xoves, 10 de marzo de 2016


Evento:
https://www.facebook.com/events/1044866865577513/

O colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense chama a cidadanía a participar nunha concentración de protesta que terá lugar o día 11 de marzo as 12.00' na sucursal de Bankia na rúa Juan XXIII, número 23.

Neste caso, Bankia négalle a unha muller a posibilidade de pagar unha débeda de 7000€. Stop-desafiuzamentos intentou en todo momento chegar a un acordo, e a afectada NUNCA SE NEGOU a pagar. Intenteouse negociar a débeda pero Bankia impediu a posibilidade de acordo.

Agora PODE PAGAR E NON se lle permite!!!
Unha vez máis a usura dos bancos interponse no benestar dos cidadáns.

¡ PODERÍASEMOS SER CALQUERA! ¿VÁMOLO PERMITIR ?
Pasan os anos pero o escenario non mudou seguimos nunha situación crítica consecuencia dunha estafa inmobiliaria masiva baseada nun sistema corrupto dende a súa base.


NON ENTREMOS EN SOCK, NON NOS RINDANOS, CLAMAMOS A SOLIDARIEDADE DOS VECIÑOS DE OURENSE.

Estase a rescatar os bancos máis os bancos e as institucións públicas non axudan nin comprenden a realidade da poboación.




A finais de 2014 contactounos unha familia afectada por un posible desafiuzamento, por impago de cota hipotecaria pola cantidade de 7000€, coa entidade financeira Bankia. En xaneiro do ano 2015 presentouse un escrito acolléndose a negociación no marco do Real Decreto ley 6/2012. No mes de maio de 2015 a entidade financeira Bankia acepta a solicitude e fai unha proposta que esta familia considera razoable. No mes de setembro de 2015 o mediador hipotecario da oficina que levara o caso en Ourense é desprazano a Oviedo.

Asignase unha nova mediadora en Vigo, coas dificultades que isto ten para esta familia, pero ademais esta nova mediadora de Bankia, nunha aptitude carente de empatía, negase a aceptar as condicións anteriormente propostas pola entidade, por escrito, pretendendo que esta familia pague unha cota que neste intre resulta inasumible para a mesma.

A actitude desta entidade financeira intervinda con 22.000 millóns de € de diñeiro público , de fato nacionalizada, por tanto pertencente a cidadanía. Non lle permite a unha familia facer os pagos a medidas das súas posibilidades.

Non vamos a consentir este abuso terémolos que facer comprender que hai que actuar con sentido de responsabilidade e axudar a quen che axudou.

O goberno saínte ante estas situacións sigue repetindo o mesmo mantra, que a economía vai ben , para tentar, a desesperada, que o seu discurso cale e seguir a defender os interese destas elites corruptas que disfrutaron, tempo demáis , dos beneficios das TARXETAS BLACK, capaces de cambiar postos de traballo por sexo.
https://ninundiamais.wordpress.com/

Nada menos que Rodrigo Rato un ex-ministro de economía, que debería ter sido un exemplo, estaba “presuntamente” defraudando o seu pais en beneficio propio. Esta é a magnitude do abuso a esta familia, fronte a dilixencia con ex D.r de Bankia, Rodrigo Rato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario