Esta semana Josema Erauskin e Maite Ortiz, amigos e colaboradores da coordinadora Galega das Pah e Colectivos Stop-Desafiuzamentos, volven a estar na nosa Terra. En novembro reuníronse coa defensora do pobo para informala do incumprimento sistemático que //ABANCA e outrascentidade fai do código de boas prácticas.
Iste luns estiveron en Ourense. Celebrouse a vista do caso dunha parella, que pediu axuda a stop-desafiuzamentos en 2014, contra U.C.I Unidade de crédito Inmobiliario (Santander-Pari Bas).
Na vista Josema nunha intervención maxistral volveu deixar claro que o indice I.R.P.H non é comprensible para un consumidor medio. Foron Josema e Maite quen demostraron a súa abusividade en Europa ante o TXUE.
Nin o tribunal Supremo foi quen de comprender o funcionamento.
Chamou a declarar o empregado que vendeu o crédito e non se presentou a vista. Chamou a declarar a unha ex-mediadora hipotecaria de U.C.I e non tiña nin idea de como se facía o cálculo do indice.
En definitiva Josema demostrou que non era comprensible polo tanto non supera o control de transparencia esixido polo TXUE. Pediulle a xuíza que o declarara abusivo e solicitou substituílo retroactivamente por EURIBOR.
Tamén lembrou a necesidade de revisar a cláusula de cesión de crédito que permite a entidade ceder o mesmo a un terceiro sin que o consumidor se entere e perda os dereitos que lle sexan propios, como retracto ou no seu caso a aplicación do código de boas prácticas.
Quedou visto para sentencia, si esta é favorable sería un precedente na provincia de Ourense.
Hoxe Maite Ortiz defendía a unha familia de Ferrol contra //ABANCA. Unha vez máis o "sentir común" de //ABANCA fixo todo o posible para que perdera a súa vivenda no canto de facilitar o pago do crédito conforme as opcións do RD 6/201, código de boas prácticas.
Logo da vista de Ourense tras anos de loita polo dereito a vivenda quedounos claro que o sistema de crédito hipotecario Español é unha máquina deseñada para espremer a vida e os recursos das familias, sin darlles a máis mínima opción.
Pero por si algo non sae ben crearon o Banco Malo, a SAREB, onde se destinan inxentes cantidades de diñeiro público, dos nosos impostos, para que esas mesmas entidades DESPIADADAS poidan seguir facendo negocio e espremendo a outras familias.
Para isto si piden a intervención do estado pero cando hai beneficios queren "LIBERDADE" , ou era "LIBRE MERCADO" ?
Josema Erauskin sobre o Código de Boas prácticas:
https://www.youtube.com/watch?v=S3Ls1EKOOOs
Ningún comentario:
Publicar un comentario