domingo, 26 de outubro de 2014


COMUNICADO CONXUNTO DAS PAH-STOP GALEGAS PARA A ACCIÓN CONXUNTA CONVOCADA DIANTE DOS IGVS GALEGOS O 17-10-14.

Denunciamos a negativa do IGVS a desbloquear as 500 vivendas aprobadas para
familias e persoas vítimas de desafiuzamento.

Mañá, venres 17, ás 12:00hrs. acudiremos ás oficinas do Instituto Galego de
Vivenda e Solo para denunciar publicamente o abandono das súas
responsabilidades con respecto ás familias desafiuzadas na Galiza, así como
para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as
medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País.

Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros de STOP Desafiuzamentos
Compostela, STOP Desafiuzamentos Coruna , STOP Desafiuzamentos Lugo e STOP
Desafiuzamentos-Rede Apoio Mutuo de Ferrol Terra, acudirán ás sedes que o
IGVS ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción
reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na
Galiza.

E non é de estrañar que sexa precisamente o Instituto Galego de Vivenda e
Solo o que teña a vergoñenta honra de que todas vaiamos protestar á súa
porta, xa que precisamente está a ser a Xunta de Galicia a institución
pública máis cinicamente inoperativa de todas cantas teñen competencias en
materia de vivenda no noso País, e o IGVS a súa ferramenta fundamental para
vulnerar os máis elementais dereitos humanos.

Maio de 2012: A Xunta de Galiza publicita un decreto “para paliar os
efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas. A día de hoxe, non
sabemos de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto.

Decembro de 2012: o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un
Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no
Consello de Goberno do día 5. Non se sabe de ningunha familia ou persoa á
que se lle teña concedido unha destas vivendas. Saíu publicado na prensa
que se concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando,
nin a través de que procedemento.

Xaneiro de 2013: o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina,
comprométese con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia
vai quedar sen dereito a unha vivenda digna. Esta mesma mentira “vendeulla”
o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos Compostela apenas un mes máis tarde.

Adía de hoxe o IGVS non concedeu vivendas a ningunha das persoas que a
solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos

Abril de 2013: Feijoo vende fastuosamente a sinatura dun convenio entre
Xunta, Concellos e Poder Xudicial, disque para “adoptar medidas de carácter

Pero a realidade e moi distinta e segue sen cumplirse co mandato constitucional recollido no artigo 47 da C.E entre os dereitos fundamentais.
En Ourense unha muller vítima de violencia machista, en tratamento antidepresivo, con 3 fillas o seu cargo , unha delas con unha minusvalía psíquica dun 38% non dispón dunha vivenda estable a prezo razoable e ten que andar a buscar vivenda cada vez que a súa realidade económica muda.

Mentras os gobernos de Mariano Rajoi e de Nuñez Feijoo so atopan cartos para entregarllos os bancos e reteñen  vivenda na SAREB ( Banco Malo ) para que non caia o prezo, vivenda que ben podía cumprir unha función social, logo de ser rescatados os bancos con dilñeiro público, e podelas vender en moitos casos a fondos voitres ou con ofertas como a que fai pouco facía ABANCA " merca unha vivenda e a segunda sairache a metade de prezo" " merca dúas e a terceira regalamoscha.

No conxunto do estao hai 1.500.000 vivendas valeiras. Na Galiza 300.000 e en Ourense 22.000.

Pero non hai vivenda para esta muller.

¡ están a incumplir a constitución que din defender !


Título I. De los derechos y deberes fundamentales

Capítulo tercero. De los principios rectores de la política social y económica

Artículo 47
    Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario