¡ DEMASIADO TARDE !
O 3
de xuño de 2013 Logo de varias xuntanzas da comisión cidadá
composta por entidades do terceiro sector social da cidade, polo
colectivo stop-desafiuzamentos e por formacións políticas con e sen
representación política no Concello de Ourense, creada dentro do
marco do pacto cívico do concello de Ourense aprobase unha moción
recoñecendo a problemática dos desafiuzamentos que están a vivir
varias familias e que ía en aumento.
No
punto 4 acordase a creación dunha comisión técnica, integrada por
un representante dos S.S do Concello un técnico municipal dos S.S,,
un psicólogo, un educador social, unha traballadora social, un
avogado, un representante do concello, un representante da Xunta de
Galicia, un representante do Colectivo Stop-desafiuzamentos, unha ou
varias persoas afectadas por desafiuzamentos.
Dende
a primeira xuntanza o representante da Xunta de Galicia non se
presentou as reunións desta comisión técnica de seguimento
integral das persoas afectadas por desafiuzamentos.
Debemos
lembrar que o Estatuto de Autonomía de Galicia, non seu Titulo II,
Capitulo I, artigo 27.3, di que corresponde á Comunidade Autónoma
galega a competencia exclusiva en materia de Ordenación do
territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.
A
postura do Concello de Ourense non amosou moito máis interese,
movéndose máis pola presión social que polo interese que lle
debería ser propio a quen representa a cidadanía de Ourense. Diste
xeito solo se fixeron dúas xuntanzas desta comisión técnica
deixando de funcionar pola falla de interese do Concello e Sobre todo
da Xunta onde recae a política de vivenda.
O
motivo deste comunicado e sinalar a falta de ética que supón que
unha formación política como o PSOE, xa en precampaña electoral
diga, logo de que no congreso sacasen adiante a lei de desahucios
express sen ir acompañada de garantías precisas para facer efectivo
o dereito a unha vivenda digna; Que logo de 4 anos de política
municipal sen tomar medidas concretas, como declarar o Concenllo de
Ourense libre de desafiuzamentos ou de premer as entidades
financeiras con vivendas baleiras na SAREB (Banco Malo), ou de
esixirlle a Xunta de Galicia máis vivenda social, nos veña agora
con propaganda electoral dicindo.
“PONDREMOS OFICINAS ANTIDESAHUCIOS PARA ASESORAR A AFECTADOS Y
MEDIAR CON BANCOS”.
Tivo
4 anos para facelo e non o fixo...¡ DEMASIADO TARDE !.
Ningún comentario:
Publicar un comentario