HOMO HOMINI LUPUS !!!
UNHA ANCIÁ DE 82 ANOS VAI A SER
DESAFIUZADA O DÍA 15 DE FEBREIRO NO CONCELLO DA RÚA DE
VALDEORRAS.
MULLER, Foxan Os Ventos:
Ti
és o milagre da terra
e, a terra é un milagre teu
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,e, a terra é un milagre teu
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
como fan no mente as bestas.
E hoxe que volto vencido,
para que eu venza ti te deitas.
O voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
en que te deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera,
quén eu era, xa non son,
e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrí falar
con palabras ben fermosas,
que nunca nos han de pagar
a nosa fame de outrora!
O HOME É O LOBO DO
HOME !!!
O día 30 de febreiro
chamounos unha chica a que chamaremos ESPERANZA. E fíxonos saber que
unha anciá de 82 anos, a que chamaremos HUMILDE INQUILINA, vai a
ser despexada da súa vivenda.
Sucede que HUMILDE
INQUILINA volveu da Arxentina fai 19 anos. A volta sen recursos, un
Tíu seu, pouco maior que ela, deixoulle unha casa que tiña en
desuso para que a habitara . Fixérono de palabra, de boa fe, eran
sangue da mesma sangue. Este home faleceu recentemente e unha irmá
súa herdou esa vivenda, é un feito, non somos nos quen para
cuestionar esta herdanza.
Pois esta “Tía” da
señora humilde Inquilina reclamoulle a vivenda e díxolle que a tiña
que abandonar que agora era dela. Humilde inquilina incrédula, nun
principio, foi aceptando os feitos e propúxolle pagarlle un aluguer
ou chegar a un acordo para poder seguir vivindo nesta casa, pois para
onde ía con esa idade e con unha saúde delicada. Lembroulle que esa
vivenda cando entrou nela estaba inhabitable, pero nada conmoveu a
súa “Tía”.
Humilde Inquilina percibe
unha RISGA que non chega os 400€. Alimentate e paga un aluguer con 400€ !
A “tía” tomouse moi
en serio a cousa e no mes de presentou demanda por ocupación da
vivenda. O 1 de febreiro notificáronlle oficialmente a sentencia do
“ xuízo verbal por desafiuzamento precario” facéndolle saber
que o día 15 de febreiro ás 11:00 da maña se procedería o
LANZAMENTO da vivenda DE HUMILDE INQUILINA.
Nestes casos a actuación
do colectivo Stop-desafiuzamentos inicialmente e Protocolario o
chocar o dereito a Propiedade da “Tía” co dereito a Vivenda a
unha vivenda digna de Humilde Inquilina ,está pactado
constitucionalmente e en outra lexislación derivada que SERÁN AS
ADMINISTRACIÓNS QUEN DEBERÁN PROCURAR UNHA VIVENDA DIGNA a HUMILDE
INQUILINA
Polo tanto hoxe
presentamos solicitudes por escrito de vivenda Social no Concello da
Rúa de Valdeorras, no Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S)
acompañado de informe médico da señora Humilde Inquilina. A
continuación presentouse no xulgado de Instrución Nº2 do Barco de
Valdeorras que coñeceu do caso solicitude de APRAZAMENTO en base o
articulo 704 da Lei de
Enxuizamento Civil.
Dándolle traslado no mesmo da SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE na que
se atopa a señora Humilde Inquilina Conforme está previsto no
Convenio asinado no ano 2013 entre o Consello Xeral do Poder Xudicial
(CXPX) a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP) “sobre a detección de supostos de
vulnerabilidade con ocasión de lanzamento de vivenda familiar e
medidas de carácter social”.
Convenio que foi
arrincado LOITANDO nas rúas, desafiuzamento a desafiuzamento, dende
o ano 2009.
Cúmprase o artículo
47 da Constitución “Pacta sunt servanda” !!!
Estaremos vixiantes !!!
Estaremos vixiantes !!!
Ourense
a 7 de febreiro de 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario