A falta de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesíbel impide a loita contra a pobreza en Galicia #EmerxenciaVivenda
Se a exclusión residencial afectaba antes da pandemia ao 35% da poboación galega, na actualidade o elevado gasto en vivenda está a obrigar a moitas familias e persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social.ç
Coa
campaña #EmerxenciaVivenda as organizacións membro de EAPN pretenden
visibilizar a gravidade da situación e reclamar o aumento drástico e
urxente dos raquíticos orzamentos adicados ao acceso á vivenda na Xunta e
na maioría dos concellos galegos e a súa coordinación coas entidades do
Terceiro Sector.
As redes EAPN de Loita contra a Pobreza e a
Exclusión Social en toda España e as súas máis de catro mil entidades
membro veñen de lanzar a Campaña #EmerxenciaVivienda: Polo dereito a unha vivenda digna, adecuada e accesíbel,
para chamar a atención sobre a emerxencia residencial e habitacional na
que viven máis de 11 millóns de persoas en España. Unha problemática á
que apenas se lle ten dado resposta nos últimos anos dende as
administracións públicas.
A gravidade da situación é especialmente preocupante en Galicia. En palabras da presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, na Comisión de Reactivación Económica e Social: “A
vivenda é o primeiro! Non hai día en que nas nosas organizacións non
escoiten este berro. Por iso síntome obrigada a recoñecer a nosa
frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir
coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que
viven milleiros de familias galegas. É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesíbel”.
Antes da pandemia, Galicia
xa era a comunidade autónoma en peor situación, cun 35% da súa
poboación, case un millón de persoas, afectada por algún indicador de
exclusión na vivenda, fronte a un 23,7% estatal (infravivenda,
deficiencias graves na construción, insalubridade, amontoamento,
tenencia da vivenda en precario, contorna degradada, fogares con
barreiras arquitectónicas ou desproporción de gastos en vivenda fronte a
ingresos), unha porcentaxe que se eleva ao 66% na poboación en exclusión severa.
A
pandemia da COVID-19 e o aumento dos gastos derivados do acceso á
vivenda están a agravar notablemente esta emerxencia, a pobreza e
privación material. Aumentando as persoas afectadas por atrasos nos
pagos relacionados coa vivenda (hipoteca, alugueiro, recibos, pobreza enerxética) pero obrigando a moitas familias a ter que priorizar estes gastos por riba doutros como a calidade da súa alimentación: mais
de catrocentos mil galegas e galegos, o 14,9% da poboación, non podían
permitirse no 2020 unha comida de carne, polo ou peixe polo menos cada
dous días. 162.000 persoas máis que no 2019.
Aumentar o
ínfimo orzamento da Xunta de Galicia e a coordinación con concellos e
entidades do terceiro sector para facilitar o alugueiro social.
Fronte
a esta emerxencia, a futura Lei Estatal polo Dereito á Vivenda e o Plan
Estatal de Acceso á Vivenda, así como fondos como os NextGenerationUE
representan unha oportunidade para asegurar a función social da vivenda
en todo o territorio e facer fronte á necesidade de acceder a unha
vivenda digna, axeitada e accesible que garanta a calidade de vida e os
dereitos fundamentais das persoas. Ao igual que o supón o Pacto de
Vivenda de Galicia 2021-2025.
A campaña denuncia que na maioría
de comunidades autónomas e concellos hai unha clara falta de dotación
orzamentaria así como de políticas e medidas fortes e cohesionadas que
apuntalen o dereito á vivenda e reclama en toda España, pero de xeito
especial en Galicia, considerar o investimento en vivenda digna e
accesíbel como obra pública prioritaria.
É urxente o aumento do ínfimo orzamento do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
da Xunta de Galicia e que este sexa executado na súa totalidade. O
recoñecido esforzo deste departamento e do seu persoal non pode afrontar
evidencias como que as 3.534 vivendas do parque público de vivenda para
alugueiro social en Galicia no 2019 so supoñan o 0,32% das vivendas
principais. 3 veces menos que a media estatal do 0,96% e 30 veces menos
que no conxunto da Unión Europea (9,3%). Ou que o 40% das vivendas actuais precisen melloras de accesibilidade.
Como sumarse á campaña #EmerxenciaVivienda ?
Calquera organización do Terceiro Sector pode asinar o manifesto na web da campaña: Participacionsocial Ermergencia Vivenda
A calquera persoa afectada pídeselle contar a súa realidade ou publicar fotos e vídeos nas súas redes sociais mostrando a emerxencia do acceso á vivenda coa etiqueta #EmerxenciaVivienda
Fonte: Eapn-galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario