Stop-desafiuzamentos
Ourense
10 de Xullo 2015
O 29
de maio o colectivo stop-desafiuzamentos, representado nun dos
compañeiros do memo, acompaña a unha familia a sucursal de ABANCA
na rúa Pena Trevinca 22 coa intención de coñecer o problema da
mesma e axudarlle a buscar unha solución.
Dende
o momento que entramos na oficina do director desta sucursal amosa
unha actitude de absoluto desprezo e prepotencia con esta familia e
co a compañante do colectivo.
Ante
a situación vivida decidese en asemblea que este desprezo non debe
quedar sen resposta e en asemblea acordase organizar unha
concentración de protesta diante desta sucursal o día 1 de xullo,
facéndoa coincidir coa entrada en vigor da “lei anti protesta”
“lei mordaza”. Antes do remate desta concentración entramos a
oficina a presentar unha reclamación por escrito e recíbenos o
director de zona de ABANCA. Temos unha reunión con esta persoa que
transcorre nun ton comprensivo e respectuoso e desculpase polo trato
dado esta familia polo director desta sucursal. Tamén se acorda
unha reunión para o luns dia 6 as 10 da mañá.
O
pasado luns día 6 atopámonos co que o director de zona fora
despedido por ABANCA parece ser...”por ser demasiado brando e dicir
a todo que si“.
Queremos
facer público o noso absoluto rexeitamento a os xeitos dos
directivos de ABANACA, últimos responsábeis desta entidade
financeira. Temos que soportar abraiados como o D.r de zona que trata
os clientes con respeto resulta despedido mentres o D.r da sucursal
con un comportamento de absoluto desprezo esta familia, que foi en
definitiva xunto con outras que pagou o seu salario, non resulta nin
apercibido.
Non
pretendemos facer escarnio con ningún traballador pois todas podemos
ter un mal día, pero houbo tempo para desculparse.
Ante
a actitude de ABANCA e do D.r desta sucursal que a día de hoxe non
amosou nin o máis mínimo interese en desculparse e acolléndonos a
lei 2/2012 de 28 de marzo de protección das persoas consumidoras e
usuarias, no seu artigo 11) entre os dereitos básicos dos
consumidores no seu apartado h) reza: Dereito a ser
tratados con corrección e respeto nas relacións de consumo
elevamos queixa formal a administración a través de consumo, e a
atención o cliente de ABANCA, por posible comisión dunha falta
grave.
Tamén
pedimos que a sociedade REFLEXIONE e pense que o trato dado esta
familia podían dárnolo a calquera de nos, e REACCIONE.
O
slogan comercial de ABANCA entidade intervida con 9000 millóns de €
de diñeiro público, débeda privada transformada en pública, non é
máis que amofa a cidadanía galega. NON VEMOS REN DE SENTIDO COMÚN
SO VEMOS ABUSO E PREPOTENCIA.
FACEMOS
UN CHAMAMENTO A SOCIEDADE GALEGA A MEDITAR SOBRE A CONFIANZA QUE
DEPOSITAN NESTA ENTIDADE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario