venres, 9 de febreiro de 2018


O 22 DE FEBREIRO DESPEXAN EN OURENSE A UNHA MOZA DE 29 ANOS CON UNHA CRIANZA DE 2 ANOS.

OS GOBERNOS NEOLIBERAIS DO PARTIDO POPULAR SEGUEN RESCATANDO BANCOS CON DIÑEIRO DA SANIDADE, EDUCACIÓN E PENSIÓNS MENTRAS PERMITEN QUE DESPEXEN FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS E VULNERABLES. OUTRO XEITO DE VIOLENCIA.

Dende Stop-Desafiuzamentos Ourense queremos denunciar publicamente o caso dunha moza de 29 anos, a que chamaremos María para preservar o seu anonimato. Con unha crianza de 2 anos acudiu a pedir axuda este colectivo o venres 2 de febreiro tendo previsto o despexo da vivenda para o día 22 de febreiro.

María non dispón de arraigo familiar cos seus proxenitores dende fai máis de 5 anos. O 1 de marzo de 2017 xunto coa súa parella, pai da crianza, asina un contrato de aluguer por un período de un ano, prorrogable un ano máis. En Xullo de 2017 a súa parella abandona a familia. María percibe unha RISGA (Renda de Inserción Social Galega) de 532€ condicionada a escolarización da crianza polo que ten que descontar todos os meses 265€ o pago da gardería. Dende que a parella deixa de asumir a súa responsabilidade vese na situación extrema de pagar o aluguer ou alimentarse e deixa de pagar o aluguer no mes de agosto. No mes de setembro a propietaria presenta demanda por impago de aluguer no Xulgado de Instrución correspondente. O 30 de xaneiro de 2018 dita sentencia condenando os asinantes a partes iguais a pagar as cotas atrasadas máis as costas procesais, sinalando como data do desafiuzamento e despexo da vivenda o 22 de febreiro de 2018.

É de xustiza recoñecer que na sentenza faise, de oficio, mención a vulnerabilidade desta muller e conforme o convenio de 2013 da Xunta de Galicia, CXPX (Consello Xeral do Poder Xudicial), e a F.E.G.M.P (Federación Galega de Municipios e Provincias) dáse traslado as administracións desta situación de vulnerabilidade para que proporcionen alternativa habitacional. Convenio que foi asinado logo de 4 anos de presión social dos colectivos anti-desafiuzamentos en Territorio Galego e do resto do Estado.

Stop-desafiuzamentos Ourense presentou mércores día 7 dous escritos, no Concello de Ourense e no Instituto Galego de Vivenda e Solo, solicitando vivenda social. Hoxe día 9 foi entrevistada a Familia no IGVS e ofrecéronlle un Bono de Aluguer de 200€ mensuais máis o pago da fianza e a posibilidade de anotarse como demandante de vivenda social. A próxima semana ten concedida unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Esperemos que cheguen a tempo, estaremos vixiantes para mobilizarnos si fora preciso.

O día 8 recibiu do Xulgado de Instrución que coñeceu do caso modificación de sentencia, demorando o despexo para o día 12 de marzo.

Lembrar a posición acordada en asemblea por este colectivo cando se trata de despexos por impago de aluguer a particulares. Tendo clara a posición irrenunciable diste colectivo na defensa do dereito a dunha vivenda digna e básico e de fácil comprensión que nun estado de dereito onde a propiedade está inserta na xénese do sistema a sociedade non entendería que nos defendésemos a ocupación dunha vivenda dun particular, caso distinto sería si se tratase dunha vivenda da SAREB (Banco malo), dunha entidade financeira rescatada con diñeiro público ou en xeral de calquera entidade financeira.

Nos despexos confróntanse nestes casos, entre particulares, 2 dereitos por unha banda o dereito a propiedade e pola outra o dereito a unha vivenda digna da familia que vai ser despexada. Aínda que os dous dereitos están garantidos na Constitución o dereito a vivenda goza dunha protección especial entre os dereitos Fundamentais recollidos no Titulo Primeiro “Dos Dereitos e Deberes Fundamentais” onde esta recollido o articulo 47 que regula o dereito a vivenda onde expón:
Todos os Españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoveran as condicións necesarias e estableceran as normas pertinentes para que este dereito se faga efectivo.

A propia constitución no articulo 10.2 determina como se debe interpretar este dereito e establece que será conforme a Declaración Universal de dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre a mesma materia ratificados polo Estado Español.


O articulo 10 da CE:
1.-A dignidade da persoa, os dereitos inviolábeis que lle son inherentes, o libre desarrollo da personalidade, o respeto a lei e os dereitos dos demais SON FUNDAMENTO DA ORDE POLÍTICA E DA PAZ SOCIAL.
2.-As normas relativas os dereitos fundamentais e as liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS e os tratados e acordos internacionais sobre a mesma materias ratificados polo Estado Español.

Este colectivo consensuou en asemblea que CONFORME A DEREITO corresponde ás administracións garantir o dereito a vivenda NON OS PARTICULARES.
CORRESPONDELLE AS AMINISTRACIÓN IGVS E CONCELLO ACTUAR COMO ARBITRO E PROPORCIONARLLE ALTERNATIVA HABITACIONAL ANTES DO DESPEXO.

Será logo que mobilizaremosnos para recordarlle as administracións que por lei están obligadas a proporcionen unha vivenda alternativa esta muller antes do despexo.

Desgraciadamente por experiencias anteriores o Colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense coñece o mal funcionamento das administracións a hora de proporcionar unha vivenda digna a un prezo asumible. Sabemos que na cidade de Ourense sigue sen haber vivenda social que permita a unha familia o mínimo de estabilidade para levar unha vida digna. No mellor dos casos dánselle unhas axudas absolutamente burocratizadas e que moitas veces chegan tarde. O lóxico sería ter un parque de vivenda social suficiente que permitira estabilidade para levar unha vida con dignidade onde puideran en cada momento destinar un máximo dun terzo dos seus ingresos o pago do aluguer e si puntualmente non puideran asumir o aluguer se lles posibilitara o pago fraccionado dos mesmos.

A realidade non pode ser máis distinta os gobernos Neoliberais do Partido Popular executan unha política de vivenda contraria o ordenamento constitucional encamiñada a que calquera axuda o aluguer vai a alimentar o mercado do aluguer sen importarlles e o sufrimento que pode ocasionar o non dispor dunha vivenda estable.

O articulo 47 da constitución di: Todos os Españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoveran as condicións necesarias e estableceran as normas pertinentes para que este dereito se faga efectivo, regulando a utilización do chan para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalía que xere a acción urbanística dos entes públicos.

Os gobernos do Partido Popular están incumprindo sistematicamente estes mandatos así dende o ano 1995 tiña que ter recollido no ordenamento xurídico Español a Normativa 93/13 de protección o consumidor. Podemos asegurar polo tanto que dende o ano 1995 non houbo un desafiuzamento conforme a dereito como ven de confirmar o TXUE Tribunal de Xustiza da Unión Europea en varias sentenzas que nons dan a razón sobre os abusos que se cometeron o asinar os contratos hipotecarios.

No ano 1998 Aznar reformou a lei do chan que abriu un ciclo especulativo sen precedentes que levou a quebra o sistema financeiro ante a pasividade do Gobernador do Banco de España Jaime Caruana la Corte. Posteriormente Mariano Rajoy executa un rescate bancario con diñeiro público de sanidade, educación, dependencia e pensións deixando a poboación nunha situación crítica inducida por un sock económico. A día de hoxe nin os políticos corruptos nin os banqueiros que propiciaron esta situación asumiron responsabilidades.

Pola contra séguese especulando coa vivenda apalancada polos bancos na SAREB Sociedade Para Xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria (Banco Malo). Estes activos tóxicos de difícil venta almacénanse no Banco Malo cadrando os balances desas entidades con diñeiro público a espera de que fondos Voitres a merquen a prezo de saldo. Mentres se segue a despexar familias, chegando o abuso a tal nivel de vender vivenda social estes fondos que as despexa para logo alugárllelas a prezos inasumibles.

Por si isto fora pouco o goberno do Partido Popular propiciou as creación das SOCIMI (Sociedades Cotizadas de Inversión Inmobiliaria) no ano 2014. Con un tratamento fiscal privilexiado entran a explotar o RENTISMO do mercado do aluguer propiciando a entrada no mesmo de capitais transnacionais creando dende a súa aparición unha burbulla no mercado do aluguer que non para de medrar e que xa comezou a xerar serios problemas e que é previsible que vaian en aumento. O non intervir o goberno promovendo vivenda social os prezos dispáranse. O mesmo pasa co prezo da electricidade e dos subminístraos que non deixaron de medrar dende a súa privatización no ano 1997 polo goberno de José María Aznar.


Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de dedembro do 2017 , no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados 5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos desafiuzamentos Continúa o ascenso imparable dos desafiuzamentos como consecuencia de falta de pagamento do aluguer que aumentan un 4,2%, como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que están a xerar nos prezos do aluguer o cambio a usos turísticos de vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna. Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU de xuño do pasdo ano 17, no que se establecía un prazo de 6 meses para establecer unha serie de modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno parece estar a ignorar ata o momento. Desde a PAH e os Colectivos Stop-desafiuzametos consideramos que, o Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só será posible mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de Vivenda da PAH, que se rexistrou no Congreso o 10 de xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria ata a súa aprobación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario