domingo, 27 de decembro de 2015

Vide ao ‪#‎MercadoSolidarioSTOP‬ nas festas e aproveitade para mercar a bo prezo roupa, calzado, xoguetes, libros, ...
23, 26, 27, 28, 29 e 30 de Decembro
de 18:30 hrs.   a 20:00 hrs.

Toda a colaboración e ben recibida para axudar a manter o local aberto a disposición de todas a veciñanza...

xoves, 24 de decembro de 2015

19 DE DECEMBRO 2015.

Acción a nivel estatal "as 5 da PAH" 18:00h en todas as Prazas das cidades e vilas do estado. En Ourense saímos a rúa a repartir información para a xudar a cidadanía a reflexionar, ¿quen defende os seus intereses? ¿quen os dos poderes financeiros e os plutócratas?.

3 preguntas e un desexo da PAH
https://www.youtube.com/watch?v=XQdFVUP4ndo
O 20 de Decembro pensa nas 650.000 familias que perderon a súa casa por non poder facer fronte á súa cota hipotecaria, nos cortes de subministracións indiscriminadas, nos desafiuzamentos de aluguer, no bloqueo do PP da nosa ILP hipotecaria con máis de 1.600.000 de firmas, nas entidades financeiras rescatadas co diñeiro de todas que non queren ceder os seus pisos baleiros para que sexan vivenda social.
Comparte este vídeo en facebook! Pásao por whatsapp! Aínda que algúns non queiran que pase? que todo o mundo véxao!
https://www.youtube.com/watch?v=XQdFVUP4ndo
#‎AtopeConLas5‬

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.
2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.
3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.
4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.
5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.




mércores, 2 de decembro de 2015




As cinco propostas lexislativas das PAHs/STOPs da Galiza diante das Eleccións Xerais do 20 de Decembro

Tres anos despois de tentar cambiar a lei a través da ILP que o PP bloqueou coa súa maioría absoluta, e máis de 6 anos despois de autotutelar os nosos dereitos a diario parando desafiuzamentos, recollendo familias a través da Obra Social, arrincando dacións e alugueres sociais á banca, soportando multas, represión e unha campaña de estigmatización constante dende os poderes fácticos e políticos do Estado Español. As eleccións xerais abren a posibilidade dunha nova correlación de forzas que permita superar a complicidade da banca e as subministradoras cos gobernos do PP e o PSOE. Complicidade que ocasionou leis inxustas, estafas, desafiuzamentos e cortes de subministracións.

Dirixímonos a toda a cidadanía, para que coñeza estas demandas enmarcadas na campaña: Sen as 5 da PAH, Eu non vos voto:

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.

2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.

3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.

4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.

5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.

Son 5 demandas de mínimos, necesarias, urxentes, destinadas a rescatar á cidadanía. Desde 2009 puxemos propostas de solución sobre a mesa a todos os partidos e todos os niveis da Administración. Demostramos que perdendo o medo podiamos vencer a Bancos, financeiras e fondos voitres. Fomos nós quen en ausencia de gobernos valentes organizámonos e combatido polos nosos dereitos.

As PAH e colectivos Stop-desafiuzamentos Galegos presentamos no Parlamento Galego o día 10 de novembro estas 5 propostas lexislativas, dentro desta campaña que deu comezo en todo o estado o día 8 de setembro.

Recentemente comezamos a recibir propostas de reunións con formacións políticas. Dende os colectivos galegos, e dado que entramos de cheo nun ciclo electoral que comeza con eleccións Estatais ao Congreso e ao Senado, rematando en primavera con unhas eleccións autonómicas queremos comunicar:

1º) As formacións políticas que se amosen sensibles coas 5 propostas da PAH, en política de vivenda, faránnolo saber por escrito antes do día 14 de decembro. Explicando no mesmo o nivel de compromiso con estas propostas.

2º) Os colectivos pah-stop galegos consideramos que as propostas lexislativas da PAH son razoables e asumibles por calquera formación política e as condicións que expoñemos tamén entran dentro da lóxica preventiva dun colectivo cidadá que non quere ser utilizado en campaña electoral para beneficio de ningunha formación política.

3º) Ante os presentes tempos electorais e partidarios, dende o colectivo das PAHs e STOP DESAFIUZAMENTOS galegas consideramos que participar nas presentes eleccións coma axente activo e sobre todo en forma de correa de transmisión publicitaria, non é o noso papel.

Recibide unha fraternal aperta.
NEN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA.

30 de Novembro de 2015

PAHs/STOPs da Galiza

domingo, 29 de novembro de 2015

Stop desafiuzamentos ourense acorda en asemblea, celebrada o día 27 de novembro, sumarse a campña da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

Compañeir@s, 

Dende o feminismo vimos traballando nas últimas semanas nunha resposta social ao debate aberto en relación á denuncia interposta contra José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, por ofrecer un emprego a cambio de relacións sexuais e que hoxe esta aínda en fase de toma de declaracións pos parte da fiscalía para valorar a apertura ou non de dilixencias. 

Ante este suceso moitas feministas vemos con fonda preocupación que o debate social, lonxe de cuestionar ao denunciante e a violencia machista que supón exercer presión dende unha posición de poder para procurar favores sexuais, coloca o seu foco na muller que denuncia, cuestionándoa e banalizando a gravidade dunha acusación de acoso sexual e por tanto de violencia machista. 

Co fin de contribuír a explicar socialmente o que significa o acoso sexual e que é outra forma de violencia machista vimos de pór en marcha unha campaña que levará por lema "O Persoal é Político. O acoso sexual é delito" mediante a cal queremos facer chegar a toda a sociedade este debate desmontando os argumentos falaces de pechalo no ámbito privado, de restarlle importante e o peor: de criminalizar á muller que denuncia. 

Para iso elaboramos un cartaz que tentaremos visibilizar en toda a cidade, estamos preparando unha palestra sobre o acoso sexual na lexislación e queremos facer público o texto que vos adxuntamos co maior número de apoios colectivos posíbeis de entidades da nosa cidade. Convidándovos a asinar e apoiar este texto que faremos público -xunto cos apoios- o 1 de decembro de 2015.

Caso de ter vontade de apoiar esta campaña pregamos nos remitades a este mesmo email unha resposta indicando nome da organización que apoia e asina e telefone de contacto. 

Ademáis aquel@s que asinedes este texto estades convocad@s a unha reunión o próximo luns 30 de novembro ás 20.30h no local de ESCUA (Praza da Estrela) para organizar conxuntamente o seguinte paso a darmos coletivamente en relación a este caso. 

En sororiedade feminista
Seguimos en Marcha ata que todas vivamos libres de violencias.


O persoal é político
Demandamos do Partido Popular unha posición
clara contra a violencia machista e o acososexual


O artigo 3 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero fala de formas de violencia machista e sinala como unha das formas de
violencia o «acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de
natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se prevale dunha
situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de
causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación,
ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta». Tal definición de acoso
sexual está inspirada e coincide no esencial coa tipificación do delito de acoso sexual contido nos
apartados 1 e 2 do artigo 184 do vixente Código Penal.
Como forma de violencia machista, o acoso sexual non pode ser tratado só como unha cuestión
relegada á esfera doméstica ou privada e por tanto persoal, senón que constitúe un problema
social e como tal debe afrontarse. Debe ser no ámbito público no que se visibilice e denuncie e no
que se trate calquera cuestión referida a denuncias desta índole por parte de calquera cidadán, e
con maior rigor se cabe as relacionadas con representantes públicos nunha institución.
A sociedade debe demandar das autoridades todo o esforzo en esclarecer calquera circunstancia
relacionada con denuncias sobre violencia machista, e máis sabendo que en moitos casos non
tomar en conta os testemuños das mulleres que a sufren leva a terríbeis consecuencias como pode
ser a dos asasinatos machistas.
Ante unha muller que denuncia violencia machista, e o acoso é unha forma de violencia, todos os
resortes da xustiza deben colocarse no obxectivo de investigar, contrastar e resolver sobre as
consecuencias do posíbel delito protexendo en todo momento tanto o anonimato como a
integridade da muller e loitando por evitar a dobre criminalización que se produce cando quen se
xulga social e mediaticamente é a muller que sufre e denuncia a agresión e non o seu agresor.
Neste sentido, o artigo 30 da citada lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero establece no seu apartado 1 que «a Administración da Xunta de Galicia poderá
exercer a acción popular nos procedementos penais por violencia de xénero» e o artigo 31.1 da
mesma lei insiste en que «nos casos en que proceda, a Xunta de Galicia poderá acordar o seu
personamento nos procedementos penais instados por causa de violencia de xénero, en calidade
de parte prexudicada civilmente, de conformidade co establecido no artigo 110 da Lei de
Enxuizamento Criminal».
A denuncia feita contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais
está tipificada na lei como acoso sexual e por tanto é unha forma de violencia que constitúe un
delito. As abaixo asinantes consideramos que un representante público acusado dun delito de
violencia machista non pode permanecer nin un día máis á fronte da institución nin da súa
responsabilidade política. Tanto el como o Partido Popular deben asumir as responsabilidades
políticas e aclarar publicamente a súa posición en relación á violencia machista e ao acoso sexual.
Como parte dunha sociedade crítica e comprometida que se nega a ser cómplice do silenciamento
da violencia e de retorcidos debates que criminalizan aos máis débiles amosamos todo noso apoio
á denunciante, ao seu dereito a expresarse e a non ser xulgada pola súa acción xudicial e
expresamos ás veciñas e veciños de Ourense cales son as nosas demandas.
Demandamos do Partido Popular Galego que proceda a:
• O cese inmediato do actual presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
• O remate da campaña de criminalización da denunciante e que deixe actuar á xustiza
libremente.
• Esixir ao presidente do Goberno galego Alberto Núñez Feijóo que realice unhas disculpas
públicas polas declaracións nas que sinalou a inexistencia de delito por non ter conseguido
a denunciante un emprego, restando importancia ao feito da existencia da promesa que
puido ser empregada como presión para violentar a liberdade sexual da denunciante.
Demandamos da Xunta de Galicia que proceda a:
• Exercer a acción popular en caso de que se abra un proceso xudicial derivado da denuncia
presentada contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de relacións
sexuais a unha ex traballadora da Deputación de Ourense.
Ourense, novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015


Este sabado 28 no bar as Marías, ás 11 da mañá, en Compostela, faremos o encontro das PAH-STOP galegas.
Con moito esforzo resistimos nesta loita contra os Xigantes financeiros e os seus acólitos plutócratas.

¡ que ninguén o dubide, resistiremos ata facer efectivo o dereito a unha vivenda digna !. O tempo desgasta pero tamén da experiencia e sabedoría para coñecer mellor o indignante adversario que fai negocio co sufrimento de moitas familias.
¡ conseguirémolo !


 ENCONTRO DAS PAH E OS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS HOXE EN COMPOSTELA.
Cada vez que unha entidade financeira preme a unha familia, ata conseguir os seus obxectivos financeiros e do outro lado non hai a xente suficiente para forzar o equilibrio, nunha relación que a banca pretende a 2, nos esiximos converte-la nunha ecuación con 3 elementos; forzando diste xeito o que é un feito, que as entidades financeiras entendan que foron rescatadas con diñeiro público, este sería o terceiro elemento, A SOCIEDADE ACTIVA ORGANIZADA, pelexando caso a caso no maior escenario de guerra silente contra a penúltima versión do capitalismo; o neoliberalismo.
Inmersos na escena electoral as pah- stop galegas lembramos que é preciso seguir axudando estas familias e que sería imprudente subirse a unha ola triunfalista depositando todo no feito político, perdendo a perspectiva do sufrimento que seguen a causar día a día estes maldecidos psicópatas.










Temen vos informamos que seguimos adiante co Mercadiño Solidario, no local que alugamos recentemente, na Galerías Xosé Fernández Oxea, local nº20. Pegado a Carrefour Market (no Xardín do Posio).


mércores, 11 de novembro de 2015

Mercadiño solidario.

As necesidades de loxística (almacenamento de roupa, obxectos...etc), non podíamos seguir a almacenar as doazóns en casas de compañeiras, obrigounos a alugar un local para tentar seguir adiante co mercadiño solidario.

Como temos dito en outras ocasións este mercadiño permítenos sacar unha pequena financiación para o colectivo, agora unha parte irá destinada o pago do aluguer, pero o fundamental e que pos roupa en bo estado e de boa calidade, a que non se lle daba uso, a disposición de persoas que a precisan.

Así este sábado día 14de novembro dende as 17:30h ás 20:00h nás Galerías do Xardín do Posío, na rúa Xosé Ramón Fernández Oxea voltaremos a facer o mercadiño, tentaremos abrir con periodicidade, xa iremos informando dos día e horas. Esta vez farémolo nun local propio de stop-desafiuzamentos.

O domingo día 8 non se puideron abrir as galerías polo tanto non se puido realizar o mercadiño.

¡ Desculpade si aguen se viu afectado por este imprevisto !

VOLTAMOS A ABRIR O SABADO 14.



CONCENTRACIÓN EN BANKIA.



Acción coordinada entre a PAH de Vigo e o colectivo stop-desafiuzamentros Ourense.

Venres 13 as 12:00 da mañá.
OURENSE: Sucursal da Rúa juan XXIII.

https://www.facebook.com/events/435509043309558/

VIGO: sucursal de Bankia en plaza de la Princesa,7, 36.202.

https://www.facebook.com/events/1654192748199243/

¡ É moi importante que acuda o maior cantidade de xente posible !

A finais de 2014 contactounos unha familia afectada por un posible desafiuzamento, por impago de cota hipotecaria pola cantidade de 7000€, coa entidade financeira Bankia. En xaneiro do ano 2015 presentouse un escrito acolléndose a negociación no marco do Real Decreto ley 6/2012. No mes de maio de 2015 a entidade financeira Bankia acepta a solicitude e fai unha proposta que esta familia considera razoable. No mes de setembro de 2015 o mediador hipotecario da oficina que levara o caso en Ourense é desprazano a Oviedo.

Asignase unha nova mediadora en Vigo, coas dificultades que isto ten para esta familia, pero ademais esta nova mediadora de Bankia, nunha aptitude carente de empatía, negase a aceptar as condicións anteriormente propostas pola entidade, por escrito, pretendendo que esta familia pague unha cota que neste intre resulta inasumible para a mesma.

A actitude desta entidade financeira intervinda con 22.000 millóns de € de diñeiro público , de fato nacionalizada, por tanto pertencente a cidadanía. Non lle permite a unha familia facer os pagos a medidas das súas posibilidades.

Non vamos a consentir este abuso terémolos que facer comprender que hai que actuar con sentido de responsabilidade e axudar a quen che axudou.

O goberno saínte ante estas situacións sigue repetindo o mesmo mantra, que a economía vai ben , para tentar, a desesperada, que o seu discurso cale, gañar as eleccións e seguir a defender os interese destas elites corruptas que disfrutaron demasiado tempo dos beneficios das TARXETAS BLACK, capaces de cambiar postos de traballo por sexo.
https://ninundiamais.wordpress.com/

Nada menos que Rodrigo Rato un ex-ministro de economía que debería ter sido un exemplo, estaba “presuntamente” defraudando o seu pais en beneficio propio. Esta é a magnitude do abuso a esta familia, fronte a dilixencia con ex D.r de Bankia, Rodrigo Rato.