xoves, 19 de setembro de 2019


HOXE TEMOS MOITO QUE CELEBRAR !!

NON SEMPRE GAÑA A BANCA !

Evitamos de momento, pois pode recurrir, que ABANCA se quedara coa vivenda dunha muller (chamarémoslle Esperanza) con unha fIlla de 12 anos a seu cargo por deixar de pagarlle 996€, 3 cotas de 360, dun crédito de 63.000€ a devolver en 30 anos.

O xulgado de Primeira Instancia Nº1 de Ourense sobresé un procedemento de execución hipotecaria e condena a costas a ABANCA.

Esperanza acudiu a stop-desafiuzamentos Ourense o 14 de febreiro do presente ano 2019.
Estaba na fase final EN SUBASTA dun procedemento de execución hipotecaria iniciado por ABANCA o10 de febreiro de 2014.

Este caso viña de un despacho de avogados que se opuxera por 2 cláusulas abusivas a cláusula chan e os intereses de demora abusivos. En primeira instancia déronlle a razón ABANCA apelou e a AUDIENCIA PROVINCIAL confirmou o abuso desas dúas cláusulas.

Cando esta muller chega a Stop-desafiuzamentos o avogado que coñecera do caso polo quenda de oficio xa non levaba o a caso e xa estaba apunto de perder a vivenda.

Contactamos Con Josema Erauskin que rapidamente nos dixo que se facía il cargo do caso. Josemaría Erauskin e Maite Ortiz de ABOGADOS RES https://abogadosres.com/ (Son eles que expuxeron no TEXUE O ABUSO DO IRPH) colaboran dende Euskadi con Stop-Desafiuzamentos Ourense. Neste momento a súa colaboración resulta imprescindible pois a maioría das persoas que acoden o noso colectivo dispoñen de poucos recursos e no quenda de oficio non todos os avogados coñecen a xurisprudencia emanada de 10 anos de loita en Europa. E poucos están dispostos a chegar ata a ultima consecuencia como fan Maite e Josema.

Pois en fase de subasta ( si chegara a adxudicarse a un terceiro xa non se podería facer ren) presentamos oposición por abuso da cláusula de vencemento anticipado en base a cal se inicia este e todos os procedementos hipotecarios.

Esta cláusula foi declarada abusiva poloTEXUE o 26 de xaneiro de 2017 por incumprir a Directiva de Protección o Consumidor 93/13 de obrigado cimplimento por mandato constitucional articulo 10.2 da Constitución Española.

O 7 de marzo de 2017 nunha acción conxunta en todo o estado promovida pola PAH presentamos escritos dirixidos o Consello Xeral do Poder Xudicial, os xuíces e o servizo de execucións en embargos, solicitando a suspensión de todos os procedementos. Nos consideramos que dende o ano 1995 que se tiña que aplicar a directiva 93/13 todos os desafiuzamentos son contrarios a dereito, TODOS. Pero AZNAR chegou o poder reformou a lei do chan e o resto xa o coñecedes CRÉDITO HIPOTECARIO A LO LOCO ESTAFA MASIVA, SITUACIÓN CRÍTICA E PRIVATIZACIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO.

Lembro faciana altiva do Xuíz Decano, cando entregamos o escrito, dicíndonos que ises escritos non servían de ren que a xustiza actuaba caso a caso. Respostounos negativamente por escrito o 20 de xaneiro de 2017.

Pois señor aí o ten caso a caso, sobresido, como vimos dicindo dende fai 10 anos. Todos os procedementos de execución dende o ano 1995 son ilegais.

Quen CORRIXE SEMELLANTE ABUSO si sabemos que pola falta de dilixencia da xustiza do Reino de España preto de 1 millón de familias foron desafiuzadas perderon as súas vivendas e quedaron con unha débeda usureira, e incluso houbo suicidios.

Déusenos a razón en primeira Instancia sobresese o Procedemento polo tanto hai que retraer todos os actos o momento en que Debía 996€. Como xa tiña gañado o abuso dos intereses de mora e posible que ABANACA lle deba algún diñeiro a Esperanza. Temos que estudar a situación e ver como actuamos.

É Reino de España un Estado de Dereito ou está todo na mans de Banqueiros e plutócratas ?
De momento "caso a caso" seguiremos nesta loita silenciada nos medios. Nunca deixedes de loitar non sempre gana A BANCA !

EXTRACTOS DO AUTO:

XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 OURENSE

A U T O
En la ciudad de Ourense, a dieciocho de septiembre de 2019

Si la cantidad cobrada en exceso por la entidad ejecutante es superior a la cantidad que se indica en el acto de fijación de saldo como adeudada. Es decir, a fecha 03.01.2014 la cuenta asociada al préstamo hipotecario arrojaba un saldo favorable a la ejecutada, de al menos de 902,46 €.

Por todo lo expuesto procede el sobreseimiento de las actuaciones.

CUARTO.- Las costas de la oposición se imponen a la entidad ejecutante en aplicación de lo dispuesto en el artículo 561.2 de la LEC y teniendo en cuenta además que tras la reliquicación ordenada por la resolución de la A.P., la entidad ejecutante ya advirtió que no existía incumplimiento que autorizase el vencimiento anticipado del contrato.
Vistos los preceptos legales citados y demás de general y pertinente aplicación.


PARTE DISPOSITIVA

Se estima la oposición deducida por la procuradora Doña Mónica Vázquez Blanco en representación de DOÑA TERESA IGLESIAS VERDEAL a la Ejecución Hipotecaria contra ella promovida por ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A. y se acuerda el sobreseimiento de la ejecución, dejando sin efecto el despacho de ejecución y dejando sin efecto todas las medidas de garantía de la afección que se hubieran adoptado y reintegrándose a la ejecutada en la situación anterior al despacho de ejecución.



Las costas se imponen a la entidad ejecutante.

Notifíquese esta resolución a las partes, haciéndoles saber que la misma no es firme y contra ella puede interponerse recurso de apelación

Ningún comentario:

Publicar un comentario