Resposta o Comunicado do Partido Popular sobre o posicionamento do
colectivo cidadá Stop-desafiuzamentos Ourense sobre o modelo de estación
intermodal e a charla informativa que dará o COAG (Colexio de
Arquitectos de Galicia) mañá xoves 29 de xuño ás 20:30 na entrada da Ponte Romana.
1°) Somos vaciñas de Ourense e como tales temos dereito a informarnos e posicionarnos.
2°) por si a nosa opinión profana nos levara a un posicionamento
incorrecto, Parécenos argumento suficintemente prudente, e valida a
posición, que compartimos, do COAG.
3°) Non comprendemos a
estratexia de amedrentamento, propia de posicións pouco democráticas,
tachando o noso colectivo de '"expertos en avivar manifestacións", que
insinúan cando un colectivo cidadá amosa publicamente o seu desacordo, e
apoia xunto a outros colectivos ( que non se citan na súa nota) unha
charla informativa contraria a un proxecto que debería ser consensuado.
4°) A opinión diste colectivo é que obras desta magnitude, durabilidade
secular e con presupostos tan elevados deberían ser consensuadas e
validadas pola cidadanía nun pleno aberto logo de ser debidamente
informadas.
5°) A mención específica que fai o Partido popular
diste colectivo solo se explica cando se confunde a democracia con
destruír todo aquelo que sexa contrario o seu posicionamento. Xa non nos
sorprende pois xa dixeron da PAH no seu momento que eramos
terroristas. Non todo é malo en nos, somos xente honrada.
6º)
Cando menciona escuros intereses e misteriosa convocatoria de
determinados colectivos antes de citar a Stop-desafiuzamentos.
Non se entende que escuros intereses pode ter este colectivo cando
comparte a posición do Colexio de Arquitectos de Galicia e o único que
pretende e que as veciñas da cidade coñezan outras opcións e opinen.
Parece que as que non quedan claras son as intencións desta formación
política o amosar tanta hostilidade con quen ten puntos de vista
diferentes e os fai públicos.
Resulta que nun sistema
democrático según o partido popular parécelle normal tachar de
misteriosa unha convocatoria feita nun lugar público e dada a coñecer
publicamente nas rúas da cidade. O verdadeiramente misterioso son os
posibles intereses particulares que poida haber agochados neste
proxecto.
7º) Xeraliza dicindo por que non tomamos
posicionamento nas estacións de Vigo, Coruña etc. Moi sinxelo porque
somos veciñas de Ourense e nesta ocasión opinamos sobre o que nos afecta
como veciñas e confiamos en que as veciñas destas cidades farán o
propio nas mesmas.
8º) Pedímoslle o partido popular que
escoite, reflexione e que teña en conta que unha obra desta magnitude
non debe ser unha obra dunha formación política debe ser unha obra
consensuada e validada polo conxunto da cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario