DESAFIUZAMENTOS DATOS E GRÁFICOS ACTUALIZADOS A 9DE MARZO DE 2020.
https://www.epdata.es/datos/desahucios-estadisticas-datos-hoy-graficos-cgpj/230/espana/106?fbclid=IwAR3xntAlFNQxl5bl9nd7mC4YkHG-Js5-FdeKp_DfOccfKOYQ4AQWCfeVF-Y
En Galicia o número de lanzamentos practicados polos xulgados, tanto os derivados da aplicación da Lei de Arrendamentos Urbanos ( LAU) como os derivados das execucións hipotecarias, no trimestre 4 de 2019 situouse en 521, o que implica unha variación do -19,22 por cento respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, segundo o estudo 'Os efectos da crise económica nos órganos xudiciais' publicado este luns pola Sección Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ).
No conxunto do Estado o número de lanzamentos practicados polos xulgados, tanto os derivados da aplicación da Lei de Arrendamentos Urbanos ( LAU) como os derivados das execucións hipotecarias, no trimestre 4 de 2019 situouse en 13.612, o que supón unha variación do -9,64% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo o estudo os 'Efectos da crise económica nos órganos xudiciais' que publicou a Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ).
Ningún comentario:
Publicar un comentario