sábado, 5 de setembro de 2015

Hoxe día 5 tivo lugar o encontro das PAH-STOP galegas;
Celebrouse como de costume no Bar as Marías en Compostela,comezando o mesmo ás 11 da mañá.

O motivo diste xuntanza e manter viva a rede galega, analizar a evolución da política de vivenda e o compromiso das diferentes formacións políticas coas demandas da PAH-STOP máxime cando entramos en período electoral.

Facemos un chamamento a cidadanía, ante os próximos comicios electorais, para que non se deixen enganar polos cantos de serea que ofrece o actual goberno da Xunta de Galicia e do Estado, pedímoslle que analice serenamente e afonde no coñecemento das propostas nestas e noutras materias e en que consiste realmente a suposta mellora económica.

Prometen vivenda social e convenios con entidades financeiras pero a realidade e que calquera que se acerque o I.G.V.S ( Instituto Galego de Vivenda e Solo) Poderá comprobar que a oferta de vivenda social e nula; incluso en casos de emerxencia, mulleres vítimas de violencia de xénero machista con fillos a cargo ou de familias desafiuzadas por impago de aluguer no teñen apoio institucional.

Xa que o dereito efectivo a unha vivenda digna dista moito de ser real, seguiremos atentos os abusos que se cometen dende entidades financeiras e dende institucións e coordinaremos accións conxuntas de cara a que se faga efectivo este dereito fundamental recollido no artigo 47 da C.E base fundamental para o desenrolo integro de calquera persoa.

Tamén pedimos ás institucións e á cidadanía que activen a súa solidariade ante o actual éxodo masivo de seres humanos que foxen de conflitos bélicos nos seus países buscando refuxio en Europa.Non debemos esquecer que no século pasado nos tivemos que facer o mesmo e fomos acollidos en outros países. Non debemos permanecer pasivos ante tanto sufrimento.


Xuntámonos representantes dos colectivos stop e da pah galegas das cidades do Ferrol, Coruña, Compostela, Lugo, Ourense e Vigo Baixo Miño Tui.

Expúxose a situación de cada colectivo, analizouse o novo escenario político municipal, o posicionamento ante os novos procesos electorais e abriuse unha liña de traballo cara a visibilización da problemática existente cara o cumprimento efectivo do dereito a vivenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario