http://cadtm.org/Zoe-Konstantopoulou-NO-a-los
http://auditoriaciudadana.net/tag/pacd/
http://www.auditamosgrecia.org/es/
O discurso pronunciado a mañá do 11 de xullo de 2015 por ZoeKonstantopoulou, presidente do Parlamento grego, sobre a proposta do goberno aos acredores:
Señoras e señores, estimados colegas,
En momentos como estes, debemos actuar e falar con sinceridade
institucional e coraxe política. Debemos asumir a responsabilidade que
recae en todos e cada un de nós.
Debemos defender, de acordo aos ditados da nosa conciencia, as causas
xustas e os dereitos sagrados, inviolables e non negociables do noso
pobo e da nosa sociedade. Debemos protexer o legado daqueles que deron
as súas vidas e a súa liberdade para que hoxe poidamos vivir como
persoas libres. Debemos preservar a herdanza das novas xeracións e das
futuras, así como a da civilización humana. Tamén debemos preservar eses
valores irrenunciables que definen e alentan a nosa existencia persoal e
colectiva.
Como elixe e decide actuar cada persoa pode variar e ninguén ten o dereito de trivializar as decisións que toman a partir dun xuízo persoal e existencial, para denigralas ou explotalas politicamente.
Todos e cada un de nós
somos xulgados e seremos xulgados polas nosas actitudes e as nosas
decisións, por noso si e por noso non, polas nosas accións e omisións,
pola nosa coherencia e as nosas resistencias, pola nosa abnegación e
xenerosidade.
Dende hai cinco meses, o Goberno, tendo á esquerda como a súa
corrente principal e coas forzas anti-memorandos no seu núcleo, estivo a
librar unha batalla desigual en condicións de asfixia e chantaxe,
contra unha Europa que traizoou os seus principios fundacionais, o
benestar dos seus pobos e sociedades. Dentro dunha Europa que utiliza a
moeda común, o euro, non como un medio para alcanzar o benestar social,
senón como unha panca e unha ferramenta para a coerción e a humillación
dos pobos rebeldes e os seus líderes. Dentro dunha Europa que se está a
transformar nunha prisión de pesadelo para os seus pobos, a pesar de que
foi construída para ser un fogar común e hospitalario.
O pobo grego confiou a este Goberno a gran causa da súa liberación
das cadeas do Memorando, da vixilancia e supervisión imposta á sociedade
baixo o pretexto da débeda. Esa débeda ilegal, ilexítima, odiosa e
insostible, cuxa natureza, como se demostra nos resultados preliminares
do Comité para a Verdade sobre a Débeda Pública, xa era coñecida polos
acredores dende 2010.
Esa débeda que non xurdiu como un fenómeno meteorolóxico, senón que foi
creada polos gobernos anteriores a través da corrupción na contratación,
os subornos, cláusulas leoninas, e tipos de interese astronómicos, todo
en beneficio dos bancos e das empresas estranxeiras.
Unha débeda que a Troika,
xunto cos gobernos gregos anteriores, converteu en forma fraudulenta de
débeda privada a pública, rescatando aos bancos privados franceses e
alemáns, así como aos gregos, condenado ao pobo grego a vivir en
condicións de crise humanitaria. E ademais, utilizou aos órganos da
corrupción mediática para aterrorizar e enganar á cidadanía.
Esa débeda nin se creou nin se incrementou polo pobo ou polo Goberno
actual. Durante cinco anos utilizouse como unha ferramenta para
escravizar a xente, polas forzas que operan en Europa baixo as regras do
totalitarismo económico.
No desprezo á moral e ao dereito, Alemaña aínda non pagou as súas débedas (N.de T.:
correspondente á ocupación alemá) á pequena Grecia da época da
resistencia, da que a historia recoñece o seu heroísmo. Esas débedas
superan o valor da actual débeda pública grega. Segundo os cálculos
moderados da Comisión do Tribunal de Contas creada polo goberno
precedente, a débeda de Alemaña representa uns 340.000 millóns de euros,
mentres que a pretendida débeda pública actual de Grecia se estima en
325.000 millóns de euros.
Despois da Segunda Guerra Mundial, Alemaña gozou da maior condonación
da débeda da historia, para permitirlle volver empezar de cero. Isto
fíxose coa xenerosa colaboración de Grecia. Non obstante, agora Alemaña
protexeu os responsables de actos de corrupción cos gobernos gregos
anteriores e os seus partidos políticos, como é o caso de Siemens, e lles deu protección evitándolles enfrontarse á xustiza grega.
Non obstante, Alemaña estase a comportar coma se a historia e o pobo
grego estivesen en débeda con ela, coma se quixese tomar unha revancha
histórica polas súas propias atrocidades. Alemaña está a aplicar e impón
unha política que constitúe un crime, non só contra o pobo grego, senón
un crime contra a humanidade. No sentido penal do termo xa que se trata
dunha agresión sistemática e de grande envergadura contra unha
poboación co obxectivo ben premeditado de lograr a súa destrución
parcial ou total.
E, por desgracia, os gobernos e as institucións que deberían cumprir
coas súas responsabilidades, e estar á altura do momento histórico,
volvéronse cómplices desta agresión.
Señoras e señores, estimados colegas,
Someter ao pobo e ao goberno en condicións de asfixia e baixo a
ameaza dunha quebra caótica, pola creación artificial e premeditada
dunhas condicións de catástrofe humanitaria, constitúe unha violación
directa de todos os tratados internacionais de protección dos dereitos
humanos, incluída a Carta das Nacións Unidas, os tratados europeos, e
mesmo os estatutos do Tribunal Penal Internacional.
A chantaxe non é unha fatalidade. E a creación e a implantación de
condicións cuxo obxectivo é suprimir o libre arbitrio, non permite a
ninguén falar da liberdade de «elección».
Os prestamistas están a chantaxear o goberno. Eles están a actuar de
xeito fraudulento, xa que saben dende 2010 que esta débeda é insostible.
Están a actuar conscientemente, xa que nas súas declaracións anticipan a
necesidade de conceder unha axuda humanitaria a Grecia. Unha axuda
humanitaria para que? Para un desastre natural inesperado e accidental?
Por un terremoto imprevisto, unha inundación, un incendio?
Non. Unha axuda humanitaria que é a consecuencia dunha elección
consciente e calculada para privar ao pobo dos seus medios de
subsistencia, pechando a billa da liquidez en represalia pola decisión
democrática do goberno e do parlamento de chamar a un referendo e deixar
ás persoas decidir o seu propio futuro.
O pobo grego honrou ao
Goberno que confiou nel, e ao Parlamento que lles permitiu o dereito a
tomar as súas vidas e os seus destinos nas súas propias mans. Con
valentía e orgullo dixo No.
NON á chantaxe
NON a ningún ultimato
NON aos Memorandos de servidume
NON ao pagamento dunha débeda que o pobo non creou e da que non é responsable
NON ás novas medidas de miseria e submisión
Os prestamistas insistiron obstinadamente na transformación dese NON
nun SE, coa complicidade pérfida daqueles responsables dos memorandos e
que se beneficiaron deles, dos que crearon a débeda.
Este NON do pobo
transcéndenos a todos e obríganos a defender o seu dereito a loitar
polas súas vidas, loitar para non vivir unha media vida ou unha vida de
xeonllos. Para estar orgullosos do que legamos ás xeracións seguintes e á
humanidade.
Hoxe o Goberno está a ser chantaxeado para que do seu consentimento
ás condicións que non lle representan, que non proveñen del, e que
combate. O Primeiro Ministro falou con honestidade, valentía, coraxe e
abnegación. El é o Primeiro Ministro máis novo que houbo en Grecia e
loitou como ningún dos seus predecesores polos dereitos democráticos e
sociais das persoas e das xeracións máis novas, que representou e
representa a nosa xeración, e dános esperanzas. Eu hónroo e honrareino
sempre pola súa firmeza e as súas opcións. E ao mesmo tempo, considero
que é a miña responsabilidade institucional, como presidenta do
Parlamento, non pechar os ollos e non finxir que non entendo a chantaxe.
Eu nunca poderei votar e lexitimar o contido deste acordo. Creo que o
mesmo vale e valerá para o Primeiro Ministro, quen hoxe é chantaxeado
cunha arma que ameaza a supervivencia do seu pobo. Creo que o mesmo vale
para o Goberno e para os grupos parlamentarios que o apoian.
Vou asumir a miña responsabilidade vinculante coa historia desta
institución dicindo «presente», no debate e a votación de hoxe. Creo que
deste xeito me fago máis útil á xente, ao Goberno e ao Primeiro
Ministro, ás xeracións futuras e ás sociedades europeas, ao expoñer
publicamente as verdadeiras condicións nas que o Parlamento grego debe
tomar decisións, rexeitando a chantaxe, de acordo ao parágrafo 4 do
artigo 120 da Constitución.
O pobo grego é o segundo en sufrir esta forma de guerra na zona euro,
precedido por Chipre en marzo de 2013. Este intento de impoñer medidas
rexeitadas polo pobo nun referendo, mediante a chantaxe dos bancos
pechados e a ameaza de quebra, constitúe unha violación brutal da
Constitución grega e priva o Parlamento da autoridade que lle outorga
esa mesma Constitución.
Toda persoa ten o dereito e a obriga de resistir. Non hai resistencia
na historia que fose doada. Pero pedimos o voto e a confianza do pobo
para afrontar as dificultades, e é fronte a estas dificultades que agora
debemos saír adiante. E sen temores.
Publicado en Novas
|
Leave a reply
xoves, 16 de xullo de 2015
venres, 10 de xullo de 2015
Stop-desafiuzamentos
Ourense
10 de Xullo 2015
O 29
de maio o colectivo stop-desafiuzamentos, representado nun dos
compañeiros do memo, acompaña a unha familia a sucursal de ABANCA
na rúa Pena Trevinca 22 coa intención de coñecer o problema da
mesma e axudarlle a buscar unha solución.
Dende
o momento que entramos na oficina do director desta sucursal amosa
unha actitude de absoluto desprezo e prepotencia con esta familia e
co a compañante do colectivo.
Ante
a situación vivida decidese en asemblea que este desprezo non debe
quedar sen resposta e en asemblea acordase organizar unha
concentración de protesta diante desta sucursal o día 1 de xullo,
facéndoa coincidir coa entrada en vigor da “lei anti protesta”
“lei mordaza”. Antes do remate desta concentración entramos a
oficina a presentar unha reclamación por escrito e recíbenos o
director de zona de ABANCA. Temos unha reunión con esta persoa que
transcorre nun ton comprensivo e respectuoso e desculpase polo trato
dado esta familia polo director desta sucursal. Tamén se acorda
unha reunión para o luns dia 6 as 10 da mañá.
O
pasado luns día 6 atopámonos co que o director de zona fora
despedido por ABANCA parece ser...”por ser demasiado brando e dicir
a todo que si“.
Queremos
facer público o noso absoluto rexeitamento a os xeitos dos
directivos de ABANACA, últimos responsábeis desta entidade
financeira. Temos que soportar abraiados como o D.r de zona que trata
os clientes con respeto resulta despedido mentres o D.r da sucursal
con un comportamento de absoluto desprezo esta familia, que foi en
definitiva xunto con outras que pagou o seu salario, non resulta nin
apercibido.
Non
pretendemos facer escarnio con ningún traballador pois todas podemos
ter un mal día, pero houbo tempo para desculparse.
Ante
a actitude de ABANCA e do D.r desta sucursal que a día de hoxe non
amosou nin o máis mínimo interese en desculparse e acolléndonos a
lei 2/2012 de 28 de marzo de protección das persoas consumidoras e
usuarias, no seu artigo 11) entre os dereitos básicos dos
consumidores no seu apartado h) reza: Dereito a ser
tratados con corrección e respeto nas relacións de consumo
elevamos queixa formal a administración a través de consumo, e a
atención o cliente de ABANCA, por posible comisión dunha falta
grave.
Tamén
pedimos que a sociedade REFLEXIONE e pense que o trato dado esta
familia podían dárnolo a calquera de nos, e REACCIONE.
O
slogan comercial de ABANCA entidade intervida con 9000 millóns de €
de diñeiro público, débeda privada transformada en pública, non é
máis que amofa a cidadanía galega. NON VEMOS REN DE SENTIDO COMÚN
SO VEMOS ABUSO E PREPOTENCIA.
FACEMOS
UN CHAMAMENTO A SOCIEDADE GALEGA A MEDITAR SOBRE A CONFIANZA QUE
DEPOSITAN NESTA ENTIDADE.
domingo, 5 de xullo de 2015
¡ TODAS SOMOS GRECIA !

http://www.auditamosgrecia.org/es/manifiesto-apoyo-pueblo-grecia/
https://www.youtube.com/watch?v=GPOUGIYzoj8
http://cadtm.org/Actos-de-solidaridad-con-el-pueblo.
O domingo día 5 de Xullo de 2015 o pobo grego terá que tomar unha decisión que trascenderá o resto de Europa. Está en xogo unha Europa onde a economía este o servizo das persoas ou as persoas o servizo da voracidade insaciable dos mercados que ACABARÁN ESCRAVIZÁNDONOS A TODAS.
Concentrámonos o sabado 4 ás 20:30h na Paraza Maior en Ourense para amosar o apoio o pobo grego ante o espóleo dos mercados, representados por Mario Dragui D.r do Banco Central Europeo , Jean Claude Junker e Angela Merkel cabezas visibles da Troika co apoio de Mariano Rajoi.
Convidamos a toda a cidadanía a profundar sobre no coñecemento da débeda grega e a española, a realidade é que están convertendo a débeda privada en débeda pública, que pagamos co diñeiro público, que nos recortan dos servizos básicos.
Pretenden facernos crer que foi o pobo grego que xerou esta débeda brutal e queren esconder a realidade negando AUDITORÍAS PÚBLICAS por que saben que se lle pode destapar o roubo que cometeron o partido conservador NUEVA DEMOCRACIA coa complicidade do PASOC; os MERCADOS queren que sexa o pobo quen pague hasta a extenuación e a fame mentres PROTEXEN AS ELÍTES GREGAS CORRUPTAS, o mesmo está a acontecer no estado Español.
A COMISIÓN DA VERDADE DA DÉBEDA GREGA encargada por SIRIZA composta por economistas de varios países do mundo DETERMINOU A DÉBEDA GREGA COMO ILEXÍTIMA OU ODIOSA demostrando que foron os acredores e as elítes CORRUPTAS os responsábeis desta débeda e non o pobo. Queren AMORDAZARNOS Para que non se coñeza a verdade e para facernos pagar os seu abusos pero non o conseguirán.
As primeiras denuncias sobre a maquillaxe das contas gregas e o papel que nel xugo Goldman Sachs datan de 2003. Nun informe de 2004, Eurostat escribiu: "falsificación xeneralizada dos datos sobre o déficit e a débeda por parte das autoridades gregas".
Grazas á complicidade do organismo financeiro norteamericano e de varias instancias e personalidades europeas, Grecia puido disimular durante varios anos o "paquete" escondido da súa débeda.
En 2010, Jean Claude Trichet, entón presidente do Banco Central Europeo (BCE), negouse a entregar os documentos requiridos para coñecer a amplitude da verdade. Acontece que no medio desta gran mentira hai un personaxe que hoxe é central: trátase de Mario Draghi, o actual presidente do Banco Central Europeo e gran partidario de rematar dunha boa vez por todas co modelo social europeo.
Draghi é un home de Goldman Sachs. Entre 2002 e 2005 foi vicepresidente de Goldman Sachs para Europa e, por conseguinte, estaba ao corrente da falsificación dos datos sobre as finanzas públicas de Grecia. Foi o seu mesmo banco quen estruturou a falsificación.
O liberalismo premia moi ben os seus soldados. Durante dous anos, o Banco Central Europeo e os lobbys políticos usaron canto truco fose posible para protexer a Draghi e non permitir que se levasen a cabo auditorías en torno das irregularidades cometidas en Grecia. As comisións do Parlamento europeo designadas para investigar esta megaestafa chocaron sistematicamente contra as redes que protexían o segredo.
O desenlace final desta complicidade entre as oligarquías financeiras é coñecido por todos: case un continente sumido na crise da débeda, un país, Grecia, espoliado e de xeonllos, recesión, despedimentos masivos, perda de poder adquisitivo para os traballadores, reestruturacións, sacrificios dos beneficios sociais, plans de axuste e miseria. Mentres tanto, os 600 millóns que Goldman Sachs gañou con esta estafa seguiron frutificándose na aposta suicida que o capital fai en beneficio propio contra a humanidade.
Grecia é agora un país destruído e desesperado, un país en ruínas pero que permanece de pé. Un país que resiste e que acaba de dicir un rotundo aos seus verdugos: a Troika e o FMI, a Comisión de Bruxelas e os banqueiros. En suma, a todos os que gobernan e impoñen políticas bárbaras e inhumanas. Políticas que provocan xa a malnutrición dos nenos e mesmo a fame nas grandes cidades gregas. E todo isto no corazón da rica Europa, cando na historia da humanidade xamais se produciron tantas riquezas.
Os resultados das eleccións gregas do 6 de maio non deixan a menor dúbida: unha enorme maioría de cidadáns gregos rexeitou as políticas impostas polos acredores; un verdadeiro sismo político. O país que foi elixido como laboratorio das políticas de austeridade, está agora en revolta aberta contra quen lle hambrean e lle humillan, os que pechan os seus hospitais e as súas escolas, quen destrúen e venden o fermoso país por nada, contra os seus verdugos gregos e estranxeiros.
¡¡ NOS TAMÉN SOMOS GRECIA !!
mércores, 1 de xullo de 2015
1 DE XULLO DE 2015
ENTRA EN VIGOR A LEI MORDAZA
12:00h DA MAÑÁ:
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.
20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.
CONCENTRACIÓN EN SUCURSAL ABANCA PENA TREVINCA Nº 22
¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!
O 29 de Maio diriximonos, con unha famila, A SUCURSAL DE ABANCA DE PENA TREVINCA 22 par informarnos, da súa situación de quebra e imposibilidade de pago, coa intención de obter información e comezar unha negociación. ¿ Que obtivemos? un abuso e botaronnos da oficina. Esta mañá o director de Zona Centro disculpabase ante o colectivo e logo ante a familia.
¡¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!! ¡¡ NIN UN PASO ATRÁS !!
¡¡ ¿ SENTIR COMÚN ? !!
- Sabías Que...
.No ano 2010 as Caixas de Aforro Galegas tiñan activos valorados en 75.000 millóns de € e parte do beneficio que xeraban destinábase a obra social e dende a súa privatización pasa a mans privadas.
1 de XUÑO...XA ENTROU EN VIGOR A LEI MORDAZA.
¡¡ esta mañá contra os abusos de ABANCA !!! ¡¡¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!!
ENTRA EN VIGOR A LEI MORDAZA
XORNADA DE MOBILIZACIÓNS.
Fixemos un chamamento a toda a
sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI
REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA " !!.
¡ QUE O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES !
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.
20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.
CONCENTRACIÓN EN SUCURSAL ABANCA PENA TREVINCA Nº 22
¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!
O 29 de Maio diriximonos, con unha famila, A SUCURSAL DE ABANCA DE PENA TREVINCA 22 par informarnos, da súa situación de quebra e imposibilidade de pago, coa intención de obter información e comezar unha negociación. ¿ Que obtivemos? un abuso e botaronnos da oficina. Esta mañá o director de Zona Centro disculpabase ante o colectivo e logo ante a familia.
¡¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!! ¡¡ NIN UN PASO ATRÁS !!
¡¡ ¿ SENTIR COMÚN ? !!
- Sabías Que...
.No ano 2010 as Caixas de Aforro Galegas tiñan activos valorados en 75.000 millóns de € e parte do beneficio que xeraban destinábase a obra social e dende a súa privatización pasa a mans privadas.
.Privatizalas forma parte dunha gran estafa comezada nos anos 90 coa
reforma da lei de caixas, supostamente por encargo da patronal bancaria,
os políticos neoliberais para facerse co aforro depositado nelas.
.Antes de vendelas o presidente da Xunta de Galicia podendo encargar auditorías públicas o fixo a auditoras privadas, que traballan de parte, e non permitiu os impositores e a sociedade galega que coñecera a verdade do acontecido.
.Privatizaronas alegando que non eran rendibles e este ano deron 1.200 millóns de € de beneficio.
.O presidente da Xunta de Galicia pasará a historia como que no seu mandato o sistema financeiro galego pasou a mans privadas na súa totalidade.
.Entregamos 9.000 millóns de € de diñeiro público para sanealas e que foron regaladas a unha entidade, coa metade do tamaño, por 1.000 millóns de € e do que as 3/4 partes se pagará dos beneficios que xenera. Tendo un custo de 8.000 millóns que se regalarán a unha entidade privada Venezuelana “Banesco”.
.O memodorandum de rescate europeo concedía 5 anos para recuperar esa inversión e o Presidente Feijoo deu o beneplácito a venda no 1º ano.
.Os Consellos de administración (Gayoso, Gorriarán,Pego,Paredes...etc) están enxuizados, por denuncia da Plataforma Pola Banca Pública a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia no ano 2012, apoiada con 4.000sinaturas, e que a Fiscalía solo os investiga polas xubilacións pero non por tódolos “delitos socioeconómicos” que causaron un grave dano a economía e o interés xeral.
.José Luís Méndez é o único alto executivo que non está investigado cando Caixa Galicia, entidade que presidía auto-concedeulle, pouco antes de quebrar, un crédito de 10,5 millóns de € a unha firma participada por Promocións Urbanísticas Integral da que era socio fundador e da que sigue como conselleiro o seu fillo Enrique Méndez Pascual. Ise crédito non se voltou e pasou o FROB.
.ABANCA nacida dunha intervención con unha elevadísima cantidade de diñeiro público mantén unha posición USUREIRA a hora de negociar os créditos con familias quebradas.
.De ti depende seguir confiando nunha entidade que naceu dun xeito ilexítimo e ten este comportamento cos verdadeiros donos da mesma @s cidadás galeg@s que as fixemos nacer como montes de piedade para loitar contra a usura fai casi 2 séculos.
¡ Róubanche o que é teu urxe que o defendas !

MANIFESTACIÓN DENDE A SUBDELEGACIÓN DO
GOBERNO A PRAZA MAIOR.
Solo podemos estarlles agradecidas a todas as compañeiras que fixeron desta xornada o seu compromiso persoal, saiu todo moi ben.
Hoxe mercores 1 de
xullo de 2015 entrou en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de
Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que
sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como
parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que
castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.
Fano en nome da
seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera
iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da
súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma
de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como
espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a
seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo
que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.
Nos últimos meses,
a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha
ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e
internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos
Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o
Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de
inconstitucionalidade.
Non obstante somos
as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que
cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa
reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos
papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os
que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización
espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o
verdadeiro poder de cambiar as cousas. Saben que un goberno corrupto
que rescata a banca no canto de rescatar as persoas perdeu toda a súa
lexitimidade.
