Dominngo día de descanso" !
Os colectivos PAH e STOP-DESAFIUZAMENTOS galegos tivemos un encontro moi positivo hoxe en Compostela. Analizamos o estado dos colectivos nas cidades e vilas galegas e chegamos a acordos de mellora de coordinación e unidade de acción. Desgraciadamente o dereito efectivo a unha vIvenda digna está lonxe de acadarse mentres esta necesidade sexa real par moitas persoas e familias esta loita non rematará.
Tamén acordamos seguir a defender as 5 demandas básicas da PAH:
-DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA para debedores de boa fe.
-ALUGUER ALCANZABLE mobilización vivenda baleira.
-STOP-DESAFIUZAMENTOS.
-VIVENDA SOCIAL...parque público de vivenda.
-SUMINISTROS GARANTIDOS.
Este domingo 28 de Agosto de 2016, as PAHs e STOPs da Galiza, xuntan-se en Santiago de Compostela, na coordinación galega, para reorganizar o movemento polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, e compartillar información, loitas... actualizar as ferramentas de coordinación e valorizar o traballo feito. Debater se recuperamos propostas lexislativas e se participamos na Eleccións Galegas coas 5 das PAH, como así fixeramos nas Eleccións Xerais do 20 de Decembro do pasado ano 2015.
Día: Domingo 28 de Agosto de 2016.
Hora: 11:30hs.
Hora: 11:30hs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario