martes, 30 de xuño de 2015



 XORNADA DE MOBILIZACIÓNS.
Facemos un chamamento a toda a sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA ".
¡ QUE  O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES !
12:00h DA MAÑÁ:
(procurade chegar un pouco antes).
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.


20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.


Ás 00:00 horas do próximo mércores 1 de xullo de 2015 entrarán en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.


Fano en nome da seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.


Nos últimos meses, a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de inconstitucionalidade.


Non obstante somos as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o verdadeiro poder de cambiar as cousas. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías posibles, só nos queda unha alternativa: a de
NON CONSENTIR , A DE NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.

Así, a falta de poucos días para a súa entrada en vigor, nos posicionamos desobedecendo activamente a estas leis inxustas e animámoste a sumarte, a difundir entre os teus círculos e redes, a mostrar o teu rexeitamento e a manifestar sen temor que estas leis tamén che afectan.

¡ Contigo é posible !.


Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22:
As caixas de aforros naceron dos montes de piedade para loitar contra a usura bancaria, fai case 2 séculos. A actitude de ABANCA con familias que teñen problemas para pagar os seus créditos semella outra vez a usura. Non podemos consentir que se trate deste xeito as familias que o longo da historia foron quen, coa súa confianza, crearon e fixeron medrar o que sería o sistema financeiro galego, recentemente privatizado dun xeito absolutamente indecente.

Debemos lembrar que esta entidade que no ano 2010 tiña activos valorados en 75.000 millóns € e considerábase o 5º poder económico do estado foi regalada 1000 € logo de inxectarlle 9.000 millóns € de diñeiro público, sen facer unha auditoría pública que explicara a cidadanía por que non era rendible cando este ano 15 deu 1.200 millón € de beneficio.

É indecente esta actitude, con familias en situacións económicas moi difíciles, por parte dunha entidade que nos foi roubada e a que tivemos que acudir, a un suposto rescate, con inxentes cantidade de diñeiro público.

Eles fan negocios con boa parte da cidanía galega, con moitas familias galegas que aínda non lle retiraron a súa confianza. Con esta concentración queremos lembrarlle que nos e as nosas familias, teñamos ou non débedas con ABANCA, somos os que decidiremos si confiamos ou non nesta nova entidade de crédito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario