colaboración das inmobiliarias. Foi a Plataforma SD quen adiantou recursos económicos para pagar unha vivenda á espera de que o Concello mobilice a axuda de emerxencia social de 800€. As administracións, por tanto, non aportaron unha soa solución a un problema que afecta a cada día máis xente. 

Por que? Porque as institucións e os gobernos teñen outras prioridades, unhas adicar  220 millóns de euros a rescatar os bancos. En Galicia a entidade privatizada NGB levase 8.000 millóns de euros ( 1,5 billóns das antigas pesetas)  co beneplácito do señor Feijóo. Outras permitindo que a SAREB ( banco malo - sociedade de activos para restrucuración bancaria) acumule activos inmobiliarios por valor de 65.000 millóns de euros converténdose na maior inmobiliaria de Europa mentres no primeiro trimestre do 2013 no estado producironse 19.468 execucións hipotecarias (216 diarias) e os Gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo permiten que haxa 4,5 millóns de vivendas valeiras delas 300.000 en Galicia. 14.561 en Ourense.

Cunha política de vivenda en beneficio de banca e constructoras, o goberno do Estado e o do señor Feijoo abocan unha vez máis aos cidadáns con menos recursos a non ter onde acubillarse. Mentres, os gobernos locais non son capaces de facer fronte a esas políticas con recursos propios, e só mediante a acción das Plataformas é que consigue a sociedade organizarse para respostar e dar apoio a quen o precisa. 

Facemos un chamamento á cidadanía de Ourense para que non permita que os mesmos que quebraron a economía do estado e puxeron en marcha políticas de vivenda para beneficio dos de sempre, agora volten enriquecerse con diñeiro público, especulando coas vivendas baleiras e roubadas ás súas propietarias, mentres nais con fillos pequenos non teñen recursos, traballo, nen teito.Esiximos que os recursos públicos se destinen  a quen realmente os precisa e non permtir que nos sigan roubando.

Para isto convocamos a unha concentración o xoves 30 de Xaneiro ás 11:30 diante da Delegación de Vivenda da Xunta. 

venres, 24 de xaneiro de 2014

Acta da asemblea do Xoves 23/01/2014


Orde do día:


1)-Presentación dos novos casos de afectados por hipoteca/aluguer.

Moita xente, pídese que cada caso sexa persoal, e se comparta se se quere, pero pídese colaboración para que a plataforma tenha sentido de si. Coméntase do desconhecemento da plataforma e do medo a presentar os seus casos para que poidan recibir axuda, e pelexar polas súas vivendas e os seus dereitos fundamentis e constitucionais.

Promocionar a páxina web de "Stop Desafiuzamentos Ourense", en Twitter, FB, posicionarse na web mellor.


2)-Convocatoria do pacto cívico.

Ocúpase Oscar de convocar o Pacto Cívico, o máis urxente posible.
Falar con Marga (Concelleira)


3)-Preparación da acción protesta.

Protesta ó Concello, Xunta e goberno estatal pola resposta no caso de unha muller con dous menores na rúa.


4)-Nova estratexia de actuación da plataforma.
A) (colaboración na ILP)
Vaise presentar unha ILP (que acaba de presentar tamén Catalunya) para pedir parque de vivendas, responsabilidade ós bancos e concellos para que usen as vivendas mortas e incentiven o alugueiro social.
Vai para o Parlamento Galego, búscanse 25.000 firmas (¿¿¿15.000???).
Fálase de facer campanhas alternativas, e non centrar tanto esforzo nunha ILP que o PP "votará" abaixo. Todo ten esforzo, e se hai ganhas, pódense facer moitas cousas aparte de ILP´s.
Facer caceroladas, cousas máis variadas e de outra índole para chamar a atención e estar presentes na actualidade da xente, que nos vexan, que se unan á causa que a todos nos toca.

5)-Fixar periocidade distes encontros e marcar nova data.
Daquí en dúas semanas. 6 febreiro ás 20:00h.


6) Recollida de alimentos
Conseguimos meter no banco de alimentos as afectadas que o precisaban e as que lles estabamos repartindo, pero eles non se fan cargo das recollidas. Esta fin de semana hay partidos de: basket feminino, ourense futbol, barbadas futbol. Hai que ir a facer recollida e logo cando se teña todo levalo ao Banco de alimentos.
Acórdase que definitivamente, temos que delegar no Banco de alimentos a recollida do partido deste fin de semana e do resto de eventos.


PROTESTA-CONCENTRACIÓN-MANIFESTACIÓN DE STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE.

XOVES 30 ÁS 11:30AM DIANTE DA DELEGACIÓN DE VIVENDA DE OURENSE

LEMA “AS CASAS DE CARTÓN, A NOSA SOLUCIÓN”.

MATERIAL CONCENTRACIÓN:

-Faixa (Oscar).
-Caixas de Cartón (facerlles un furado para meter a cabeza a xeito de casa). Hai que buscar moitas.
-Megafonía (ROBERTO).
-Pancartas de Stop (ROBERTO piruletas). Quen queira pode facer máis pancartas.
-Comunicado (envialo á prensa).
-Comunicado a subdelegación do goberno (Oscar).
-EventoFacebook (crealo, mínimo facelo 4 días antes)
-Imprimir panfletos específicos deste caso e desta denuncia (Emiliano).




COMUNICADO CONSENSUADO POR TODOS PARA PRENSA:

Concentración xoves 30 de xaneiro ás 11:30am diante da Delegación Territorial de Vivenda de Ourense.

As institucións non teñen solucións para os problemas da cidadanía, sen salario e sen prestación unha nai con dous fillos fican na rúa.

Un xoves alguén chama para contar que en Ourense unha nai, de 30 anos, e os seus dous fillos, de 3 e 7 anos, están na rúa. Nese momento comeza unha odisea que ven a demostrar que as institucións públicas non teñen solucións para os problemas de acceso á vivenda das persoas empobrecidas por esta estafa á que algúns chaman crise. Que pasa en Ourense cando alguén non ten un salario e non percibe ningunha axuda social? pasa que non ten posibilidade de acceder a unha vivenda. 

A Xunta de Galiza non dispón en Ourense de ningunha vivenda social que pór ao dispor de casos de emerxencia como o vivido por esta nai e os seus dous fillos. O Concello de Ourense non posúe ningún mecanismo que permita prestar asistencia de emerxencia social a unha persoa que se ve nestas circunstancias dun día para outro. No caso desta nai cos seus pequenos foi a solidariedade da Plataforma a única forma de conseguir que durmisen baixo teito de forma inmediata, foron as organizacións non gubernamentais as que facilitaron axudas que permitiron buscar un piso de alugueiro económico para que hoxe esta nai e os fillos podan vivir baixo un teito. Pero foi a plataforma quen tivo que xestionar coas inmobiliarias o 'favor' dun alugueiro social coas mínimas esixencias posíbeis (fianzas, adiantos, garantías ou nóminas) non sen grandes dificuldades. Nen vivendas sociais da Xunta, nen recursos do Concello nen demasiada colaboración das inmobiliarias. Foi a plataforma quen adiantou recursos económicos para pagar unha vivenda á espera de que o Concello mobilice a axuda de emerxencia social de 800€. As institucións, por tanto, non aportaron unha soa solución a un problema que afecta a cada día máis xente. 

Por que? porque as instituciós e os gobernos teñen outras prioridades, unhas adicar  220 millóns de euros a rescatar os bancos. En Galicia a entidade privatizada NGB levase 8.000 millóns de euros 1,5 billóns das antigas pesetas co beneplácito do serñor Feijóo. Outras permitindo que a SAREB ( banco malo - sociedade de activos para restrucuración bancaria), acumule activos inmobiliarios por valor de 65.000 millóns de euros convertindose na maior inmobiliaria de Europa mentres no primeiro trimestre do 2013 no estado producironse 19.468 execucións hipotecarias (216 diarias) e os Gobernos de Mariano Rajoy e Nuñez Feijoo permiten que haxa 4,5 millóns de vivendas valeiras delas 300.000 en Galicia. 14.561 en Ourense.

Cunha política de vivenda en beneficio de banca e constructoras, o goberno do Estado e o do señor Feijoo abocan unha vez máis aos cidadáns con menos recursos a non ter onde acubillarse. Mentres, as insitucións locais non son capaces de facer fronte a esas políticas con recursos propios, esó mediante a acción das Plataformas é que consigue a sociedade organizarse para respostar e dar apoio a quen o precisa. 

Facemos un chamamento a cidadanía de Ourense para que non permita que os mesmos que quebraron a economía do estado, e puxeron en marcha políticas de vivenda para beneficio dos de sempre, agora volten enriquecerse con diñeiro público, especulando coas vivendas baleiras e roubadas ás súas propietarias, mentres nais con fillos pequenos non teñen recursos, traballo, nen teito.Esiximos que os recursos públicos se destinen  a quen realmente os precisa e non permtir que nos sigan roubando.

Para isto convocamos a toda a cidadanía a concentrarse o xoves 30 ás 11:30 diante da Delegación Territorial de Vivenda de Ourense.


mércores, 22 de xaneiro de 2014

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Unha muller e os seus fillos pequenos, na rúa por falta de vivenda

Stop Desafiuzamentos Ourense alerta de que na nosa provincia é arestora cando se están a notar as consecuencias máis crueis desta estafa, que non crise.

Ata a plataforma chegaron no 2013 unha trintena de persoas con problemas de vivenda (lembramos, un dereito que recolle a Constitución Española no artigo 47). Procesos xudiciais a piques de abrirse ou xa en trámite por impago de hipotecas que nalgúns casos remataron, tras conversas coas entidades bancarias e coa colaboración do Colexio de Avogados da cidade, en dacións en pago. Iso si, quedaron sen a vivenda. Piso ou casa que mercaron e na que gastaron aforros e salarios. O problema é cando non existe un colchón familiar, avoas, avós, nais e pais que coas súas pensións poden turrar dun membro ou de toda unha familia.

É o caso dunha muller (que prefire gardar o anonimato) de 30 anos que con dous fillos, de 3 e 7 anos, non ten vivenda. Ela non perdeu, non lle embargaron un piso hipotecado, a realidade é outra pero moi semellante ao que están a padecer outras persoas que acoden a nós como última esperanza. As familias antes de clase media, coa perda de traballo ou co peche das súas empresas e unha vez agotada a prestación de desemprego, quedan sen renda algunha. Rematados os recursos non poden nin pagar un alugueiro, un teito baixo o que vivir. Situacións dramáticas que deixan, neste caso, menores na rúa.
Dende onte esta moza está acollida xunto cos seus cativos por integrantes de STOP DESAHUCIOS OURENSE.

Apelamos á intervención urxente das Administracións, Concello de Ourense e Xunta de Galicia. Son os servizos sociais, municipais e autonómicos, os que deben atender estes casos de extrema necesidade.

Stop Desafiuzamentos Ourense ten feito, ate o de agora, labores de asesoramento, acompañamento e denuncia pero non é o seu cometido dar teito a quen non o ten, tampouco dispomos dos medios necesarios. 

Damos conta desta realidade silenciada para que, quen si ten competencias, tome medidas e garanta unha vivenda digna para todas.

venres, 15 de novembro de 2013

Alimentos necesarios no CARRIÑO SOLIDARIO

Queremos agradecer enormemente a grande acollida que esta a ter o CARRIÑO SOLIDARIO en todos os eventos deportivos nos que se está organizando, onde a cidadanía está a responder cunha grande colaboración.

Así mesmo, queremos destacar que detectamos que a grande maioría dos alimentos que recibimos son pasta, arroces e legumes, os cales son moi necesarios, pero notamos escasez de productos para acompañar a estes alimentos para facer comidas máis completas (salsas, atun, guisantes, conservas...), así como leite, aceites, etc...

MOITAS GRAZAS TANTO AS ENTIDADES COLABORADORAS COMO Á CIDADANÍA POLA RESPOSTA...XUNT@S PODEMOS!!!


xoves, 14 de novembro de 2013

O C.D. Ourense súmase ao CARRIÑO SOLIDARIO


Hoxe ás 19:00 hrs. na rolda de presna previa ao partido desta fin de semana, o C.D. Ourense confirmou o acordo coa plataforma STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE para colaborar na campaña CARRIÑO SOLIDARIO na recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene persoal e doméstica.



Esta colaboración será en todos os partidos que o C.D. Ourense xogue na casa, situando unha caixa para a recollida de alimentos na entrada de cada partido.

Dende a platoforma queremos agradecer ao C.D. Ourense a súa máxima colaboración en todo momento coa campaña, así como a difusión realizada. XUNT@S PODEMOS!!!