Xuntanza da Coordinadora Galega de PAHs e STOPs - Plataformas Anti-Desafiuzamentos da Galiza
O sábado 21 de Febreiro, vai ter lugar en Compostela, unha nova
xuntanza das plataformas anti-desafiuzamentos da Galiza. No
bar-restaurante As María (San Clemente,
32 - ver mapa). Antes da xuntanza, no mesmo lugar, mais sobre as 10 da
mañá, está convocada unha rolda de prensa onde se dará conta da nosa
actividade e previsións.
Trata-se da primeira xuntanza, despois
das mobilizacións coordenadas contra a criminalización e a represión
dos movimentos sociais, para denunciar a represión que se está exercendo
contra loita contra os desafiuzamentos. Mobilizacións celebradas a
finais do pasado ano, pois a represión policial directa e as multas,
están caendo sobre as nosas plataformas que loitan polo dereito humano a
unha vivenda digna e adecuada, así como contra especulación financeira e
inmobiliaria.
As plataformas de stop desafiuzamentos e
afectad@s pola hipoteca, da Galiza, reúnen-se para coordinar asuntos de
importancia para o movemento anti-desafiuzamentos, como a valoración da
evolución do activismo en cada PAH/STOP desde a anterior xuntanza; ou a
valoración das accións coordenadas realizadas contra a Lei Mordaza, e
propostas de novas accións conxuntas. Tamén imos debater sobre a
oportunidade de volver a promover unha IPL en defensa do dereito á
vivenda, que incorpore tamén medidas contra a pobreza enerxética.
Constituír grupos de traballo e coordinar a nosa participación na
próxima asemblea estatal da PAH, o 7 de marzo, en Xixón. Debater sobre
as posibilidades que pode presentar o período previo ás eleccións
municipais do 24M para difundir e defender o dereito á vivenda fronte e a
través dos concellos. E por último perfilar novos métodos para avanzar
na coordinación das PAH/STOP galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario