domingo, 21 de novembro de 2021

 Presentamos alegacións ao anteproxecto de Lei Vivenda do Goberno 


En este momento estás viendo Presentamos alegaciones al anteproyecto de Ley Vivienda del Gobierno
 
 
As organizacións que integramos a plataforma Iniciativa Lei Vivenda, presentamos alegacións ao anteproxecto de lei polo Dereito á Vivenda pactado polos socios de goberno e aprobado polo Consello de Ministros. Estas alegacións baséanse en:
 

O anteproxecto segue vulnerando o Pacto Internacional polos Dereitos Económicos, Sociais e Non recoñece como dereito subxectivo o Dereito á Vivenda. 

  Non prohibe os desafiuzamentos de persoas vulnerables sen alternativa habitacional, nin “en aberto”, nin obriga a grandes propietarrios a ofrecer alugueiro social previo a un desafiuzamento.

 Establece o límite de “gran tenedor” en propietarios de 10 ou máis vivendas, o que impedirá á maioría de inquilinos ver rebaixadas as súas rendas.

 Libra aos propietarios que sexan persoas físicas, das obrigacións de rebaixar, aínda que sexan grandes tenedores. 

O Goberno renuncia á súa obrigación de establecer uns mínimos comúns ao conxunto do Estado, trasladando ao criterio das CCAA tanto a declaración de zonas tensionadas, como a posibilidade de recargas no IBI (carga insignificante e discriminatoria) onde ademais, terán que decidir os concellos. Xa as CCAA autónomas gobernadas polo PP: Galicia, Castela León, Madrid, Andalucía e Murcia declaráronse insumisas a esta lei, co que ao redor de 20 de persoas veranse privados das escasas vantaxes desta lei, aumentando a discriminación en razón do territorio de residencia.

 Non establece ningún réxime sancionador específico para incumprimentos. 

Renuncia á utilización como Parque Público Temporal dos 3,4 millóns de casas desocupadas (datos INE). 

Tampouco da SAREB. Renuncia igualmente a iniciar a recuperación de ao redor de 65.000 millóns de euros públicos gastados na recuperación da banca na crise anterior, que podería dotar dun importante número de vivendas o inexistente parque actual. 

 Non garante o acceso ás subministracións básicas en situacións vulnerabilidade Non adopta medidas de choque para combater o sinhogarismo

En definitiva: NON GARANTE O ACCESO A UNHA VIVENDA DIGNA E ADECUADA.

 As organizacións que integramos a Iniciativa Lei Vivenda, queremos lembrar que o pasado día 30 de Setembro, e avalados por 9 formacións parlamentarias, entre elas Unidas Podemos, rexistramos a proposición de Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada, que si garante o exercicio deste Dereito Fundamental, e reclamamos de todos esas formacións que utilicen ese texto que avalaron coas súas firmas para emendar o insuficiente texto do Goberno no próximo trámite parlamentario. 

 Desde a PAH, témolo claro, necesitamos un Lei que garanta o drecho á vivenda que deixe atrás os desafiuzamentos e qu epoña os cimentos para que non sexa vulnerado este dereito.

 

    Fonte P.A.H

 

 https://afectadosporlahipoteca.com/2021/11/18/presentamos-alegaciones-al-anteproyecto-de-ley-vivienda-del-gobierno/

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario