sábado, 21 de febreiro de 2015


Este luns día 23 ás 10:00 da mañá procederase o desafiuzamento dunha familia con dous fillos de 1 e 18 anos dunha vivenda situada na Rúa das Caldas nº1.

Por tratarse dun desafiuzamento por inpago de aluguer e entendendo Stop-desafiuzamentos Ourense, logo de tratalo en asemblea, que non corresponde a un particular garantir o dereito a vivenda si non as administracións públicas, concretamente e competencia da Xunta de Galicia, proporcionar vivenda de protección social suficiente para frear a dramática situación actual que están a vivir moitas familias como a que este luns se despexa.

Estaremos acompañando esta familia nun dos peores momentos polos que pode pasar para facer visible o incumprimento do obriga constitucional de proporcionar vivenda digna os seus cidadás. Facemos un chamamento a cidadanía de Ourense a mobilizarse con nos este día para demandar que a xunta de Galicia cumpra coas obrigacións que lle son propias.

Tamén lembramos que Ourense lidera a media estatal de vivendas baleiras cun 22,7% do total, 55.936 de 245.970. ante a pasividade do Presidente da Xunta de Galicia que prometera 500 vivendas de alugueiro social.

¡ Nin xente sen casas, nin casas sen xente !




María contacta coa plataforma o 20 de xaneiro, ten unha débeda por inpago de alugueiro de 2170€ a que non pode facer fronte con unha risga de 500€, que lle foi recentemente asignada, coa que ten que asumir os gastos de 310€ de aluguer, suministros de auga, luz e alimentar a súa familia. A propietaria, arrendadora, da vivenda xa ten iniciado un procedemento de desafiuzamento-expres tras 7 meses de inpago.

O día 30 de xaneiro Stopdesafiuzamentos presenta un escrito dirixido os servizos sociais do Concello de Ourense e outro dirixido a delegación de vivenda da Xunta de Galicia (IGVS) explicando a situación de María e facéndolles saber que o día 23 está previsto, pola vía da nova lei de desafiuzamentos express, o lanzamento de María e a súa familia.

Mentres o colectivo stop-desafiuzamentos Ourense tenta mediar coa dona do piso, que mantén unha aptitude comprensiva coa situación de María, pero finalmente no se da chegado a una acordo e séguese adiante co desafiuzamento que se executará iste luns.

No último día, o venres 20, isto amosa o interese da Xunta en darlle unha solución, a Delgada do IGVS concédelle unha entrevista a María para ofrecerlle, vivenda en Castro Caldelas ou en Carballeda de Valdeorras, están son as vivendas sociais que ofrece a Xunta en Ourense, sen importarlle o desarraigo ou as posibilidades de atopar traballo nestas vilas coas que non ten ningún tipo de relación.

É un feito acreditado que a ausencia de residencia leva consigo na practica a imposibilidade de exercer outros dereitos e impide ás persoas afectadas realizáranse, tanto profesional como familiarmente e en moitos casos supón a condena á exclusión e marxinación social e económica.

Unha vez máis lembramos, e non cansaremos de facelo, ante a pasividade da Xunta, o 18% das vivendas da Galiza están baleiras. Ourense lideraba a media estatal de vivendas baleiras en 2011, cun 22,7% do total, 55.936 de 245.970; Asemade medra o parque de vivendas non vendidas que quedan en poder das entidades financeiras.

O Presidente da Xunta de Galicia asinou un convenio co Consello Xeral do Poder Xudicial e FEGAMP para a detección de casos de familias en situación de especial vulnerabilidade e prometeu 500 vivendas para Galiza. A si mesmo o Presidente Mariano Rajoi asina outro convenio con 36 entidades financeiras para creación dun parque de vivenda social. ¿ ONDE ESTÁN ESAS VIVENDAS María precisa unha ?


A SAREB (banco malo) a maior inmobiliaria de Europa apalanca vivenda que as entidades financeiras non conseguen vender, para que non baixen os prezos do mercado, negándollas as persoas que as precisan a uns prezos razoables, incumprindo así as encomendas do artigo 47 da constitución. Sustentando os balances destas entidades con diñeiro público e continuando así coa estafa. Chegando a inxectar 200.000 millóns de euros dende o comezo da estafa.

O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense tendo claro que si existen recursos económicos pero que se están a destinar para seguir a alimentar operacións inmobiliarias especulativas esíxelle o presidente da Xunta de Galicia que cumpra de unha vez coa promesa que fixo de proporcionar 500 vivendas de alugueiro social para rematar con situacións como a que vive María.

¡ grazas por acompañarnos !




Ningún comentario:

Publicar un comentario