mércores, 3 de xullo de 2019


HOXE TEMOS ALGO QUE CELEBRAR e comprtir, pois avanza en dereitos para todas.
O XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA Nº1 DE OURENSE ACEPTA A OPOSICIÓN O PROCEDEMENTO DE EXECUCIÓN, POR CLÁUSULA DE VENCEMENTO ANTICIPADO CONSIDERADA ABUSIVA POLO TEXUE.

Gracias a José María Erauskin e a Maite Ortiz de avogados RES. Colaboradores de Stop-Guipuzcoa.
Fai un par de meses pediunos axuda unha muller con unha filla de 12 anos a seu cargo estaba na fase final dun proceso de execución hipotecaria neste momento xa na fase de subasta. O caso levouse no turno de oficio, xustiza gratuíta, a estratexia do avogado de oficio non foi desatinada presentou oposición por Cláusula Chan e por Intereses de demora abusivos. O noso xeito de ver neste momento deberíase obrigar a entidade a negociar en base o Real Decreto 6/12 o "código de boas paracticas" para conseguir algunha das circunstancias previstas neste código, como pode ser un período de carencia a euribor +0,25 durante 5 anos, isto daba a oportunidade reducir moitísimo a cota por exemplo a 50€, sin posterior prorrateo.

Lembrar que ABANCA a entidade que lle concedeu o crédito estaba obrigada a por en coñecemento desta muller a opción de acollerse o raeal Decreto 6/12 "código de boas prácticas" o cal se sumou ABANCA, as entidades sumáronse para dar boa aparencia social, pero logo escóndeche os teus dereitos para espremerche ben a vida e facer negocio, nada menos que unha entidade que foi rescatada con diñeiro público e que agora está repartindo beneficios entre os seus propietarios privados. Pero non estaba quebrada ?

Recentemente o despacho de Avogados Res, Maite ortiz e Joemaría Erauskim denunciaron o banco Santander por non non informar de oficio sobre esta opción a unha señora da Coruña. Cosecuencia,afortunadamente, o Banco de España soltoulle unha bronca o Santander de 15 foleos, isto agora sírvenos de argumento, a todas, para ir os xulgados no caso de non ser informados non momento que travesas dificultades económicas.

Como vedes nada disto sería posible (non é adulación) sin o altruísmo de Josemaría Erauskin e Maite Ortiz que nos levan iste caso gratis así como outros dous casos dos que xa vos falaremos. Nos coñecemos o camiño, cada vez mellor en boa parte grazas eles, pero non poderíamos opoñernos sin avogados que compartan as teses dos colectivos stop-desafiuzentos. No turno de oficio podes topar avogados con mellor ou peor coñecemento do dereito hipotecario, en mutación constante pola loita que estamos dando nos xulgados, "CASO A CASO SEÑOR DECANO" , pero non todos están dispostos a chegar a onde chega Josema e Maite.

Consecuencias para a nosa compañeira: Suspendese o procedementos de execución, Suspendese a Subasta, dáselle un período de alegacións a ABANCA de 10 días, creo que se lles debeu quedar a cara cadrada. Logo das alegacións iremos a unha vista onde se escoescoitará as 2 partes.
Abanca pretende rescindir o contrato en base a cláusula de rescisión anticipada cláusula declarada a abusiva polo TEXUE. Polo tanto conforme recoñeceu constitucional nun recurso de amparo por cláusulas abusivas o xuíz debería revisar de oficio esa cláusula isto é o que non estamos reclamando nesta oposición.

Si o Xulgado de Primeira Instancia nº1 vistas as alegacións de ABANCA e escoitadas as dúas partes nos da a razón. O procedemento quedaría archivado e retrotraeriámolo o incio do primeiro impago e debería ofertarlle as opcións do Real Decreto 6/12 para que esta muller e a súa filla non perdan a vivenda.

Si todo sae ben isto pode sentar xurisprudencia en toda a provincia.

Asegúrovos que isto non pasa todos os días.

Xente como Josema e Maite abren dereito pra todas nos !!!

Sinceiras Grazas, un honor tervos entre as nosas amizades !!

Tómese nota do empoderamento práctico do pobo para deseñar estratexias políticas.

SEGUIMOS !!!!
Agora estamos en silecio, nos xulgados, desto non falan os medios !!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario