venres, 27 de xaneiro de 2017
O TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade de todos os procedementos de execución hipotecaria e os desafiuzamentos desde 1995.
http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text=&docid=187170&pageIndex=0&doclang=es&mode=req&dir=&occ=first&part=1&cid=611624
A PAH esixe a nulidade de todas as execucións hipotecarias desde 1995 co apoio do TXUE.
http://afectadosporlahipoteca.com/
A sentenza emitida O 20 DE XANEIRO DE 2017 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos.
Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993 que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.
Dicimos que non é unha sentenza máis porque esta vén dicir que é ilegal e nula a cláusula do vencimiento anticipado das hipotecas. Esta cláusula contéñena todas as hipotecas e permite á banca reclamarche a totalidade da débeda pendente, máis os intereses correspondentes, unha vez deixaches de pagar 3 cotas. O caso analizado na sentenza do TJUE, presentado por un xuíz de Santander, cuestiona que a falta de pagamento de 7 mensualidades dun total de 564 cotas mensuais das que constaba a hipoteca fose suficientemente grave como para aplicar o vencimiento anticipado.
Cando chegas a este punto e o banco reclámache de golpe que pagues a totalidade da hipoteca dunha vez, loxicamente non podes pagar de golpe. O banco, amparándose nesta cláusula, executa xudicialmente a hipoteca e abre o proceso que che condena ao desafiuzamento e a unha débeda para sempre.
Dado que é precisamente nesta cláusula na que se basean todas as execucións hipotecarias, podemos afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e desafiuzamentos habidos desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que deberon ser implementadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE, fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Unha lexislación que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia de dereitos dos consumidores, e que afecta tamén a unha necesidade fundamental como a vivenda.
Desde a PAH denunciamos unha vez máis a violación sistemática dos dereitos humanos e da propia Constitución española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.
Cabe lembrar que o Tribunal Supremo xa declarou a nulidade parcial deste tipo de cláusulas abusivas, pero propoñía substituír o inicio da execución hipotecaria dunha falta de pagamento a tres, como ditou a lei 1/2013. Tanto esta lei como o Tribunal Supremo non parou de recibir paus nas oito sentencias do TXUE que xa acumulamos nesta materia.
Agora, con esta nova sentenza anunciamos que imos esixir e a reclamar a declaración de nulidade de todas as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que se produciron desde 1995, e facémolo coa razón que nos dá o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Non só imos esixir a declaración de nulidade, senón a restitución de dereitos e a reparación dos danos producido a máis de 700.000 familias desde 2008 e a todas aquelas que sufriron as consecuencias desde 1995 da ilegal lei hipotecaria española.
Nos próximos días faremos un chamamento para iniciar esta campaña de nulidade de execucións hipotecarias, e desafiuzamentos, e esixiremos restitución de dereitos e reparación de danos. Para presentar esa campaña, convocámoslles á rolda de prensa que daremos mañá venres, día 27 a partir das 11 horas ante a porta do Tribunal Supremo en Madrid.
#TJUEconLaPAH
http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/11590-el-tjue-establece-el-criterio-a-seguir-por-los-jueces-para-declarar-abusiva-la-clausula-de-vencimiento-anticipado/
Real Decreto-ley 1/2017, de 20 de Xaneiro.
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-653
Mal Comeza o Real Decreto promovido polo Pp para arbitrar a devolución do indebidamente cobrado pola Banca nas clausulas chan.Sempre lexisilando a favor dos Bancos. Si non estas de acordo coa liquidación feita polo banco e o xuiz non supera a cantidade ofrecida polo mesmo comeste as costas procesais, según iste R.D.
Ciudadanos deulle apoio, pero o PSOE como pode asinar esta trampa. Conseguimos xustiza sin paliativos en Europa e veñen istes agora de mediadores.
Están repetindo a estratexia aplicada os afectados por preferentes DIVIDILOS E CONFUNDILOS para que non vian o xulgdo.
Como sabemos todas, a xurisprudencia e fonte do dereio, non se pode lexisar contra xurisprudencia.
Pouco a pouco demostramos que a lexilación hipoearia do Estado Español está obsoleta e que é inxusta.
Que Pp promova esto e una carbonada, pero que o Partido Socialista o asine no canto de estar a Pedir unha reforma profunda, nesta materia, do Código Cvil e outra Lei Hipotearia. Esto é unha traición !
Fixadevos na redación do primeiro ártigo. Xa deixan claro a que defenenden "TAPANDOLLES O ROUBO"
1. Objeto.
El presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de "las cantidades indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con hipoteca inmobilias.
Reactan: " las cantidades indebidamente satisfechas por elconsumior".
Recae diste xeito a calificación do mal feito sobre o consumidor. (Sutil).
Debería ser : "las cantidades indebidamente cobradas por las entidades financieras"
E o PSOE firmoulle esto o Pp...
As nosas hipotecas son un abuso: da cláusula chan ao dereito a teito.
http://afectadosporlahipoteca.com/2017/01/19/nuestras-hipotecas-son-un-abuso-de-la-clausula-suelo-al-derecho-a-techo/
As Plataformas de Afectade@s pola Hipoteca de todo o Estado saímos novamente á rúa para dirixirnos ao Presidente de Goberno, Mariano Rajoy. Entregamos un escrito ante as delegacións de goberno para instar o Executivo a que responda se tras as últimas sentenzas do Tribunas de Xustiza da Unión Europea vai tomar algunha medida para compensar ás miles de familias que foron vítimas da actual lexislación hipotecaria española, se vai reformar a Lei de Arrendamentos Urbanos para protexer e garantir o acceso á vivenda das persoas e finalmente se vai reconsiderar todos os recursos que interpuxo ante o Tribunal Constitucional ás Leis de Vivenda que se foron aprobando en moitas Comunidades Autónomas. Desde 2013 a normativa hipotecaria española recibiu sete sentencias desfavorables da Xustiza europea, que culminaron coa famosa sentenza do pasado 21 de decembro sobre as cláusulas chan. A seguinte espérase para o 26 de xaneiro: unha sentenza sobre o vencimiento anticipado que pode volver considerar como nulas miles de execucións hipotecarias producidas no Estado español.
Desde o ano 1993 todos os sucesivos gobernos españois ignoraron, e seguen facéndoo os actuais gobernantes, a directiva 13/93/CEE. Mesmo baixo o risco de ser sancionados por non aplicala, seguen preferindo deixar que se enriquezan ilicitamente as entidades financeiras, seguen permitindo que os contratos ás familias estean repletos de cláusulas abusivas que mesmo a lexislación española tolera mentres as familias sofren e seguen empobreciéndose. As últimas sentenzas no estado español e na Unión Europea, que fan referencia á cláusula chan, os gastos de formalización de hipoteca e a responsabilidade ilimitada -e a próxima sobre vencimiento anticipado-, así o testemuñan. Hoxe as PAH de todo o Estado denunciamos a complicidade do Goberno coa banca e denunciamos a aqueles xuíces que non cumpren coas leis. Por iso, presentámoslles un escrito ante as delegacións de Goberno solicitándolle respostas concretas.
Será que Mariano Rajoy e o seu actual goberno cumprirán dunha vez por todas o articulo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos e o artigo 47 da nosa Constitución Ou Seguirá beneficiando aos poderes económicos aínda indo en contra dos cidadáns
Fronte aos abusos das cláusulas chan e do resto de cláusulas abusivas, desde a PAH imos seguir loitando por nosa cláusula teito': queremos que se convertan en lei as nosas aspiracións por unha segunda oportunidade auténtica para os fogares endebedados, o fin dos desafiuzamentos e o parque público de vivenda concretadas nas 5 medidas de mínimos esixidas pola PAH. Mentres, como vimos facendo desde hai 8 anos, poñemos as nosas asembleas e recursos a disposición de todos os afectados pola estafa bancaria. A loita é a mellor garantía para dobregar á banca!
SENTENZA DO TXUE DO 21 DE DECEMBRO ( SOBRE RETROACTIVIDADE DAS CLAUSULAS CHAN).
http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text&docid=186483&pageIndex=0&doclang=ES&mode=req&dir&occ=first&part=1&cid=509967
Enésimo pau do Tribunal de Xustiza da Unión Europea á banca e as institucións do estado español
A PAH reclamará masivamente a devolución do diñeiro cobrado polas cláusulas CHAN e pide un cambio a fondo da normativa hipotecaria española
Hoxe celebramos que finalmente o Tribunal de Xustiza da Unión Europea dá a razón ás estafadas pola Banca.
A sentenza emitida o 21 de decembro de 2016 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europa supón o enésimo pau histórico á estafa bancaria española, aos Gobernos que a permitiron e aos tribunais nacionais que a suavizaron para protexer á banca. Nova demostración incontestable de que hai que cambiar as leis criminais españolas para protexer os dereitos fundamentais, en especial: o dereito á vivenda. A sentenza deixa en evidencia a doutrina antixurídica do Tribunal Supremo español, que ante a primeira sentenza do TJUE afirmou categoricamente e fóra de toda lóxica xurídica, que a devolución do estafado pola clausula chan sería só desde 2013. O TXUE dá a razón ás estafadas, afirmando que a devolución do roubado con estas cláusulas debe de ser desde a firma do contrato, é dicir, a Banca ha de devolver todo o roubado coa cláusula chan, e non só un pouco como querían unha vez máis, as institucións españolas que se dedican a protexer os beneficios da banca.
Non é a primeira vez que os tribunais europeos chaman a atención á xustiza e ao Goberno español polo noso anómalo sistema hipotecario, que ameaza con débedas para sempre e coa perda de vivenda a máis de 700.000 fogares. Esta sangría produciu gravísimas consecuencias sociais e psicolóxicas para os afectados, e é a evidencia dun sistema hipotecario e de modelo de acceso á vivenda completamente deseñados para producir beneficios á banca e sufrimento ás familias. A PAH esixirá o cumprimento desta sentenza á vez que imos seguir esixindo que o Congreso aprobe as 5 da PAH de forma urxente e inmediata. Tamén advertimos contra posibles intentos, por parte do todopoderoso sector financeiro, de obter contrapartidas a cambio da aplicación obrigatoria da sentenza europea. Calquera contraprestación, sexa en forma dun novo rescate ou de vantaxes legais ou contables, será un novo episodio nunha larguísima lista de favores do actual Goberno do PP á banca.
Dende a PAH, lanzaremos unha campaña para esixir á banca a devolución de todo o roubado coas clausulas chan. Para iso, imos elaborar e facer públicos uns documentos xurídicos para esixir o cumprimento da sentenza do TJUE.
Non só esixiremos a devolución de todo o roubado coas cláusulas chan, senón que imos esixir a reparación para as familias xa desafiuzadas, en moitas ocasións esta clausula foi o determinante á hora de deixar de pagar, por tanto ten que haber unha reparación. E denunciaremos prácticas como os contratos que fixo asinar a banca a debedores a cambio de eliminarlles a cláusula chan, contratos onde facían renunciar a poder reclamar todo o estafado se había futuras sentenzas.
Unha vez máis temos por diante a posibilidade de facer posible o que nos decian que era imposible: imos forzar á banca para cumprir coa sentenza do TXUE.
http://www.elconfidencial.com/vivienda/2016-12-21/unicaja-liberbank-sabadell-sentencia-clausulas-suelo-tribunal-ue-luxemburgo_1307075/
mércores, 28 de decembro de 2016
INTERVENCIÓN DO COLECTIVO NA DEPUTACIÓN.
Intervención 01:30h https://livestream.com/accounts/1699699/events/6817682/videos/145519365
TEXTO:
Dende o colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense agradecemos a oportunidade que se nos ofreceu dende o BNG para dar apoio a moción que hoxe presenta esta formación e que recolle propostas básicas para os colectivos que loitamos polo dereito efectivo a una vivenda digna e contra a pobreza enerxética.
Feito
este agradecemento queremos remarcar o carácter apartidista do noso
colectivo como un dos seus principios básicos.
Comezaremos expoñendo o caso dunha compañeira que estivo preto de ser desafiuzda por un organismo público, o I.G.V.S, que ten a obriga constitucional de velar polo cumprimento do dereito a unha vivenda digna, por ter a Xunta de Galicia a competencia exclusiva nesta materia, no territorio galego. Imaxinemos como pode ser a situación no caso de desafiuzamenos bancarios ou por impago de aluguer cando son as propias administracións as que desafiuzan sen dar opcións.
Comezaremos expoñendo o caso dunha compañeira que estivo preto de ser desafiuzda por un organismo público, o I.G.V.S, que ten a obriga constitucional de velar polo cumprimento do dereito a unha vivenda digna, por ter a Xunta de Galicia a competencia exclusiva nesta materia, no territorio galego. Imaxinemos como pode ser a situación no caso de desafiuzamenos bancarios ou por impago de aluguer cando son as propias administracións as que desafiuzan sen dar opcións.
Meu
nome é María José, no ano 1996 merquei una V.P.O Vivenda de
Proteción Oficial o Instituto Galego de Vivenda e Solo, en réxime
de gananciais, coa miña exparella. Estou legalmente divorciada dende
o ano 2005 momento dende o que me teño que facer cargo en solitario
dos pagos da hipoteca.
No
ano 2000 a miña saúde comezara a deteriorarse chegando a estar
intervida cirurxicamente en 10 ocasións, 4 destas intervencións son
de espalda e desembocaron nunha discapacidade física dun 66%.
Recoñecida no ano 2008 con una asignación dunha pensión non
contributiva de 375€. Ante estas circunstancias estiven traballando
en períodos discontínuos e tiven que deixar de facer fronte os
pagos das cotas hipotecarias, acumulando una débeda de 23.900€.
Consecuencia
dos impagos acumulados o IGVS inicia un procedemento de execución
hipotecaria co obxectivo de despexarme desta Vivenda de Protección
Oficial e tomar posesión da mesma. Teño que incidir no feito que a
vivenda era de protección oficial e que sendo o IGVS coñecedor do
meu estado de saúde, non se me fixo una oferta que me permitira
asumir os pagos das cotas atrasadas. Máis aínda sendo o crédito
inicial de 29.900€ e tendo recibos pagados por un importe de
20.000€ o IGVS reclámame, na liquidación do préstamo, 33.000€.
Resulta
indignante que un organismo que representa a Xunta de Galicia, que
ten competencia exclusiva en materia de vivenda e debe velar polo
cumprimento efectivo diste dereito constitucional, teña esta maneira
de actuar, máxime cando no mesmo edifico dou fe da existencia de
Vivendas de Protección Oficial que se atopan deshabitadas.
Ante
a imposibilidade de facer fronte o pago das cantidades reclamadas,
coa angustia de verme na rúa ante un inminente despexo, no mes de
xuño de 2016 diríxome o colectivo Stop-desafiuzamentos, do cal hoxe
formo parte. Logo de estudar o caso presentamos escritos, no IGVS e
no Xulgado que coñece diste Proceso, reclamando a suspensión do
mesmo mentres non se alcance un acordo de aluguer social co IGVS ou,
no seu caso, outra alternativa.
Si
á incertidume de verme na rúa en calquera momento non era
suficiente sufrimento; o longo diste tempo en varias ocasións vinme
cos subminístros de auga e electricidade cortados por non dispor
de recursos para poder facer fronte a tempo o pago dos mesmos.
No
pouco tempo que levo neste colectivo coñecín casos semellantes,
maioritariamente mulleres, algunhas delas vítimas de violencia
machista, e familias que logo de acudir os servizos sociais e a
organización privadas como Cruz Roxa ou Cáritas nos reenviaban
estas mulleres e familias para que nos, que non dispomos de recursos,
nin recibimos subvencións, lles arranxaramos un problema de falta de
vivenda que debería estar garantido polas administración públicas.
Chegamos
a vivir casos tan indignantes como o dunha compañeira, enviada o
colectivo por Cruz Roxa, vítima de violencia machista cun menor con
autismo, con grao III de dependencia, que subsistía 5 meses sen
ningún tipo de axuda. Sendo coñecedor do caso os servizos sociais
do Concello de Sancibrao das Viñas onde estaba censada.
Compañeiros
con enfermidades graves como é una leucemia que ían a ser
despexados por unha entidade financeira como é ABANCA que no seu
momento fora rescatada con unha cantidade importante de diñeiro
público. Todo acontecía ante a pasividade das diferentes
administración.
Dende
o ano 2011 pediron axuda o colectivo 98 familias con diferentes
situacións, fora con entidades financeiras ou por impago de
alugueres, como xa dixen, delas varios casos eran vítimas de
violencia machista. O nexo común en todos estes casos era a falta
de apios institucionais que estaban máis pendentes de rescatar
bancos que de dar apoio e rescatar estas familias. Sentímonos
orgullosos de non deixar de lado a ningunha persoa ou familia que nos
pedirá axuda.
Debemos
recordar que dende o comezo desta situación crítica os suicidios
segundo datos do INE son a primeira causa de morte traumática por
diante dos accidentes de circulación.
Todo
este sufrimento non xurde da casualidade, é o resultado de
políticas baseadas na ideoloxía neoliberal que avanza nun
capitalismo que promove a ausencia absoluta de controis os mercados e
capitais, producindo unha especie de anarco-capitalismo capaz de
repartir os beneficios xerados en ciclos especulativos con produtos
básicos para unha vida digna como alimentos non perecedoiros,
vivenda ou enerxía. Mentres cando os seus cálculos e inversión
resultan falidos socializan esas perdas tendo que ser rescatados con
diñeiro público, alcanzando desta maneira un xeito de capitalismo
perfecto para o inversor e que deixa gravemente mermado o estado de
dereito, que entra a ser cómplice e garante do mesmo chegando así o
Capital Estado.
Citamos
a continuación unha serie de feitos que acreditan esta situación:
No
ano 1998 coa reforma da lei do solo feita por José María Aznar
comeza un ciclo de especulación inmobiliaria contraria o mandato
constitucional do artigo 47 que prohibe a especulación e garante o
dereito a unha vivenda digna. Por si alguén quere entender que se
trata de dereitos non fundamentais a propia constitución no seu
artigo 10.2 determina o xeito de interpretar este articulo e di : “
As normas relativas os dereitos fundamentais e as liberdades que a
constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa
declaración universal de dereitos humanos e os tratados e acordos
internacionais sobre a mesma materia ratificados polo Estado Español.
Esta especulación non se podería entender sin o altísimo nivel de
corrupción no que vive inmerso o Estado Español e que evidencia un
Fallo do Estado de Dereito.
No
ano 2008 remata este ciclo especulativo alimentado pola emisión de
títulos de débeda subordinada e preferentes. Ante imposibilidade
do Banco de España de emitir moeda as entidades financeiras acudían
a Europa a busca de financiamento. Emitidos dende o 2003, mentres
estes produtos foron rendibles vendíanse a clientes preferentes,
cando houbo que saír con urxencia destes produtos, no comezo da
situación crítica, ante a posibilidade de quedar o capital
atrapado, prodúcese unha estafa en masa de persoas de avanzada idade
con poucos coñecementos económicos e con capacidade de aforro. A
ausencia de responsabilidades políticas e penais observase como
outro Síntoma da debilidade do estado de dereito.
O
Goberno do partido Popular reacciona rescatando os Bancos
responsables desta situación crítica e coa complicidade do PSOE
reforma o artigo 135 da Constitución priorizando o pago, con fondos
públicos, dunha débeda evidentemente privada, polo tanto ilexítima
e sen ningún tipo de auditoría.
No
ano 2012 Crease a maior inmobiliaria de Europa a SAREB (Sociedade de
Gestión de Activos Procedentes de la Restructuración Bancaria)
tamén coñecida como Banco Malo. O obxetivo da mesma e maximizar a
súa rendabilidade a 15 anos. Mentres inxectamos diñeiro público a
entidades que están dando beneficios estas apalancan os seus activos
tóxicos na SAREB a espera de que sexan rendibles impedindo unha
regulación e caída natural dos presos da mesma. Chéganse a ver
aberracións como que fondos voitres como Black Stone mercan paquetes
de vivendas de protección oficial a mentres milleiros de familias
son implacablemente desafiuzadas, sen opción, perden a vivenda e
quedan con débedas de por vida.
Ante
o número desproporcionado de Desafiuzamentos, sen opción, e vendo
como se está a rescatar bancos con diñeiro público mentres se
abandonan a súa sorte a familias que se van o paro e no poden facer
fronte as súas obrigas hipotecarias ou de aluguer. A sociedade
reacciona organizada na PAH (Plataforma de Afectados Pola Hipoteca).
Levamos o Congreso 1.500.000 sinaturas solicitando a dación en pago
e alugueres socias. O rodelo absolutista do Partido Popular esmaga
esta iniciativa e trata a PAH de terroristas. Pola contra en Europa a
PAH recibe recoñecementos pola súa labor social.
Debemos
recordar un dos lemas da PAH e dos colectivos Stop-Desafiuzamentos
“Nin xente sen casa nin casas sen xente” pois ben, no ano 2011 no
conxunto do estado, segundo datos do INE había 3,5 millóns de
vivendas Baleiras, delas 300.000 baleiras en Galiza, 15.ooo na cidade
de Ourense.
Obsérvese
o feito gravísimo que supón sacar unha lei que persigue a
cidadanía, que reacciona a unha gran estafa inmobiliaria, mentres
todos os altos executivos de bancos, caixas de aforro, construtoras
e políticos corruptos, en cantidades incribles, nun estado de
dereito evidentemente falido, campan as súas anchas sen que apenas
se persigan de oficio pola Fiscalía e Avogacía do Estado. Parecía
máis razoable mudar a lei para evitar que se volva a producir unha
situación crítica como a actual no canto de perseguir e intentar
calar o pobo.
Nun
momento de altísima mobilización social o partido popular no canto
de escoitar estas protestas e as demandas sociais que se solicitaban
e mediante o dialogo alcanzar solucións razoables para todas as
partes. Criminaliza as protestas e crea unha lei que dende a súa
proposta foi tachada de antidemocrática pola ONU e Polo Consello de
Europa, a Lei 4/2015 do 30 de marzo, coñecida como Lei Mordaza.
Neste xeito de actuar antidemocrático e carente de dialogo, xunto co
desmesurado número de casos de corrupción que aparecen nesta
formación, evidencian que o Partido Popular protexe os que nos
trouxeron esta situación crítica e non parece que teña intención
de ofrecer solución razoables.
O
rescate financeiro deseñado polo Partido Popular a base de
transformar a elevadísima débeda privada das grandes construtoras,
acredoras da banca, en débeda pública, pasando esta última do 34%
do PIB non ano 2011 o actual 100% do PIB no 2016 que nos obriga a
pagar 36.000 millóns de € en intereses dunha débeda ilexítima
por no ter sido auditada. Rematando no seu mandato con 80.000 millóns
de€ do fondo de pensións que o partido popular usou para mercar
os propios bonos de débeda pública que se emitían e frear os
ataques dos especuladores propios e foráneos evitando enfrontarse
politicamente esta especulación. No canto de exercer a soberanía na
defensa dos intereses xerais do país que goberna sigue engordando a
besta neoliberal alimentándoa con recursos públicos.
Ante
a pasividade, mellor dito, ante a complicidade do Goberno central e a
Xunta cos responsables da quebra do sistema financeiro e ante a
absoluta deixadez e ausencia de apoio as familias que padecen
desafiuzamentos e pobreza enerxética. Varias comunidades autónomas
promoveron leis por unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética
todas elas suspendidas polos recursos de inconstitucionalidade do
Partido Popular que sigue facendo uso do seu rodelo absolutista no
canto de dialogar e chegar a acordos que sexan aceptables e respeten
o interese xeral e non solo os os privados.
Non
se ven indicacións de que o goberno vaia mudar este xeito de actuar.
A recente sentenza do TXUE (Tribuna de Xustiza Europeo) que obriga os
bancos a declarar nulas as cláusulas chan e a que as devolucións
teñan carácter retroactivo. Todo Indica que o custo dunha
decisión privada será trasladada e asumida con recursos públicos.
No caso das Caixas de Aforro Galegas valoradas en 75.000 millóns de
€ en activos no ano 2010, vendida apresuradamente no 2012 por 1000
millóns de €, sen esgotar o prazo que daba o memorando europeo que
era de 5 anos.
Previamente
saneada con 9000 millóns de € de fondos públicos. No ano 2013
xeraba uns beneficios de 1200 millóns de € que xa irían a a mans
privadas. A día de hoxe sen devolver un euro do diñeiro público
entregado para o saneamento. Na paxina 5 do prego de condicións de
venda, asumido polo Presidente da Xunta Nuñez Feijoo, aceptouse que
o FROB asumiría as reclamacións de contratos hipotecarios
posteriores o 2008 incluídas as reclamacións por cláusulas chan.
Estimase que no caso de ABANCA teremos que pagar con diñeiro público
500millóns de €.
Esta
salvaxe especulación e asunción de inversión privadas con diñeiro
público non se produciu solo no sector inmobiliario, tamén se se
lexislou para favorecela no sector enerxético.
A
reforma neoliberal feita por José María Aznar no ano 1997 que
eliminou o Marco Legal Estable creado na crise do petróleo da década
dos 70 do século pasado. Este marco xurídico consistía nun
conxunto de normas destinadas a manter un equilibrio entre as
amortizacións das inversión as ganancias e o prezo o consumidor.
Con esta reforma comeza a privatización de empresas públicas
enerxéticas que eran moi rendibles e nutrían de recursos as arcas
públicas.
Dende
a privatización do sector enerxético comeza unha subida continuada
do prezo da enerxía e avandonándose o concepto de servizo público.
Dende o ano 97 chegamos a destinar 90.000millóns, en pagos directos
nos recibos, no suposto rescate destas multinacionais enerxéticas,
nun suposto déficit tarifario e noutros conceptos totalmente opacos
ante a falta de verdadeiras auditorías públicas que aclaren os
mesmos.
Mentres
nos din que hai un déficit tarifario. No pasado exercicio as tres
grandes suministradoras IBERDROLA, GAS NATURAL FENOSA e ENDESA
anuncian 56.000 millóns de € de beneficio. Destacando Endesa con
25.000millóns, case a metade do total. Hai que sinalar que cando se
privatizou, no mandato de Aznar, pasou a mans de ENEL empresa
Italiana con un 50% de capital público. Dedúcese diste feito que
máis de 12.000millóns de € desta multinacional van a parar as
arcas públicas Italianas mentres nós nos quedamos sen diñeiro para
asegurar as pensións.
Todo
isto acontece no marco perfecto da colaboración público privada.
As chamadas portas xiratorias son determinantes nesta fusión de
intereses, onde a cidadanía sempre perde os recursos, sexan
económicos ou naturais, que por dereito lle pertencen. Vemos como
altos cargos políticos terminan nos Consellos de Administracións
destas empresas que eles mesmos privatizaron como é o caso de Felipe
González en Gas Natural Fenosa ou José María Aznar en ENDESA.
Galiza
e excedentaria nun 40% en produción enerxética que traslada o
resto do estado sen obter nin o máis mínimo beneficio da
explotanción dos seus recursos naturais. Por todas e coñecida a
inmensa cantidade de centrais e minicentrais hidráulicas que están
espalladas por todo o territorio galego todas elas amortizadas dende
fai anos e con producións sen apenas custos, todo son beneficios
privados obtidos da explotación dun recurso natural que é de todas
as galegas.
Galiza
tamén ocupa un posto destacado na xeración de enerxía eléctrica
de orixe eólico. Durante o período do Goberno Bipartito estando a
Consellería de industria dirixida polo BNG, isto son datos
obxectivos non promoción de partidos. Obrigaba a que os inversores
privados que optaran o reparto de megavatios deberían ceder un 10%
do beneficio as arcas públicas galegas estamos a falar de
300millóns de€ anuais. A primeira medida tomada polo Presidente da
Xunta no seu primeiro mandato foi eliminar este concurso eólico e
con el a perda desta porcentaxe que pasaría a mans privadas.
Esta
especulación deixa tras de si pobreza enerxética que supón un
grave risco para a saúde das persoas. Os principais impactos son
insuficiencias respiratorias, complicacións cardíacas,e maior risco
de sufrir problemas mentais. Galiza ten elevadas taxas de mortalidade
adicional de inverno segundo a asociación de ciencias ambientais
(ACA)e o seu informe “Pobreza Vulnerabilidade e Desigualdade
Enerxética. Novos enfoques de análise”. As cifras de mortes
prematuras asociadas a pobreza enerxética estímanse para Galiza no
período 1996-2013 entre 200 e 600 persoas.
Mentres
coa especulación enerxética se xeneran esaxerados beneficios,
obtidos de forma ilexítima, que logo reparten entre mans privadas;
Moitas familias viven na angustia permanente que supón que lles
corten os subminístros. Recentemente no barrio do Polvorín en
Ourense finaba queimado un ancián e o seu irmán quedaba con
queimaduras graves. Outra anciá de Reus finaba queimada polo lume
dunhas velas que usaba para alumearse, logo de que Gas Natural Fenosa
cortara o subministro eléctrico sen preocuparse da súa situación
de precariedade económica.
E
por todo iso que se fai imprescindible a paralización dos cortes de
luz e subministros a familias con problemas económicos. Queremos
poñer fin aos abusos que afectan a un servizo esencial, polo que
esiximos ao Goberno que regule unha tarifa alcanzable e unha
auténtica tarifa social para familias con baixos niveis de renda.
Resulta urxente que o Estado Español respecte os compromisos
adquiridos no marco internacional e que garanta o cumprimento do
artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a
observación xeral nº4 do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e
Culturais, segundo a cal un nivel de vida digno require dunha vivenda
adecuada con acceso a subministracións básicas como luz, auga e
calefacción. Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación
europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados
membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de
luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, de 13
de xullo de 2009).
O
feitos citados pretenden contrastar o sufrimento das familias fronte
os abusos dun sistema capitalista en fase neoliberal, promotor da
eliminación de toda intervención do estado excepto cando se trata
de asumir perdas . De seguir por este camiño de darwinismo económico
máis cedo que tarde veremos as gravísimas consecuencias que traerá
ó único sistema posible de convivencia racional, a democracia real.
Dicía
Albert Camus no seu libro “O home Rebelde” “unha persoa con
estreiteces e rebelde con fame é perigosa”
Dende
o Colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense pedímoslles que apoien a
iniciativa de mínimos presentada hoxe polo Bloque Nacionalista
Galego.
Así
tamén queremos aproveitar para darlles traslado e convidalos a
reflexionar sobre as demandas da Plataforma de Afectados Pola
Hipoteca e da Plataforma Contra os cortes de Luz. Pedímoslles que
as analicen e se plantexen apoialas de xeito coordinado nos
diferentes niveis administrativos ata facelas efectivas.
As
5 demandas de mínimos da PAH:
.-Dación
en pago retroactiva
.-Aluguer
alcanzable.
.-Stop
Desafiuzamentos.
.-Vivenda
Social .
.-Subministros
garantidos.
As
demandas da plataforma contra os cortes de luz:
.-Prohibición
legal dos cortes de luz as familias con problemas económicos.
.-Fin
os abusos tarifarios.
.-Creación
dunha auténtica tarifa social.
.-Recoñecemento
e devolución das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que
cobraron indebidamente en conceptos de custos de Transición á
Competencia (CTCs).
.-Auditoría
o sistema eléctrico.
.-Aplicación
do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual
ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.
Toda a a carne come o lobo, menos a súa que a lambe !!!
Una muller dando a coñecer a súa situación crítica nun país con recursos suficientes pero cheo de ladróns.
Para algúns dos presentes, a verdade, CONTRASTABLE, é un spich ideolóxico, iso si voto a favor porque os pobres hai que tratalos ben, non se vaia a saber como penso. Para outros sinxelamente ignorala; levan anos enchendo as súas barrigas sen dar pau a auga e vendendo os recursos do seu país o mellor ofertante . Pena dos que "representaban o Socialimo" e se abstiveron ante a POBREZA ENERXÉTICA.Toda unha declaración de intencións...¡ Non é Non !!!! ( e esta xente está en política).
Non nos enganaran ( Jacome vai por vostede) quen di estar favor da xente, honrada que padece os abusos do sistema neoliberal, mentres se mantén na equidistancia e incluso no "silencio cómplice "cando se está ROUBANDO o que é de todas.
Os menos comprenden o que é de sentido común. Gazas por cedernos o voso tempo e grazas por empatizar cos neguen, vos e nos hoxe fomos A SÚA VOZ !
Resumido: Bailade Malditos!
Nos pomos a música e a quen o mereza darémoslle un premio !!
Xa coñecen a Historia, non desafíen o Futuro.
Resultados da moción contra a pobreza enerxética:
A Favor: BNG e D.O.(tensa e inecesaria dialéctica con Jacome)
En Contra: Partido Popular.
Abstencións: Psoe. (increíble esta abstención A GRAN COALICIÓN existe de facto. Votar a favor desta proposta na Deputación non supuña ningún compromiso extremo) ABSTERSE ante a pobreza enerxética !!!!!!!!. A sombra de Felipe González, e o que representa en Gas Natural Fenosa, e moi moi longa.
Toda a a carne come o lobo, menos a súa que a lambe !!!
Una muller dando a coñecer a súa situación crítica nun país con recursos suficientes pero cheo de ladróns.
Para algúns dos presentes, a verdade, CONTRASTABLE, é un spich ideolóxico, iso si voto a favor porque os pobres hai que tratalos ben, non se vaia a saber como penso. Para outros sinxelamente ignorala; levan anos enchendo as súas barrigas sen dar pau a auga e vendendo os recursos do seu país o mellor ofertante . Pena dos que "representaban o Socialimo" e se abstiveron ante a POBREZA ENERXÉTICA.Toda unha declaración de intencións...¡ Non é Non !!!! ( e esta xente está en política).
Non nos enganaran ( Jacome vai por vostede) quen di estar favor da xente, honrada que padece os abusos do sistema neoliberal, mentres se mantén na equidistancia e incluso no "silencio cómplice "cando se está ROUBANDO o que é de todas.
Os menos comprenden o que é de sentido común. Gazas por cedernos o voso tempo e grazas por empatizar cos neguen, vos e nos hoxe fomos A SÚA VOZ !
Resumido: Bailade Malditos!
Nos pomos a música e a quen o mereza darémoslle un premio !!
Xa coñecen a Historia, non desafíen o Futuro.
Resultados da moción contra a pobreza enerxética:
A Favor: BNG e D.O.(tensa e inecesaria dialéctica con Jacome)
En Contra: Partido Popular.
Abstencións: Psoe. (increíble esta abstención A GRAN COALICIÓN existe de facto. Votar a favor desta proposta na Deputación non supuña ningún compromiso extremo) ABSTERSE ante a pobreza enerxética !!!!!!!!. A sombra de Felipe González, e o que representa en Gas Natural Fenosa, e moi moi longa.
martes, 13 de decembro de 2016
O 21 DE DECEMBRO SAÍMOS A RÚA EN TODO O ESTADO!
https://nomascortesdeluz.org/movilizaciones.php (listado de cidades)
https://nomascortesdeluz.org/
https://nomascortesdeluz.org/movilizaciones.php (listado de cidades)
https://nomascortesdeluz.org/
Varias organizacións sociais e políticas facemos un chamamento a
cidadanía de Ourense a sair a rúa o mercores 21 de decembro a
secundar a mobilización promovida pola Plataforma estal
https://nomascortesdeluz.org/ . En Ourense dan apoio a mesma:
Amigos da Terra, C.G.T, C.I.G, C.U.T, Plataforma Feminista Galega,
Stop-desafiuzamentos, S.T.E.G, Anova, B.N.G, Esquerda Unida, Ourense
en Común, P.C.P.E, Podemos, Vamos (Podemos).
Logo da crise enerxética da
década dos 70 do século pasado, creouse un Marco Legal Estable que
consistía nun conxunto de normas legais que mantiñan un equilibrio
entre as gananzas das produtoras e distribuidoras e o prezo os
consumidores.
Foi no ano 1997 coa reforma
neoliberal feita por José María Aznar que se comeza a privatizar o
sector enerxético creando grandes corporacións abertas a busca de
negocio de capitais privados. Dende este momento os consumidores
vimos soportando subas continuadas dos recibos.
Dende a de a década dos 90 do
pasado século levamos entregado preto de 80.000 millóns€, pagados
nos recibos, en varios conceptos, un diles o chamado déficit
tarifario, do cal intencionadamente non se nos informa. Mentres nos
din que hai iste déficit, as grandes suministradoras estatais,
Iberdrola, Gas Natural Fenosa e Endesa tiveron 56.000 millóns € de
ganancias no pasado ano.
Cremos que xa vai sendo hora de
comezar a por freno esta situación, mentres uns se inflan a gañar
diñeiro, CON RECURSOS NATURAIS DE TODAS, moitas familias non teñen
auga nin luz.
Chegan a producirse mortes
directamente relacionadas coa falta diste recuros básicos, como os
recentes caso veciño de Ourense que finou queimado, e o seu irmán
que quedou con queimaduras graves pola mesma razón. En Reus unha
anciá finaba queimada polo lume causado po unhas velas, logo de que
Gas Natural Fenosa cortara o suministro eléctrico.
E por esto que se fai
imprescindible a paralización dos cortes de luz e suministros a
familias con problemas económicos. Queremos poñer fin aos abusos
que afectan a un servizo esencial, polo que esiximos ao Goberno que
regule unha tarifa alcanzable á que poidan acollerse todos os
consumidores domésticos e unha auténtica tarifa social para
familias con baixos niveis de renda.
Resulta urxente que España
respecte os compromisos adquiridos no marco internacional e garanta o
cumprimento do artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos e a Observación xeral Número 4 do Comité de Dereitos
Económicos, Sociais e Culturais, segundo as cales un nivel de vida
digno require dunha vivenda adecuada con acceso a subministracións
básicas como luz, auga e calefacción.
Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre
subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a
protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en
períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo
de 2009).
Polo exposto reclamamos:
1. Prohibición legal de todos os
cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas
deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das
familias que non abonen os seus recibos. Se sofren vulnerabilidade
económica, non poderán cortarlles a subministración e o custo será
asumido polas compañías.
2. Fin aos abusos tarifarios.
Aprobación dunha tarifa alcanzable, regulada polo Goberno, á que
poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira
residencia.
3. Creación dunha auténtica
tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de
reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda,
sufragada polas eléctricas.
4. Recoñecemento e devolución
por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que
cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á
Competencia (CTCs).
5. Auditoría ao sistema
eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde
que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de
determinar o prezo real das tarifas eléctricas.
6. Aplicación do tipo de IVE
superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser
considerado un servizo esencial para a cidadanía.
Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo de 2009).
Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo de 2009).
