UCI. MOVE FICHA !!!
Unidade de Crédito Inmobiliario pantalla crediticia dos Bancos Santander-Paribas.
A mediadora de UCI propuxo onte 9 agosto a posibilidade de aceptar a dación en pago, logo de que presentáramos demanda o 15 de xullo do 2017 contra UCI e de que se celebrara vista o 28 de maio do presente 18.
Será esta familia quen decida si acepta ou non a dación en pago. Sempre condicionada a que os gastos da mesma os asuma o banco parece un abuso pola nosa parte pero veredes que non.
O tema e que UCI entre moitas outras barbaridades e CLÁUSULAS ABUSIVAS nas que baseamos a demanda case 30.000€ de gastos de constitución de hipoteca etc etc... ademais tasou a vivenda a efectos de subasta en 510.720€ si restamos o prestado 266.000€ quedan 244.720€ de sobre-tasación. Quén se beneficiaria disto ?????
o prestamos foi de 266.000 dos cales 216.000 foron destinados a casa o resto a gastos de constitución de hipoteca e outros varios. Esta familia mentres puido pagou ata entregarlle o banco case 120.000€, prácticamente todo en intereses.
Dado que a liquidación e favorable a familia o banco non pode quedarse a casa nacsubasta por menos do 60% do valor de tasación a efectos de subasta 510.720€ (si a liquidación fora contra a familia sería o 70%) isto quer dicir que o banco non se pode asignar a casa por menos de 306.432€, 60% da tasación efectos de subasta, si a esta cantidade lle restamos a cantidade que o banco lle reclama a familia 237.975€ quédanos un saldo favorable a familia de 68.457€, por ser a cantidade debida e reclamada polo banco inferior a cantidade pola que pode asignarse o banco a casa (ISTO LOITÁMOLO NA RÚA TAMÉN antes quedavansa polo 50% e non podías nin facer o posición, ata o ano 2013).
Será a familia a que decida en función da vontade que manteña UCI.
En Xulio de 2016 acudían a stop-desafiuzamentos Ourense unha familia que comprenderan que non podían seguir facendo fronte o pagos das cotas hipotecarias do crédito hipotecario que asinaran no ano 2008 para mercar unha casa.
Intentamos negociar, a proposta desta familia, con UCI unha dación en pago pero non aceptaron. Neste momento coñecemos a José María Erauskin que estaba levando 2 casos de IRPH de Compañeiras de Stop-Desafiuzamentos Ferrol. Dado que o banco non aceptaba unha negociación decidimos presentar unha demanda contra UCI por cláusulas abusivas. A vista celebrouse o luns día 28 de maio deiste ano no xulgado de primeira instancia do Mercantil nº4 de Ourense.
De non ser polo altruísmo de Josema Erauskin nin a familia nin o colectivo dispuña de recursos para presentar esta demanda coa minuta que se podía presumir nun caso así.
José María Erauskin xunto con Maite Ortiz a súa compañeira de despacho (RES abogados) e colaboradores de Stop-Desafiuzamentos Guipuzcoa percorren todo o estado axudando, altruistamente, a familias que acoden os colectivos anti-desafiuzamentos e que non pode asumir os costes dunha demanda destas características.
Sinceiras Grazas compañeiras !!!
A loita e a resistencia dan os seus foitos, seguimos !!
Por certo iste caso pasou por algún outro despacho de avogados da cidade e dixéronlle que non pagara, pero nin calcularon a liquidación e xa non che digo de falar de demandas !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario