venres, 22 de outubro de 2021
Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda - A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado
domingo, 10 de outubro de 2021
A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado
O
pasado martes facíase público que no Consello de Ministros se alcanzou
un acordo en materia de vivenda entre os socios do Goberno de PSOE e UP.
Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda
Desde
a PAH, á espera de poder analizar en profundidade a totalidade do
acordo asinado, explicitamos que a futura Lei de vivenda debería
contemplar as medidas estruturais e de urxencia contidas na Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada que rexistramos o pasado xoves
No
entanto, sobre as medidas coñecidas en materia de desafiuzamentos,
lamentamos que non se incluíron ningunha das recomendacións que
sistematicamente vén reiterando o Comité DESC da ONU nas súas repetidas condenas a España por vulneración do Dereito á Vivenda,
xa que nin se inclúe o xuízo de proporcionalidade previo a un
desafiuzamento, nin se prohiben os desafiuzamentos de familias
vulnerábeis sen alternativa residencial. Tampouco se inclúe a obrigación
a grandes tenedores de ofrecer alugueiro social a familias vulnerábeis
antes de proceder a un desafiuzamento.
En relación ao control de
alugueiros, non se garante a súa aplicabilidade ao conxunto do Estado,
como permite o artº 149.1 da CE.
Pese a todo, o Goberno dispón dunha Lei xa rexistrada no Congreso: A Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada,
que debería servir de plataforma sobre a que traballar no trámite
parlamentario, e que conta co referendo de máis de 150 organizacións de
carácter social, sindical de pensionistas, de mozos, de consumidores,
entre moitas máis, e que é espello do que a cidadanía ansía para
afrontar o endémico problema de vivenda e a permanente situación de
emerxencia residencial que sufrimos neste país.
A medida que se
van coñecendo máis detalles podemos empezar a valorar o acordo, que
dista moito de ser unha Lei estrutural que garanta o dereito á vivenda.
O
Estado necesita, si quere ser estado avanzado, un punto de inflexión
que se converta nunha mensaxe clara á poboación de que este dereito está
realmente garantido para toda a cidadanía e non será nunca máis
esmagado. Coa lei que presenta o goberno continuaranse violando os
Dereitos Humanos ao continuar os desafiuzamentos de persoas vulnerábeis
sen alternativa residencial e non ofrecerá solución real algunha para os
máis de 79.000 desafiuzamentos que están por vir cando decaian as
medidas excepcionais este 31 de Outubro. Tampouco soluciona as
débedas para sempre que miles de familias teñen por non poder pagar a
súa hipoteca, nin tan só soluciona a baixada de prezos nos alugueiros,
nin responsabiliza aos bancos e fondos voitres rescatados con diñeiro
público a que poñan as vivendas a disposición da cidadanía.
Temos unha mensaxe clara e alta para o presidente Pedro Sánchez e os seus socios de Goberno, Yolanda Díaz: Existe
un clamor cidadán a lexislar dunha vez por todas medidas que freen a
emerxencia residencial e poñan os cimentos para garantir o dereito á
vivenda de toda cidadanía, traballen niso.
Fonte: PAH | 08.10.2021
✅ Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso dos Deputados) Nº192-1. | 08.10.2021 | Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada. | Acceder/Baixar.
Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda - Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada.
sábado, 2 de outubro de 2021
https://www.youtube.com/watch?v=R2W2Z5kftNQ
Stop-Desafiuzamentos, é unha das entidades que amosaron o seu apoio á iniciativa duna proposta de
Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada.
Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda
Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada
Esta
Proposta de Lei foi elaborada por organizacións da sociedade civil que
levan moitos anos traballando sobre o terreo a problemática da vivenda
ante a falta de solucións e a escaseza de recursos por parte da
administración pública, e conta co respaldo de máis de 120 organizacións
de todos os ámbitos: sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de
consumidores...
A nosa Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada
afronta os diferentes aspectos que se deben abordar si quérese garantir
o Dereito á Vivenda e resolver a crise residencial que se arrastra no
conxunto de nacións e pobos do Estado.
Para o seu rexistro,
contamos co apoio dos partidos políticos Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu,
JuntsxCat, Máis País, CUP, Compromís, Nova Canarias e BNG, que
comprometeron coas súas firmas o apoio tanto a esta lei, como ás medidas
que contén.
Un paso adiante fronte ao bloqueo do PSOE
Pero
esta lei non xorde dun conflito entre socios, senón dun conflito social
que enfronta a poderosos lobbies financeiros e inmobiliarios que ven na
vivenda unha forma de especulación e enriquecemento, co resto da
sociedade: nos primeiros 6 meses de 2021 levamos acumulados
22.532
desafiuzamentos malia as medidas especiais de protección pola pandemia
confirmando o carácter sistémico da urxencia residencial que sufrimos no
Estado. Precisamente é un dos estados do mundo nos que as familias
destinan maior proporción dos seus ingresos a pagar o alugueiro por mor
das desproporcionadas subidas durante os últimos seis anos, feito que
xerou un empobrecemento sistémico nos fogares inquilinos.
Por todo iso, as
organizacións que defendemos a vivenda damos un paso adiante e
rexistramos esta lei para garantir a protección do Dereito á Vivenda.
Este xesto facémolo acompañadas dunha gran maioría social representada a
través de máis de 120 organizacións sociais, sindicais, xuvenís, de
pensionistas, de consumidores... en definitiva cunha transversalidade
tan ampla como o é este Dereito.
O contido da lei
Esta
lei desenvólvese en cumprimento dos compromisos internacionais do
Estado en materia de Dereitos Humanos, así como do propio mandato
constitucional, para garantir o Dereito á Vivenda e eliminar as trabas
que impiden por centos de miles de cidadás o acceso a unha vivenda
adecuada e digna.
A Lei que rexistramos hoxe se estrutura en nove
títulos, cun total de 94 artigos, nos que se establecen as bases para
facer efectivo o dereito á vivenda. Como aspectos fundamentais:
✔
Establécese o Dereito á Vivenda como dereito subxectivo exixíbel para
asegurar a súa protección, e establécense novas garantías xudiciais moi
definidas para evitar o abuso de Dereito contra os habitantes
susceptíbeis de desafiuzamento, o que foi condenado reiteradamente polos
Tribunais de Xustiza Europeos e o Comité DESC de Nacións Unidas.
✔
En materia de desafiuzamentos, a lei prohibe os desafiuzamentos a
persoas ou familias vulnerables mentres non haxa garantía dun realoxo
digno e adecuado, e obriga aos grandes propietarios a facer alugueiros
sociais como opción prioritaria ante o desafiuzamento. Prohíbense
expresamente os desafiuzamentos con data aberta e se lexislan diferentes
medidas para evitar o sobre endebedamento, como son a dación en pago e
limítase a responsabilidade ao ben hipotecado incluíndo maior
selectividade a unha segunda oportunidade e lograr deixar atrás a lei
hipotecaria inxusta que se levou por diante o soño de miles de familias e
das súas avalistas.
✔ En materia de alugueiros, a lei
presentada, complementa unha regulación dos alugueiros flexíbel en base a
un índice de mercado co obxectivo de limitar e baixar o prezo das
rendas para que supoñan un custo asumible para a maioría da poboación.
Así mesmo, a renovación automática e obrigatoria dos contratos de
arrendamento a condición de que a inquilina cumpra coas súas obrigas e o
arrendador non precise da vivenda para goce propio ou dun familiar. Os
honorarios, serán sempre a cargo da parte arrendataria.
✔ No
ámbito do sinfogarismo, a Lei establece o Dereito á Vivenda como Dereito
subxectivo e garante a protección inmediata en aloxamentos adecuados
para toda persoa que caia ou se atope en situación de sinfogarismo.
✔ En canto ao parque de vivenda pública, co obxectivo de protexelo e amplialo prohíbese a súa venda
e fíxase un obxectivo de solidariedade urbana do 20% antes do ano 2050
para mobilizar vivenda mediante diferentes ferramentas como son a cesión
obrigatoria, o tenteo e retracto de grandes propietarios como pode ser a
SAREB e entidades financeiras rescatadas con diñeiro público en 2009.
✔
Así mesmo garántese o acceso a subministracióna básicos, creando unha
tarifa social e prohibindo os cortes de auga, luz ou gas a persoas en
exclusión residencial.
✔ Para finalizar a Lei desenvolve a
participación cidadá en políticas de vivenda e abórdase o réxime de
control e sancionador para desenvolver as diferentes medidas explicadas.
Este
conxunto de medidas estruturais son necesarias para revertir un modelo
anti social de vivenda baseado no trasgase sistemático de diñeiro
público a petos privados, sen xerar ningún valor ao patrimonio público (a libre especulación) que levou a decenas de miles de persoas a perdelo todo ante a inacción dos diferentes Gobernos.
Neste
momento e cos apoios parlamentarios que xa se comprometeron a apoiala,
só a negativa do PSOE impide que o Dereito á Vivenda pase a estar
protexido con todas as garantías.
Agradecemos aos partidos
asinantes o seu compromiso para defender dentro do Congreso a aprobación
desta Lei de Garantía do Dereito á Vivenda, e esiximos ao PSOE que se
poña tamén ao lado da cidadanía e achaie o camiño para a aprobación
desta Lei, comezando por axilizar o seu paso pola Mesa do Congreso e por
dar luz verde votando Si á súa toma en consideración.
Pola nosa banda desde
hoxe mesmo comezamos a organizarnos para redobrar a presión e mobilizar
á poboación xeral para conseguir este obxectivo e garantir o acceso a
unha vivenda digna, adecuada, alcanzábel e accesíbel.
Pode-se!
Consulta a Lei e a campaña en iniciativaleyvivienda.com.
Fonte: PAH.
xoves, 18 de febreiro de 2021
Manifesto da Iniciativa por unha Lei que Garanta o Dereito á Vivenda.
domingo, 24 de xaneiro de 2021
Real Decreto-ley 1/2021, de 19 de enero, de protección de los consumidores y usuarios frente a situaciones de vulnerabilidad social y económica.
O Real Decreto-Lei 1/2021, de 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, publicado no BOE núm. 17, de 20/01/2021, na disposición final primeira, modifica o recente Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro que a súa vez modificaba nalgúns aspectos o Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda.
domingo, 27 de decembro de 2020
3. Compensación para arrendadores (pequenos e grandes posuidores) afectados pola suspensión do desafiuzamento.
Só se poderá pedir compensación se a Administración non tomou as medidas do informe de Servizos Sociais en 3 meses.
Valor medio de alugueiro de vivenda na contorna (vía índices de referencia ou outros criterios obxectivos).
Súmanse gastos correntes acreditados (IBI, subministracións, comunidade…).
Compensación desde a suspensión ata o seu levantamento ou fin do estado de alarma. Non ata a data do desafiuzamento.
Se o prezo medio do alugueiro é superior á renda do alugueiro, compensarase coa renda do alugueiro.
Non distingue entre pequenos ou grandes posuidores.
A solicitude poderá realizarse ata 1 mes despois do fin do estado de alarma e o arrendador deberá presentar escrito coa cantidade adecuada de acordo ao comentado antes.
Compensación a cargo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e xestionada polas CCAA.
Real Decreto-ley 37/2020, de 22 de diciembre, de medidas urgentes para hacer frente a las situaciones de vulnerabilidad social y económica en el ámbito de la vivienda y en materia de transportes.
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-16824&fbclid=IwAR0YhcLiv5tk-XNi17X57ugtMU_cRGlX4JTZchTijWpT3RL0xq0PDDRJ4Io
A nova cuestión prejudicial sobre o IRPH pon ao Supremo na tesitura de poder ser demandado patrimonialmente
A elevación dunha nova cuestión prejudicial sobre o Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios ( IRPH) #ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ( TJUE), por parte do maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia 38 de Barcelona, Francisco González de Audicana Zorraquino, o pasado 2 de decembro, introduciu unha nova variante legal inesperada: a de que a Sala do Civil do Tribunal Supremo poida ser demandada patrimonialmente por mal funcionamento da Administración de Xustiza.
O maxistrado que elevou a primeira cuestión prejudicial ao TJUE sobre o IRPH repregunta ao tribunal de Luxemburgo.
https://confilegal.com/20201204-el-magistrado-que-elevo-la-primera-cuestion-prejudicial-al-tjue-sobre-el-irph-repregunta-al-tribunal-de-luxemburgo/
TRIBUNAL SUPREMO - SALA CIVIL - GABINETE TÉCNICO
Sentencias 595, 596, 597 y 598/2020, de 12 de noviembre. Control de transparencia y abusividad de la cláusula del préstamo hipotecario que incorpora el IRPH como índice de referencia del tipo de interés,
https://confilegal.com/wp-content/uploads/2020/11/NOTA-PRENSA-SSTS-595596597598-de-2020-IRPH.pdf
Interesante entrevista José Ma. Erauskin sobre aa situación actual del IRPH, posterior a nota de prensa da sala do civil do T.S emitida o 21-outubro-2020.
TRIBUNAL SUPREMO- SALA CIVIL - GABINETE TÉCNICO - NOTA DE PRENSA.
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunal-Supremo/Sala-de-prensa/Notas-de-prensa/La-Sala-de-lo-Civil-del-Tribunal-Supremo-se-pronuncia-sobre-cuatro-recursos-de-casacion-en-relacion-con-el-indice-IRPH-de-las-hipotecas
El Tribunal Supremo ha deliberado y resuelto cuatro recursos de casación en relación con la cláusula de interés variable IRPH. Un quinto recurso sobre IRPH también se deliberará hoy pero presenta perfiles diferentes, por versar sobre una vivienda de protección oficial.
En los cuatro recursos resueltos, siguiendo la jurisprudencia del TJUE, ha apreciado falta de transparencia por no haberse informado de la evolución del índice de los dos años anteriores.
No obstante, y siguiendo también la jurisprudencia del TJUE, ha procedido a hacer el análisis de abusividad concluyendo, en los casos enjuiciados, que no había abusividad.
El fallo cuenta con el voto particular del magistrado D. Francisco Javier Arroyo Fiestas.
El fallo ha sido comunicado ya a los procuradores de las partes. El texto íntegro de la sentencia se redactará en los próximos días.
Madrid, 21 de octubre de 2020





