¡ A BANCA ! ¿Sentir común?...
Onte 23 véspera de noite boa, un compañeiro con unha enfermidade grave, con leucemia, tratándose con quimio entrando e saíndo no hospital para recibir este tratamento, con un fillo menor de idade, recibe un auto xudicial do Xulgado nº 5 de Primeira Instancia comunicándolle que se continua co procedemento para lanzalo da vivenda na que reside. Xa fora freado o día 20 de novembro, e non se cortan en ABANCA, nin os xulgados EN PLENO NADAL E CON UNHA ENFERMIDADE GRAVE, logo de saneala con 9000 millóns de € de diñeiro público e dando xa beneficios en 2013 de 1200 millóns de € antes de impostos.
Lembramos que
este compañeiro vive nunha casa que era do seu pai que tiña unha pequena
empresa que foi a menos na crise e para aguantar e non despedir pediu
créditos quedándoselle ABANCA con 2 casas e 1 piso. Nunha destas
vivendas é onde vive o noso compañeiro. Contactou con nós recéntemente,
nunca teríamos permitido que se quedaran coas 3 vivendas. Agora
reclamáselles un aluguer social e négano dicindo que el está nesta casa
de ocupa por non ter contrato legal de aluguer co seu pai.
¿FOI LEGAL A QUEBRA DAS CAIXAS DE AFORRO? ¿ESTÁ PAGANDO ALGUÉN CADEA E VOLTANDO O ROUBADO?
A situación de abuso á que nos teñen sometidas non pode seguir así. ¡Maldecidos sexan!
Somos nós os cidadáns os que debemos tomar a iniciativa contra estes abusos. DEBEN PAGAR POLA QUEBRA DAS CAIXAS DE AFORRO.
NON TEN SENTIDO COMÚN NIN DIGNIDADE QUEN MANTÉN OS AFORROS NA ENTIDADE QUE OS ROUBOU.
¡Meditade e compartide !
¡Bo Nadal e pensade que non todos poden desfrutar das festas tranquilos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario