Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre
deste ano Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre do ano 2017.
Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de dedembro do 2017 , no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados
5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos
desafiuzamentos en todo o estado. Seguen baixando os derivados de
execución hipotecaria, froito da “tregua” que mantén os
procedementos paralizados nos, xulgados á espera de senllas
resolucións do TXUE sobre as cláusulas de vencimento anticipado e
de intereses de demora. Continúa o ascenso imparable dos
desafiuzamentos como consecuencia de falta de pagamento do aluguer
que aumentan un 4,2%, como consecuencia da indefensión que sofren os
inquilinos como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que
están a xerar nos prezos do aluguer o cambio a usos turísticos de
vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos
salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna.
Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de
manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das
recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos,
Sociais e Culturais da ONU do pasado mes de xuño, no que se
establecía un prazo de 6 meses para establecer unha serie de
modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno
parece estar a ignorar ata o momento. Desde a PAH consideramos que, o
Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só
será posible mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de
Vivenda da PAH, que esperamos rexistrar no Congreso o próximo 10 de
xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria ata a súa
aprobación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario