xoves, 11 de febreiro de 2016



CRONOLOXÍA DO PRÓXIMO DESAFIUZAMENTO.
Do Estado de dereito, dos servizos sociais, da falta de recursos económicos e dos tìteres terroristas.

O 29 de xaneiro.
Ponse en contacto co colectivo unha familia composta por tres membros un pai o que chamaremos Xan, unha nai a que chamaremos María (nomes figurados) con unha nena de 7 anos. Residen nun piso de aluguer que custa 250€ mensuais.

Ata fai 3 anos a situación económica desta familia era relativamente estable. No ano 2012 Xan vaise o PARO e pasa a cobrar durante 10 meses 310€, difícil manter a unha familia con estes ingresos. Rematado o paro cobra durante 18 meses unha “AXUDA FAMILIAR” de 213€. Rematada esta axuda solicita o “PREPARA”, mentres a aproban está 2 meses sen ingresos, mantéñense co apoio dos pais de Xan. Comeza o cobro da axuda do Prepara de 426€ rematada esta axuda está 8 meses sen ingresos, nesta ocasión a axuda do pai de Xan vese minguada o ires o paro o seu irmán e ter que repartir o esforzo.

Neste período suspende os pagos do aluguer da vivenda e dos recibos de suministros acumulando 3 meses de débedas.

Actualmente cobran a axuda “ACTIVA” de 426€ dende o mes de decembro, con estes ingresos non poden pagar as débedas e subsistir. Fai 15 días cortáronlles os suministros de auga, o suministro eléctrico conseguimos recuperalo pero estivo 15 días sen auga.

Hai que aclarar que acoden a servizos sociais do Concello para pedir axuda para o pago dos recibos, ás cales parece non ter dereito por estar os mesmos a nome da propietaria da vivenda.

O 1 de febreiro:
Presentamos escrito na Delegación de Vivenda da Xunta de Galicia (IGVS) e outro dirixido os servizos sociais do Concello de Ourense, como é sabido dúas administración politicamente dirixidas polo Partido Popular. Nestes escritos dáselle coñecemento as dúas administracións, local e autonómica, da situación desta familia e solicitase vivenda de protección social. Sabemos por outras ocasións que A xunta non ten vivenda social para persoas desafiuzadas por impago de aluguer; PERO É NATUREZA DISTE COLECTIVO A DEMANDA DE VIVENDA DIGNA E A PREZO ASUMIBLE, PARA FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS, ASÍ COMO A LOITA CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA, QUE VAI LIGADA A LOITA POLO DEREITO A VIVENDA.

Este mesmo día a traballadora social da súa zona,abrindo un oco na súa axenda, detalle de agradecer, ante a urxencia do caso, faille unha entrevista e comunícalle que tanto os recibos atrasados de impago do aluguer como os de suministros se poden pagar con unha “axuda de emerxencia” que cando menos demora un mes en concederse.

O día 2 de febreiro:
Ante o escrito presentado na subdelegación de Vivenda (IGVS) a Delegada de Vivenda concédelle unha entrevista a Xan o día 2 e a María o día 3 de febreiro (por separado). Nesta entrevista a delegada de vivenda lémbralles que teñen unha menor a seu cargo, de 7 anos, e que deben garantir a correcta hixiene da menor. Coméntanos Xan e María que se sentiron coaccionados o falarlles de que menores podía retirarlles a tutela da súa filla. Dilles que intentará restaurar os suministros.

O día 5 de febreiro:
Ante a desesperación e o medo desta parella a perder a tutela da filla e tendo en conta que a media
maña non se re-establecera o servizo de auga e entravamos en fin de semana, pomonos en contacto coa empresa suminitradora VIACUA . Temos que remarcar a total colaboración e o bo trato recibido polo inspector de contadores e pola xefa de oficinas, as súas persoas que nos atenderon.

Facémoslles saber que se trata dunha familia con escasos recursos económicos que acumularon débedas que agora non poden afrontar e que precisan tempo para buscar solucións.

Explícanos a xefa de oficinas que a política de empresa e de non cortar suministros nos casos de persoas con poucos recursos pero o estar o recibo a nome da propietaria E NON RECIBIR NINGÚN AVISO O LONGO DA SEMANA DOS SERVIZOS SOCIAS (enténdase que obxectivamente non correspondería esta axuda, por estar o recibo a nome da propietaria, pero a delegada precisou que tiñan que garantir a hixiene da menor; logo como se explica que Viacua non tivera coñecemento dos servizos sociais, diste caso, a venres e preto do peche de oficinas, logo de comprobalo esta mañá, tampouco a data de hoxe; Entendemos que si o colectivo no fixera a xestión seguirían sen auga). Preto do peche de oficinas María e Xan tiñan auga na súa vivenda.

A data de hoxe:
Estamos a espera dunha axuda de “emerxencia” , que demora un mes, mínimo, en ser aprobada. E que debería cubrir os gastos de auga e aluguer, non sabemos a cantidade, e que irían a conta da propietaria e da empresa VICUA. Tamén esperamos a decisión da representate da Xunta de Galicia en Ourense para que cumpra coa obriga constitucional e proporcione unha vivenda de protección social.

A propietaria de vivenda como é de esperar, en calquera momento, comezará cun proceso de desafiuzamento expres por vía xudicial e teremos unha familia máis con menores na rúa mentres as administracións seguen a afogalas en burocracia e a obrigalas a competir por recursos elementales para a subsistencia destinando os, nosos impostos, recursos públicos a tapar os furados económicos de corruptos varios e de banqueiros.

ACLARACIÓNS:
O colectivo Stop desafiuzamentos Ourense nos casos de desafiuzamentos por impago de aluguer a unha propietaria particular onde se ven claramente enfrontados o dereito a propiedade e o dereito a vivenda recollido no artigo 47 da CE entre os dereitos fundamentais. Consideramos no seu moomento en decisión asamblearia que, nun estado de dereito ben entendido, debe ser a administración quen de solución o problema, garantindo en calquera caso que ningunha familia quede na rúa, e sendo dilixente na busqueda de solucións, de tal xeito que non se vexan familias competindo por recursos básicos e sometidos a presións constantes.

Como e costume lembramos que en Galiza hai 300.000 vivenda valeiras 15.000 delas en Ourense e que se levan empregado no rescate a entidades financeiras máis de 200.000 millóns de euros, que a SAREB sigue apalancando vivenda para ampliar o negocio, sustentado con diñeiro público chegando a vender vivenda social a fondos voitre, que pagamos 36.000 millóns de € anuais dunha débeda xerada por especuladores corruptos nunha burbulla inmobiliaria xerada coa reforma de Lei do chan feita por José María Aznar no ano 1998 des-regularizando o uso do chan, encontra do exposto na constitución, coa única intención de facer negocio.


CONCLUSIÓNS:
Que se fan evidentes no caso de Xan e María un dos preto de 90 que levamos coñecido en Ourense.

1º)- Os invisibles os neguen, podemos ser calquera en calquera momento, vense obrigados a competir por recursos básicos, que deberían estar garantidos, para poder subsistir. Mentres rescatamos corruptelas varias, bancos, damos axudas para mercar Mercedes, axudamos a que e paguen vacacións dende a Deputación nos balnearios dos seus amigos.

Cremos que unha renda básica única, ben xestionada, e enmarcada nun plan de busca activa de emprego, ben deseñado, é fundamental nunha sociedade enfrontada o fin dunha revolución industrial e hiper-automatizada incapaz de xerar emprego estable con salarios dignos. De no facelo a tempo a sociedade terminará demandando pola forza.

2º)- Como temos dito noutras ocasión observase un estado de dereito falido pois tanto o dereito a vivenda digna, irrenunciable para o noso colectivo, como o dereito a propiedade vense danados ante a falla de iniciativas eficaces das administracións. Elixindo normalmente o rigor no cumprimento do dereito a propiedade por enriba dos dereitos humanos.

3º)- Consecuencia do punto anterior vemos un sistema xudicial que se permite levar o extremo a interpretación, tendo recursos medios si observa algo reprobable, dunha lei para tratar de terroristas a uns titiriteiros. Deteñen a un mozo na cidade de Ourense en pleno carnaval, por facer mofa satírica do tema, e miran de imputalo por terroristas, mentres especuladores e corruptos e se pasean polas rúas. O mesmo tempo día tras día vemos a familias en situacións verdadeiramente terroríficas que rematan con morte por suicidio por mor dunha mala xestión duns recursos públicos en favor dunha elite corrupta.

Grazas pola vosa atención e boa noite !



Ningún comentario:

Publicar un comentario