sábado, 15 de xuño de 2019




O Goberno segue mirar cara outro lado mentres os desafiuzamentos por aluguer seguen subindo
Os datos do primeiro trimestre de 2019, presentados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, reafirman a alarma social que levamos tempo denunciando.



CONXUNTO DE DISTRITOS DE GALIZA

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2016:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 766
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.544
➤ Outros: 74
➤ Total Lanzamentos practicados: 2.384
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2017:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 757
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.639
➤ Outros: 97
➤ Total Lanzamentos practicados: 2.493
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2018:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 410
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.245
➤ Outros: 54
➤ Total Lanzamentos practicados: 1.709


As cifras son aterradoras e no primeiro trimestre de 2019 levamos xa 15.559 desafiuzamentos. O 65,9 % (10.224) son xa derivados pola crecente burbulla especulativa cos prezos do aluguer, iso que non contemplan os desafiuzamentos silenciosos, os provocados por non renovación ao non poder afrontar as subidas inasumibles, o 27,9 % (4.341) derivouse de execucións hipotecarias e os 994 restantes obedeceron a outras causas.


Aínda que nun principio estariamos a falar dun descenso do 2’2% respecto ao primeiro trimestre de 2018, cabe destacar que, en comparación co mesmo período, os desafiuzamentos por aluguer aumentaron un 5,2%. O descenso vén provocado pola caída das execucións hipotecarias por décimo quinto trimestre consecutivo. Comparando as cifras coas do primeiro trimestre do ano pasado, produciuse un descenso do 19,2%.


Lembramos que non son cifras alentadoras, todo o contrario, xa que se producen grazas á moratoria e á espera da sentenza sobre o Vencemento Anticipado, que teñen arquivados e paralizados os desafiuzamentos por hipoteca. Unha moratoria que termina en maio do 2020, que afecta a máis de 100 mil familias e que como non se amplíe e empécense a poñer solucións, – como a aplicación do Ditame DESC, unha modificación da LCI do Vencemento Anticipado e da Responsabilidade Limitada, unha reforma da LAU que contemple a regulación dos prezos do aluguer, eliminar os beneficios fiscais ás SOCIMIS e fondos voitre e frear a venda a estes especuladores da vivenda en mans da banca mobilizándoa para ampliar o parque público de vivenda – nun ano estas cifras pasarán a ser terroríficas.


Se desagregamos os datos por comunidades autónomas, Cataluña (con 3.557, un 22,9 % do total nacional) segue liderando a clasificación da vergoña, seguida de Andalucía (2.499), Comunidade Valenciana (2.119) e Madrid (1.730).
Se se teñen en conta unicamente os derivados da falta de pagamento do aluguer, Cataluña ocupa tamén a primeira posición (2.335, o 22,8 %), seguida por Andalucía (1.422), Madrid (1.365) e Comunidade Valenciana (1.254).


Nos derivados de execucións hipotecarias Murcia – a única na que seguen producíndose máis desafiuzamentos por hipoteca que por aluguer -, foi a quinta comunidade con maior número de execucións hipotecarias iniciadas neses tres meses (291), tras Cataluña (1.092, o 21,4 % do total nacional), Andalucía (1.065), a Comunidade Valenciana (706) e Madrid (415).


Desde a PAH, levamos 10 anos denunciando as políticas ao servizo da especulación e a falta de vontade política dos distintos gobernos que se foron sucedendo para reverter a situación, lexislar ao servizo das familias, en lugar de deixalas na rúa. As nosas propostas son claras, de xustiza e de sentido común e non imos a desfallecer ata lograr unha lexislación que garanta o dereito á vivenda para todas e que este deixe de ser tratado como unha mercadoría ao servizo dunha poucas.


Agora estamos nun novo momento de cambio de Goberno ao que esiximos a altura política para cambiar as regras do xogo e non quedar en medidas insuficientes de pura maquillaxe como nos ten afeitas.


Pasou o tempo de medias tintas, ou se aposta pola cidadanía cun Plan de Choque fronte á emerxencia habitacional ou se está co mercado especulativo.

# StopDesahucios

https://afectadosporlahipoteca.com/2019/06/10/el-gobierno-sigue-mirando-hacia-otro-lado-mientras-los-desahucios-por-alquiler-siguen-subiendo/

Ningún comentario:

Publicar un comentario