domingo, 30 de abril de 2017




COMUNIACADO !

O PRESUNTO ESTAFADOR ANTONIO ARROYO ARROYO DONO DE IRSÁN HIPOTECAS S.L.  DESAFIUZARÁ A UNHA FAMILIA O PRÓXIMO 8 DE MAIO.

Arroyo e Trama Punica.

http://cadenaser.com/emisora/2015/08/08/radio_madrid/1439061104_132981.html


http://www.elmundo.es/cronica/2014/12/28/549dc2b722601d87088b4576.html

Agradeces compartir esta información para crear a alerta social e precaución necesarias para evitar iste tipo de supostas estafas, executadas por prestamistas USUREIROS sen escrúpulos.

O día 28 de abril contacta con Stop-desafiuzamentos Ourense unha compañeira da PAH de Madrid alertándonos do inminente despexo dunha familia para o día 8 de maio.

Tratase dunha familia con dúas crianzas, unha delas menor de idade. Manteremos o anonimato desta familia por desexo expreso da mesma.

No ano 1998 concedenlle unha V.P.O (Vivenda Protección Oficial) e solicita un crédito hipotecario a ABANCA, daquela Caixa de Aforros, que na actualidade teñen casi pagado.

Teñen un pequeno negocio e en febreiro de 2008 vense obrigados a pedir un crédito e acuden a un pretamista Solicitandolle 30.000€. O prestamista entregalles 6000€ en efectivo e acordan que o resto serian ingresados nunha conta do Banco Popular. Finalmente solamente fixo entrega en dous ingresos de 3000€, recibindo do prestamista solamente de 12.000€. A realidade foi que, enganado, ANTE NOTARIO asinou que recibía 60.000€ que tería que devolver 6 mesesmáis tarde en agosto dese mesmo ano con uns intereses anuais do 29%.

Non sabía esta familia, veciños de Ourense, que ise prestamista é, según varios medios de comunicación, o maior ESTAFADOR do Estado Español ANTONIO ARROYO ARROYO dono de IRISÁN HIPOTECAS S.L. O prestamo, según aprece en escitura, asinase en presencia do Notario RICARDO FERRER GIMENEZ, supostamente compinchado e parte desta trama de estafa hipotecaria.

Debemos lembrar que os notarios están obrigados a advertir minuciosamente dos risco, que van a asumir, ás familias acreedoras. Parece evivente que niguén asumiría o risco antes mencionado, con coñecemento do mesmo, esto levanos a pensar que é imprescindible a colaboración do notario para executar esta suposta estafa.

A presunta trama de estafa hipotecaria de IRISÁN HIPOTECAS S.L actúa sempre cos mesmo notarios. Según nos informa un avogado colaborador de STOP-ESTAFADORES os notarios desta presunta trama non obtiveron a praza por oposición, son corredores de comercio e de outras profesións similares que no seu momento por ley foron asimilados a notarios.

Como dicíamos o notario RICARDO FERRER GIMENEZ presencia, o 5 de febreiro de 2008, supostamente sin advertir do evidente risco e abuso, o compromiso desta familia, na firma dunha hipoteca cambiaria, a devolver en 6 meses 60.000€ mediante pago de tres letras que vencen 6 meses máis tarde: unha o 2 de agosto de 2008 por importe de 10.000€, outra con vencemento o 3 de agosto de 2008 por importe de 48.000€, e outra con vencemento o 4 de agosto por importe de 2000€. Quedando comprometida esta familia, asi mesmo, ante iste Notario, no caso de non cumplir cos pagos nos parzos acordados a pagar uns intereses de demora, ABUSIVOS sin dúbida, dun 29% anual.


O 27 de xaneiro de 2009 os avogados de IRSÁN HIPOTECAS S.L presentan demanda por impago do prestamo.

Sin tempo de reacción por descoñecemento e falta de infomración e tendo en conta que se trata dun título executivo, esta familia non presenta oposición. Hai que aclarar que o procedemento de execución hipotecaria pode continuarse sin que o acreedor teña asignado avogado.

É fundamental lembrar tamén que no anos 2009 non se podía presentar oposición a execución hipotecaria pois non estaba prevista na lexislación Española. Producindose así unha vulneración do dereito a tutela xudicial efectiva prevista no articulo 24.1 da Constitución Española. Foi o TEXUE na Setenza Mohamed Aziz do ano 2013 o que corrixe a lexislación española nesta materia abrindose dende esta data un prazo, totalmente insuficiente, dun mes, para presentar oposición. No caso desta familia si tivera existido esta posibilidade non estaría na situación actual, a punto de perder a viveda familiar e ter que entregarlla a un presunto estafador sobradamente coñecido.

Estas son as circunstancias que propicia a lexislación Española, óptimas para a proliferación de prestamistas usureiros e facilitadora dun sistema financeiro tamén usureiro. O partido Popular parece non importarlle e sigue sen escoitar as demandas da PAH e STOP-DESAFIUZAMENTOS reforzadas agora por 8 sentenzas do TXUE que fan imprescindible mudar a lexislación Española en materia Hipotecaria.

Na demanda mencionada IRSÁN HIPOTECAS S.L reclamalle esta familia:
58.000€ de principal.
8.164€ de intereses moratorios vencidos.
17.400€ de intereses de demora (pendentes de liquidación).

TOTAL RECLAMADO 83.564€ cando a realidade e que solo dispuxeron de 12.000€.

O valor de tasación a efectos de subastas é de 150.000€ co cal poden adxudicarse a vivenda polo 60% do valor desta tasación por non ser favorable os acredores. Terían que adxudicarsa polo 70% si a liquidación no fose favorable a familia.

Tamén é imprescindible lembrar que foi a loita dada nistes 8 anos a que obrigou a adxudicar polo 70% ou o 60% según os casos. Antes do 2013 adxudicavanse as vivendas polo 50% deixando as familias que, como dixemos antes, tampouco podían presentar oposición o proceso de execución hipotecaria sin as súas vivendas e con unha débedas impagables.

No caso desta familia, según os nosos calculos, IRSÁN HIPOTECAS S.L debería adxudicarse a vivenda polo 60%. Con esta cantidade quedaría cuberta a débeda pero o estafador quedaríase con unha vivenda de protección oficial por 12.000€ que foi a única cantidade que en realidade lles entregou.

O día 8 de maio serán despexados desta vivenda que xa é propiedade do que multitude de medios de comunicación califican como o maior ESTAFADOR USUREIRO do Estado Español.

No ano 2012 o Xulgado de Primeira Instancia Nº1 de Toledo sobreseía e archivaba unha demanda por estafa presentada po esta familia contra Antonio Arroyo Arroyo e IRSÁN HIPOTECAS S.L.
Niste ano 2017 outro avogado de Stop-Estafadores volve a presentar outra demanda por estafa nun xulgado en Madrid que non foi admitida por estar xulgada e por prescripción da mesma.

Hai que observar, según nos consta, que non foi do agrado da maxistrada non poder admitir a demanda. Máis nos tempos que corren, onde a corrupción política EVIDENTEMENTE ENDÉMICA podenos levar a desconfianza absoluta do sistema xudicial.

A única posibilidade para restituir a vivenda usurpada por iste presunto estafador é unha demanda xudicial en base a lei AZCÁRATE unha ley do seculo XIX contra a USURA que consta de 16 articulos en vigor dende o 13 de agosto de 1908 e con revisión vixente de xaneiro de 2001.

Presentaremos escritos solicitando no Xulgado de primaira Instancia e Instrución nº4 de Ourense a suspensión do despexo previsto para o próximo 8 de maio a espera de alternativa habitacional que deben proporcionar as administracións públicas. Solicitaremos vivenda social nestas administracións, Concello e Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Nun principio denunciamos diste xeito a situación que está avivir esta familia por culpa diste presunto usureiro a espera do acordo adoptado polo citado xulgado.

O colectivo Stop-deafiuzamentos Ourense e a PAH co aval que aportan as 8 sentenzas do TXUE (Tribunal de Xustiza Europeo) contra a Lexislación Española en materia hipotecaria, e da Comisión Europea que recentemente denunciaba ante TEXUE a varios paises, ente outros a España “ por non incorporar plenamente a normativa Europea en materia de créditos hipotecarios”.

Logo de 8 anos de loita polo dereito a unha vivenda digna Reclamamos a urxente reforma lexislativa que adapte a nosa normativa á Europea en materia de protección o cosumidor e unha lei de posta a cero que permita a a moitas familias que foron desafiuzadas en base a unha normamativa abusiva e inconstitucional para que poidan retomar as súas vidas sen débedas e recuperar as súas vivendas nos casos que proceda. Tamén esisiximos o cumplimento das 5 da PAH: Dación en Pago Retroactiva, Aluguer alcanzable, Stop-desafiuzamentos, Vivenda Social, Suministros garantidos.

Pola contra o Goberno de Mariano Rajoy, lider do Partido Popular, parece estar máis ocupado en controlar e corromper o sistema xudicial para SALVAR a Moitos dos seus AMIGOS CORRUPTOS que en lexislar para protexer os cidadás diste e outros USUREIROS.

Nunca foi recomendable que o zorro coidase das galiñas !

Ningún comentario:

Publicar un comentario