domingo, 21 de novembro de 2021

 Presentamos alegacións ao anteproxecto de Lei Vivenda do Goberno 


En este momento estás viendo Presentamos alegaciones al anteproyecto de Ley Vivienda del Gobierno
 
 
As organizacións que integramos a plataforma Iniciativa Lei Vivenda, presentamos alegacións ao anteproxecto de lei polo Dereito á Vivenda pactado polos socios de goberno e aprobado polo Consello de Ministros. Estas alegacións baséanse en:
 

O anteproxecto segue vulnerando o Pacto Internacional polos Dereitos Económicos, Sociais e Non recoñece como dereito subxectivo o Dereito á Vivenda. 

  Non prohibe os desafiuzamentos de persoas vulnerables sen alternativa habitacional, nin “en aberto”, nin obriga a grandes propietarrios a ofrecer alugueiro social previo a un desafiuzamento.

 Establece o límite de “gran tenedor” en propietarios de 10 ou máis vivendas, o que impedirá á maioría de inquilinos ver rebaixadas as súas rendas.

 Libra aos propietarios que sexan persoas físicas, das obrigacións de rebaixar, aínda que sexan grandes tenedores. 

O Goberno renuncia á súa obrigación de establecer uns mínimos comúns ao conxunto do Estado, trasladando ao criterio das CCAA tanto a declaración de zonas tensionadas, como a posibilidade de recargas no IBI (carga insignificante e discriminatoria) onde ademais, terán que decidir os concellos. Xa as CCAA autónomas gobernadas polo PP: Galicia, Castela León, Madrid, Andalucía e Murcia declaráronse insumisas a esta lei, co que ao redor de 20 de persoas veranse privados das escasas vantaxes desta lei, aumentando a discriminación en razón do territorio de residencia.

 Non establece ningún réxime sancionador específico para incumprimentos. 

Renuncia á utilización como Parque Público Temporal dos 3,4 millóns de casas desocupadas (datos INE). 

Tampouco da SAREB. Renuncia igualmente a iniciar a recuperación de ao redor de 65.000 millóns de euros públicos gastados na recuperación da banca na crise anterior, que podería dotar dun importante número de vivendas o inexistente parque actual. 

 Non garante o acceso ás subministracións básicas en situacións vulnerabilidade Non adopta medidas de choque para combater o sinhogarismo

En definitiva: NON GARANTE O ACCESO A UNHA VIVENDA DIGNA E ADECUADA.

 As organizacións que integramos a Iniciativa Lei Vivenda, queremos lembrar que o pasado día 30 de Setembro, e avalados por 9 formacións parlamentarias, entre elas Unidas Podemos, rexistramos a proposición de Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada, que si garante o exercicio deste Dereito Fundamental, e reclamamos de todos esas formacións que utilicen ese texto que avalaron coas súas firmas para emendar o insuficiente texto do Goberno no próximo trámite parlamentario. 

 Desde a PAH, témolo claro, necesitamos un Lei que garanta o drecho á vivenda que deixe atrás os desafiuzamentos e qu epoña os cimentos para que non sexa vulnerado este dereito.

 

    Fonte P.A.H

 

 https://afectadosporlahipoteca.com/2021/11/18/presentamos-alegaciones-al-anteproyecto-de-ley-vivienda-del-gobierno/

 


  VALORACION POR AVOGADOS RES DO RECENTE AUTO C-665/20 DO TJUE Á vista do Auto C-665/20, do 17 de novembro de 2021, posto en relación co seu anterior STJUE C-125/18 e as Conclusións do Avogado Xeral do 10 de setembro de 2019, queremos realizar a seguinte valoración  

 

https://abogadosres.com/valoracion-por-abogados-res-del-reciente-auto-c-665-20-del-tjue/ 


 
 
 
 
 
 
JOSE MARI ERAUSKIN «Boas noticias desde o TJUE».
Co auto de 17 de novembro, a Sentenza do 3 de marzo de 2020 e as conclusións do Avogado Xeral do 10 de setembro de 2019, temos as ferramentas suficientes para que o índice IRPH declárese abusivo na maioría dos preitos.
 
 
DEFINITIVAMENTE HEMOS GANADO :
 

A falta de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesíbel impide a loita contra a pobreza en Galicia #EmerxenciaVivenda


 


Se a exclusión residencial afectaba antes da pandemia ao 35% da poboación galega, na actualidade o elevado gasto en vivenda está a obrigar a moitas familias e persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social.ç

 http://eapn-galicia.com/a-falta-de-acceso-a-unha-vivenda-digna-adecuada-e-accesible-impide-a-loita-contra-a-pobreza-en-galicia-emergenciavivienda/

 

Coa campaña #EmerxenciaVivenda as organizacións membro de EAPN pretenden visibilizar a gravidade da situación e reclamar o aumento drástico e urxente dos raquíticos orzamentos adicados ao acceso á vivenda na Xunta e na maioría dos concellos galegos e a súa coordinación coas entidades do Terceiro Sector.

As redes EAPN de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en toda España e as súas máis de catro mil entidades membro veñen de lanzar a Campaña #EmerxenciaVivienda: Polo dereito a unha vivenda digna, adecuada e accesíbel, para chamar a atención sobre a emerxencia residencial e habitacional na que viven máis de 11 millóns de persoas en España. Unha problemática á que apenas se lle ten dado resposta nos últimos anos dende as administracións públicas.

A gravidade da situación é especialmente preocupante en Galicia. En palabras da presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, na Comisión de Reactivación Económica e Social: “A vivenda é o primeiro! Non hai día en que nas nosas organizacións non escoiten este berro. Por iso síntome obrigada a recoñecer a nosa frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas. É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesíbel”.

Antes da pandemia, Galicia xa era a comunidade autónoma en peor situación, cun 35% da súa poboación, case un millón de persoas, afectada por algún indicador de exclusión na vivenda, fronte a un 23,7% estatal (infravivenda, deficiencias graves na construción, insalubridade, amontoamento, tenencia da vivenda en precario, contorna degradada, fogares con barreiras arquitectónicas ou desproporción de gastos en vivenda fronte a ingresos), unha porcentaxe que se eleva ao 66% na poboación en exclusión severa.

A pandemia da COVID-19 e o aumento dos gastos derivados do acceso á vivenda están a agravar notablemente esta emerxencia, a pobreza e privación material. Aumentando as persoas afectadas por atrasos nos pagos relacionados coa vivenda (hipoteca, alugueiro, recibos, pobreza enerxética) pero obrigando a moitas familias a ter que priorizar estes gastos por riba doutros como a calidade da súa alimentación: mais de catrocentos mil galegas e galegos, o 14,9% da poboación, non podían permitirse no 2020 unha comida de carne, polo ou peixe polo menos cada dous días. 162.000 persoas máis que no 2019.

Aumentar o ínfimo orzamento da Xunta de Galicia e a coordinación con concellos e entidades do terceiro sector para facilitar o alugueiro social.

Fronte a esta emerxencia, a futura Lei Estatal polo Dereito á Vivenda e o Plan Estatal de Acceso á Vivenda, así como fondos como os NextGenerationUE representan unha oportunidade para asegurar a función social da vivenda en todo o territorio e facer fronte á necesidade de acceder a unha vivenda digna, axeitada e accesible que garanta a calidade de vida e os dereitos fundamentais das persoas. Ao igual que o supón o Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025.

A campaña denuncia que na maioría de comunidades autónomas e concellos hai unha clara falta de dotación orzamentaria así como de políticas e medidas fortes e cohesionadas que apuntalen o dereito á vivenda e reclama en toda España, pero de xeito especial en Galicia, considerar o investimento en vivenda digna e accesíbel como obra pública prioritaria.

É urxente o aumento do ínfimo orzamento do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia e que este sexa executado na súa totalidade. O recoñecido esforzo deste departamento e do seu persoal non pode afrontar evidencias como que as 3.534 vivendas do parque público de vivenda para alugueiro social en Galicia no 2019 so supoñan o 0,32% das vivendas principais. 3 veces menos que a media estatal do 0,96% e 30 veces menos que no conxunto da Unión Europea (9,3%). Ou que o 40% das vivendas actuais precisen melloras de accesibilidade.


Como sumarse á campaña #EmerxenciaVivienda ?


Calquera organización do Terceiro Sector pode asinar o manifesto na web da campaña: Participacionsocial Ermergencia Vivenda

A calquera persoa afectada pídeselle contar a súa realidade ou publicar fotos e vídeos nas súas redes sociais mostrando a emerxencia do acceso á vivenda coa etiqueta #EmerxenciaVivienda

Fonte: Eapn-galicia.