luns, 26 de febreiro de 2018


CASO PRÁCTICO DE ABUSO BANCARIO, nesta ocasión o Banco Santander, utilizando a cláusula de rescisión anticipada, todos os contratos de todas as entidades teñen esta cláusula, declarada abusiva polo T.X.U.E (Tribunal de Xustiza da Unión Europea) o 26 de xaneiro de 2017.



O 7 de febreiro solicítanos axuda un matrimonio que ten asinado dende o ano 2004 un préstamo con garantía hipotecaria co Banco Santander.

Solicitaron 72.000€, a pagar en 360 cotas, que rematarían de pagar no ano 2034. Dende o ano 2004 hasta a actualidade levan entregado 50.000€, a maior parte de intereses, restando por pagar de capital 35.000€.

Esta familia con unha unha filla menor a seu cargo fíxose cargo dos pagos ata xulio do pasado ano 2017 sen ningún problema. O negocio que tiñan foi a menos e xeraron unha débeda de 2600€ de cotas inpagadas do crédito hipotecario e 15.000€ a seguridade social.

A parella decide separarse e chegan a un acordo de boa fe facéndose el cargo dos pagos da débeda a seguridade social e ela continua cos pagos da cota hipotecaria residindo na vivenda coa menor.

No mes de xaneiro pretenden retomar os pagos pero atópanse con que no banco dinlles que a débeda xa non a xestiona a entidade financeira que agora ten que pagarlle a LUCANIA XESTIÓN unha empresa de recuperación de débedas.

O 9 de febreiro dirixímonos a sucursal do Banco Santander para facerlles saber que esta familia quer retomar pos pagos e chegar a un acordo que sexa razoable para as dúas partes e que impida que perdan a casa que ten case pagada.

O director da sucursal ponos o teléfono con un mediador de Lucania Gestión o que lle repetimos a intención de buscar un acordo para seguir pagando e ver como se pode negociar o pago dos 2600€ de cotas atrasadas. O mediador ante esta proposta advirte, en tono ameazante, que a única posibilidade é pagar toda a débeda atrasada. Nos solicitamoslle un mediador presencial e negase decindo que o único mediador é Lucania Xetión. Ante esta situación advertimolo que si non quere entrar en razón nos mobilizaremos para que a sociedade coñeza a aptitude do Banco Santander. O obxetivo é alonxar da familia a posibilidade de negociar a recuparación dos pagos. O colectivo non permite esto e solo recoñece como interlocutor os asinantes do contrato. Para o colectivo Sto-Desafiuzamentos Lucania Gestión non existe.

O 15 febreiro presentamos un escrito no oficina de Banco Santander onde contrataron o préstamo deixando constancia da intención de seguir co pago das cotas e buscar un acordo para pagar as cotas atrasadas en cantidades asumibles por esta muller. Tamén lle pedimos que suspendan o procedemento de execución hipotecaria si xa fora iniciado ou, non seu caso, que non o iniciaran. Advertindo que a cláusula en base a que inician o procedemento de execución fora declarada abusiva polo TXUE o 26 de xaneiro de 2017 por incumplir a Normativa Europea 93/13 de Protección o Consumidor e que estaba a espera de que o propio TXUE responda o Tribunal Supremo en cuestión plantexada sobre esta materia o 8 de febreiro do 2017.

Esta cláusula de rescisión anticipada que si non o impedimos se aplicaría este caso, pois todos os contratos hipotecarios teñen esta CLÁUSULA ABUSIVA. Permite o banco reclamarlle esta familia os 72.000€ que solicitaron cando tiñan acordado 360 cotas e un prazo de 30 anos para devolvelo. Con 6 cotas inpagadas o banco tería dereito a reclamar as cotas atrasadas e os interese de demora pero o que pretende e reclamar a totalidade do préstamo que falta por pagar máis as costas do procedemento de execución e intereses de demora nun momento de debilidade económica da familia para apropiarse da vivenda que logo volverá a vender, iso si, seguindo a reclamarlle a esa familia a débeda pendente.

Miles de familias perderon as súas vivendas sen opción por mor desta cláusula declarada abusiva por contraria a Normativa de Protección o Consumidor todo ante a pasividade dun goberno que se dedica a lexislar a favor da banca, da mesma banca que tivemos que rescatar con diñeiro da Sanidade, educación, dependencia e pensións.

Faremos todo o posible para que nesta ocasión non se repita e que esta familia non perda a súa vivenda. Si o Banco Santander non acepta un acordo razoable recordarémoslle que ten unha imaxe pública que pode deteriorarse pois son moitas familias as que lles prestan servizos que non lles gustaría que lles fixeran o que pretenden facerlle a esta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario