sábado, 18 de outubro de 2014


23 DE SETEMBRO 2014


ENTREGA DE ESCRITOS O XUIZ DECANO.

Acción conxunta en todo o Estado.

En Ourense tamén entregamos escritos no Decanato.
Organizamos pola mañá, ourense é así, e entregamos somentes 3 dous en nome de familias afectadas e un representando a plataforma.
O día 27 de setembro fixemos outra entrega con convocatoria os medios:

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/10/07_04.htm

 http://www.radioourense.com/noticias/provincia/4045-stop-desafiuzamentos-reclama-que-se-ponga-en-manos-de-los-jueces-la-jurisprudencia-de-la-ue

 http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/10/07/stop-desfiuzamentos-pide-hoy-juez/1107245.html


A cidadanía organizada xa demostrou en múltipes ocasións que SI SE PODE. A día de hoxe continuamos paralizando desafiuzamentos, entregamos a nada desprezable cantidade de millón e medio de firmas, realizamos campañas de presión a políticos ou realizado manifestacións multitudinarias en todo o estado. A pesar disto o goberno promulgou en solitario a Lei 1/2013 que resultou ser outro parche na Lei hipotecaria.
O pasado xullo o Tribunal de Xustiza da UE volveu denunciar que a lei segue deixando en inferioridade de condicións o hipotecado fronte ao banco e obriga a España a que cambie a Lei de Axuizamento Civil. Este é un novo episodio bochornoso do goberno, xa que volve ser un novo parche na Lei hipotecaria, que non soluciona o problema de emerxencia habitacional que vivimos.
Sabemos que este novo prazo imposto polo goberno é un paripé, eles sábeno, pero para nós é unha proba máis de organización colectiva.Hoxe martes 23 volveremos mostrar toda a intelixencia e a forza de La PAH, entregamos de forma masiva 2 documentos redactados pola comisión xurídica.
Escritos entregados esta mañá o Xuiz Decano de Ourense:
Duas solicitudes individuais (de 2 familias afectadas ) ao Xuíz decano que facilite aos xuíces encargados da execucións hipotecarias, as sentenzas do TJUE relacionadas e a convocatoria dunha Xunta de Xuíces, no que inclúa como punto de Orde do día a tratar, a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH.
Enlace ao escrito: http://bit.ly/1oV5upA
Unha solicitude a traves dun representante da platafroma aos Xulgados decanos para facilitar o labor jurisdicional do seu partido xudicial facilite aos xuíces encargados da execucións hipotecarias, as sentenzas do TJUE relacionadas e a convocatoria dunha Xunta de Xuíces, no que inclúa como punto de Orde do día a tratar, a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH.

Ningún comentario:

Publicar un comentario