xoves, 24 de setembro de 2015



Concentracións e manifestacións venres 25 e sabado 26 de setembro nas 7 maiores cidades galegas polo suicidio de Aríns.


Stop Desafiuzamentos Ourense  convoca as veciñas de Ourense a unha concentración o próximo sabado 26 diante ás 12 da mañá, Subdelegación do Goberno para amosar a súa solidariedade coa familia de Carlos Midón e coas compañeiras de Stop Desafiuzamentos Compostela. Tamén queremos amosar na rúa a nosa carraxe ante feitos coma este que deixan constancia da voracidade deste sistema e de tódolos seus cómplices.



O motivo de desta concentración é o recente suicidio, por causas económicas, do Compañeiro do Colectivo Stop-Desafiuzamentos Compostela, Carlos Midón, veciño da Parroquia de Aríns.

Mentres seguimos regalando o diñeiro dos nosos impostos para o rescate de Bancos, complices de tramas corruptas, familias enteiras sofren sin que a Xunta de Feijoo nin o Goberno Central de Mariano Rajoi , con corazóns de pedra, se ablanden e os axuden.

Na tarde do luns 21 de setembro cumpríndose un ano do desafiuzamento de Aríns, o afectado por aquel despexo, Carlos Midón, quitouse a vida.
Stop Desahucios Ourense lamenta profundamente que a voracidade duns poucos, a súa guerra económica contra as persoas de abaixo (non é unha crise) e as nefastas condicións psicolóxicas e de vida ás que estamos sometidas a maioría social siga a levarse vidas por diante.

Mentres o desemprego, a miseria, os desafiuzamentos...existan, haberá mortes. 
 
¡ Os reponsabeis teñen nome propio !

Lembramos que a Constitución Española reza:Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais. Artigo 47. 

Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes público.

Seguiremos loitando ata que este dereito se faga efectivo en memoria de Carlos e de todas as persoas que se quitaron a vida, fartos e impotentes, a espera de axuda; Mentres os que firman protocolos en vésperas de campañas electorais os deixan de lado nos momentos máis difíciles das súas vidas. 
 
O pobo saberá sinalar os responsábeis diste xenocidio financeiro. 
 
Todo o noso apoio á familia e amizades e especialmente á María e ós seus fillos.
    
                                 ¡ Non son suicidios son asasinatos !






Ningún comentario:

Publicar un comentario