MANIFESTO: https://nomascortesdeluz.org/ (Ourense).
O 8
de novembro finaba queimado na cidade de Ourense un ancián de 87 e
seu imán quedaba con queimaduras graves. Na cidade de Reus, en
Catalunya, unha anciá finaba nun incendio causado polas velas que
usaba para alumear a vivenda logo de que Gas Natural Fenosa cortara o
suministro eléctrico, sin coñecemento previo, nos servizos sociais,
da súa precariedade económica. Casos coma istes son os que nos
alertan, pero son moitas as familias que viven na angustia permanente
que produce a pobreza enerxética. A Situación crítica que vive
unha boa parte da sociedade, logo da gran estafa financeira, eleva o
numero de suicidios ata ser a primeira causa de morte por diante dos
accidentes de circulación.
Todo
iste sufrimento e un contexto social e económico como o que estamos
a vivir obrígannos a todas a seguir a loitar e a reclamar... a
paralización dos cortes de luz e suministros a familias con
problemas económicos. Queremos poñer fin aos abusos que afectan a
un servizo esencial, polo que esiximos ao Goberno que regule unha
tarifa alcanzable á que poidan acollerse todos os consumidores
domésticos e unha auténtica tarifa social para familias con baixos
niveis de renda.
Desde
o estalido da crise en 2007 a pobreza enerxética converteuse nun dos
principais problemas sociais e económicos en todo o Estado, ao
sumarse ao desemprego e á redución de salarios unha escandalosa
subida da tarifa eléctrica.
7
millóns de persoas teñen dificultades para pagar a factura da luz e
máis de 5 millóns quedarán sen calefacción durante este inverno.
Aínda que cada ano morren en España máis persoas por falta de
subministracións nos seus fogares que por accidentes de tráfico, os
afectados pola pobreza enerxética seguen sendo invisibles.
Causa
importante desta grave situación atópase nos aumentos
indiscriminados das tarifas da luz. Tan só no últimos seis meses, o
recibo encareceuse nun 25%. As grandes compañías néganse
sistematicamente a realizar unha auditoría que permita determinar os
custos reais da produción eléctrica e promoven un sistema que
favorece a especulación. É imprescindible que haxa maior
transparencia para poder acabar cos abusos na factura eléctrica.
As
tres maiores eléctricas embolsáronse máis de 56.000 millóns de
euros en beneficios desde o inicio da crise, mentres sosteñen unha
débeda millonaria coa cidadanía. Entre 1998 e 2006, as grandes
eléctricas cobraron ilegalmente máis de 3.500 millóns de diñeiro
público en concepto de Custos de Transición á Competencia (CTCs).
As
dúas sentenzas ditadas o pasado outubro polo Tribunal Supremo polas
que se anula o sistema de financiamento do bono social evidencian o
fracaso do actual modelo enerxético, obrigando aos usuarios para
indemnizar ás eléctricas con máis de 500 millóns.
Ademais,
o actual bono social non soluciona o problema da pobreza enerxética,
xa que segue supoñendo unha tarifa moi elevada e nin sequera
aplícase por criterios de renda. Trátase dunha medida meramente
cosmética que deixou fóra a dúas terceiras partes das persoas
afectadas, á vez que subvenciona a fogares con rendas altas.
Pola
súa banda o oligopolio eléctrico abusou da súa situación de
privilexio vulnerando os dereitos dos consumidores. Necesitamos
acabar coa dramática situación de pobreza enerxética que viven
millóns de persoas no noso país.
Resulta
urxente que España respecte os compromisos adquiridos no marco
internacional e garanta o cumprimento do artigo 25 da Declaración
Universal dos Dereitos Humanos e a Observación xeral Número 4 do
Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, segundo as
cales un nivel de vida digno require dunha vivenda adecuada con
acceso a subministracións básicas como luz, auga e calefacción.
Do
mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre
subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a
protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en
períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo
de 2009).
Polo
exposto reclamamos:
1.
Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas
económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración
para comprobar a situación das familias que non abonen os seus
recibos. Se sofren vulnerabilidade económica, non poderán
cortarlles a subministración e o custo será asumido polas
compañías.
2.
Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa alcanzable,
regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os
consumidores domésticos na súa primeira residencia.
3.
Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual
bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias
con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.
4.
Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas
dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos
de Custos de Transición á Competencia (CTCs).
5.
Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos
custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do
sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas
eléctricas.
6.
Aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade,
pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial
para a cidadanía.
mércores, 7 de decembro de 2016
Los Nadies
Sueñan las pulgas con comprarse un perro
y sueñan los nadies con salir de pobres,
que algún mágico día
llueva de pronto la buena suerte,
que llueva a cántaros la buena suerte;
pero la buena suerte no llueve ayer, ni hoy,
ni mañana, ni nunca,
ni en lloviznita cae del cielo la buena suerte,
por mucho que los nadies la llamen
y aunque les pique la mano izquierda,
o se levanten con el pie derecho,
o empiecen el año cambiando de escoba.
Los nadies: los hijos de nadie,
los dueños de nada.
Los nadies: los ningunos, los ninguneados,
corriendo la liebre, muriendo la vida, jodidos,
rejodidos:
Que no son, aunque sean.
Que no hablan idiomas, sino dialectos.
Que no profesan religiones,
sino supersticiones.
Que no hacen arte, sino artesanía.
Que no practican cultura, sino folklore.
Que no son seres humanos,
sino recursos humanos.
Que no tienen cara, sino brazos.
Que no tienen nombre, sino número.
Que no figuran en la historia universal,
sino en la crónica roja de la prensa local.
Los nadies,
que cuestan menos
que la bala que los mata
Eduardo Galeano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)