DESAFIUZAN A UNHA FAMILIA O MARTES DÍA 12 ÁS 10:00 DA MAÑÁ !!
O 5 de decembro pídenos
axuda unha familia e, na reunión que concertamos, infórmanos que
vai ser desafiuzada o día 12 de decembro ás 10:00 da mañá da súa
vivenda habitual no Pereiro de Aguiar.
Logo de estudar o caso
superficialmente, estamos na ponte da Constitución e non dispomos de
marxe suficiente para afondar no coñecemento da situación.
Basicamente trátase dunha familia que asina un contrato de préstamo
hipotecario no ano 2005 con Banco de Galicia logo absorbido polo
Banco Popular que actualmente pertence o Santander. Esta familia
paga as costas puntualmente ata o ano2014 momento no que atravesan
unha mala situación económica que dificulta os pagos e o banco
comeza o proceso de execución hipotecaria.
O venres día 7
presentamos un escrito no Xulgado de Instrución Nº5 facendo uso do
dereito recollido no articulo 704 da Lei de Enxuizamento Civil
pedindo un aprazamento do despexo por 2 meses en base os seguintes
argumentos:
1º) -Forma parte da
unidade familiar que habita a vivenda unha anciá de 82 anos con unha
dependencia grave oficialmente recoñecida dende 2008.
2º) -En decembro en
pleno inverno e en véspera da Natividade resulta inhuman plantexar
unha saída da vivenda nestes momentos. Non dispondo de ningún sitio
a onde ir na véspera da data de lanzamento, tendo que buscar
alternativa habitacional e facer a mudanza.
3º) -Ante a recente
mellora económica precisase unha marxe de tempo par tentar alcanzar
un acordo co banco para facer fronte o pago do total da débeda ou no
seu caso un aluguer.
4º) -Dado que o avogado
que levou o caso se retirou antes de rematar o procedemento pode
haber un mal asesoramento xurídico e unha posible indefensión desta
familia.
Dado a pouca marxe de
tempo da que dispomos na presentación do escrito solicitamos unha
reunión formal co secretario do Xulgado de Instrución Nº5 para o
luns día 11 ás 9:30 da mañá par falar persoalmente con il e
concretar si nos vai a conceder o aplazamento.
Si nos concede o
aplazamento ábrese unha marxe para negociar co banco, de non
concedelo o escenario sería de EMERXENCIA TOTAL. O día 31 de
novembro xa foron a tomar posesión da vivenda coa comitiva xudicial,
como non había neguen deixaron un escrito dicindo que o día 12
procederían o despexo acompañados da forza pública.
Stop-Desafiuzamentos Ourense ten un protocolo de actuación para que
neguen saia perxudicado e transcorra todo con normalidade.
PEDÍMOSVOS QUE
PERMANEZADES ATENTOS o facebook e o twiter de Stop-Desafiuzamentos
Ourense. Mañá luns 11, o largo da tarde noite informaremos si é
preciso que suba xente a dar apoio esta familia.
Por ultimo dicir que a
nosa razón de ser é que ningunha familia seña desafiuzada en
silencio sin que neguen o saiba. Un sistema financeiro en gran
medida rescatado con diñeiro do fondo de pensións, recortes en
sanidade, educación, dependencia e outros servizos públicos debe
entender que a sociedade non vai a permitir estes abusos. Máxime
cando se trata dunha familia que quer chegar a un acordo para saldar
a débeda.
Na Película de Eduard
Cortés “Cerca de tu Casa” un dos protagonistas fai este
comentario:
- “Que queres mercedes...que nos quiten o traballo a casa a dignidade a familia, todo...sen que ninguén o saiba”
Ningún comentario:
Publicar un comentario