Só lles queda a
política do medo. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías
posibles, só nos queda unha alternativa: a de NON CONSENTIR , A DE
NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.
¡ contigo é
posible !
martes, 30 de xuño de 2015
Durante o mes de xuño asistimos o xuízo dos exdirectivos das, moi a
pesar noso e da cidadanía galega, ex-caixas galegas Caixa Galicia e
Caixa Nova. A Plataforma Pola Banca Pública fai un chamamento a sociedade galega para que reflexione sobre o engano o que están sendo sometidas.
No ano 2012 coincidindo con un momento de gran mobilización social iniciado o 15 de maio de 2010 esta plataforma comeza una campaña de recollida de sinaturas en apoio a dous escritos de denuncia dirixidos a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e outro a Fiscalía Anticorrupción. Esta recollida de sinaturas levouse a cabo nas 7 cidades galegas.En paralelo e das mobilizacións organizadas pola pbp naceron as plataformas de afectados polas preferentes, en cuxa creación participamos e coas que mantivemos una estreita relación, aínda que non souberon comprender a idea de xustiza que nos promovíamos, tratando de ir máis alá do resarcimento individual e buscando un plantexamento épico da xustiza ante a desfeita do sistema financeiro galego.
Finalmente fixemos 3 entregas, na Fiscalía de Ourense, sumando 4000 sinaturas de apoio estas denuncias.
Os escritos presentados emprazaban a fiscalía a iniciar unha investigación dos posibles delitos contra a orde socioeconómica cometidos polos consellos de administración das extintas caixas de aforro. Concretamente apoiabámonos no artigo 295 do código penal que tipifica a administración desleal.
Tendo clara a PBP a estrutura xerárquica da fiscalía, dependente do goberno, e a altísima posibilidade, como está acontecendo, que non se afondara na investigación, establecemos contacto co avogado da Coruña Pablo Arangüena que se personara como acusador particular. Esta acusación particular permitíanos presentar proba e chamar xente a declarar. Acadando diste xeito afondar no acontecido e obtendo por vía xudicial a auditoría que o partido popular e o seu presidente, na Xunta de Galicia, rechazaran pola vía política. A renuncia diste abrogado a seguir coa acusación particular e a falla de interese dos diferentes sectores organizados da sociedade galega da como resultado a actual situación.
Temos que ver a unha parte dos consellos de administración sentados ante o xuíz por unhas xubilacións, que non sendo lexítimas non son máis que a punta do iceberg, o pago o traballo de entregar o sistema de aforro público galego a mans privadas. Fixémonos no detalle que José Luis Méndez non está imputado, sendo Director Xeral de Caixa Galicia, a Caixa con maiores dificultade económicas. Precisamente a farsa consiste en non xulgalos polo grave dano causado a economía e o interese xeral ofrecéndonos un xuízo que pretende facernos ver que se fai xustiza.

O presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, con todo o seu
despregue mediático, ofreceunos como un éxito, que si o foi para
interese privados, o que en realidade era un fracaso para a sociedade
galega.
Dende a PBP consideramos que a quebra das Caixas de aforro non foi produto da casualidade si non que resposta a un a un plan. Así o xefe da Patronal Bancaria, nos anos 90 do século pasado, decía que o 50% do aforro das cidadás do estado atopábase nas caixas e que ese mercado era o futuro negocio da banca privada. Desta idea e pode que por encargo, durante o goberno de José María Aznar promovese a reforma da lei de caixas que lle permite ampliar o territorio de negocio e os riscos, entrando cargos políticos nos consellos de administración levándoas a inversión inasumibles, baixo o principio “ deteriora e logo privatiza “-
As caixas nacidas dos montes de piedade, fai case 200 anos, para loitar contra a usura bancaria actuaban como un sistema público de aforro onde parte das ganancias revertían na sociedade e polo tanto nos propios impositores en forma de obra social e desenrolando tecido produtivo e industrial local, que doutro xeito sería difícil de criar. Este sistema de finanzas supoñía unha forte competencia para a banca privada, inasumíbel para os seus intereses expansivos.
No ano 2010 a suma das dúas caixas de aforro representaba o 5º poder financeiro do Estado con activos valorados en 75.000 millóns €.
Logo das excesivas inversións inmobiliarias as caixas entran en quebra, logo deo B.E esixirlles uns provisionamentos a elevadisimos. A máis exposta era Caixa Galicia , resulta curioso que José Luis Méndez non teña que respostar de ren ante a xustiza sendo o Director Xeral de Caixa Galicia.
A decisión política de fusionar as caixas , que o contrario do que nos fixeran crer si eran economicamente viables, foi tomada co intención de facilitar a venda a banca privada, como evidencia unha serie de acontecementos que a maneira de ver da PBP son auténticos despropósitos:
1º - A comisión de investigación parlamentar faise tarde e non persegue determinar responsabilidades políticas e que o goberno da Xunta fora parte activa na denuncia os responsables da suposta quebra.
2º - A auditoría das Caixas , que na PBP consideramos fundamental para saber que aconteceu e determinar responsabilidades. Encargase a auditoras privadas e non se da a coñecer os impositores e o resto da sociedade o resultado da mesma. O razoable tería sido facer unha auditoría pública a que tivera acceso a cidadanía, unha auditoría cidadá.
3º - Dixeran que as Caixas non eran viables e xa están dando beneficios. No ano 2013 deron 400 millóns de € antes de impostos no 2014 os beneficios ascenderon a 1200 millóns de € antes de impostos, logo de inxectarlle 9000 millóns de € para darlle liquidez púxose a venda inmediatamente cando o Memorando Europeo daba 5 anos de prazo. Isto evidencia a viabilidade das Caixas e a intencionalidade de privatizalas, nin xiquera recuperaremos o diñeiro público invertido. O que se buscaba era a privatización había que facelo pronto.
4º - Banesco a entidade Venezuelana que se fai con Nova Caixa Galicia ten a metade de tamaño que a suma das dúas caixas, isto resulta curioso cando menos. Escotet merca a Caixa por 1000 millóns de € dos que solo deposita 400 o resto pagarao en 3 entregas que aportará dos beneficios.
5º - Non se investiga a responsabilidade dos consellos de administración na vendade títulos preferentes e débeda subordinada habendo informes dos funcionarios do Banco de España contrarios a venda masiva distes produtos.
6º - Tendo en conta que Caixa Galicia era a entidade máis exposta a inversión inmobiliaria e polo tanto a máis deteriorada. O seu Director Xeral José Luis Méndez queda fora de toda investigación, demostrando este feito que non hai intención de atribuír responsabilidades pola quebra das mesmas.
7º - Non se determina a responsabilidade do regulador o Banco de España. Os gobernadores do B.E en especial Jaime Caruana La Corte nomeado polo ex-presidente José María Aznar , permiten a excesiva crédito a inversión inmobiliaria e non asume ningunha responsabilidade logo de causar un grave dano a economía e o interés xeral.
A PBP considera que perseguir ós directivos das Caixas, somente polas xubilacións , excesivas sen dúbida e que presuntamente, o noso xeito de ver, foron o pago a creación do escenario económico para poder privatizalas, é unha cortina de fumo para enganar a sociedade, facéndolle crer que a xustiza funciona, cando en realidade deberían perseguirse pola quebra do sistema financeiro e polo grave dano causado a economía. Isto é outra falta de respeto a sociedade.
Para a PBP o correcto debería ser encargar unha comisión de investigación parlamentar que profundara nas diferentes responsabilidades e perseguir xudicialmente os responsables. Non privatizar a Caixa que era viable logo de saneala e mantela con un sistema de aforro público eliminando todos os postos e cargos políticos dos consellos e creando sistemas de control cidadá que impediran que esta situación voltase a repetirse.
Neste momento o aforro de todas as galegas está controlado e responde a intereses privados. Dende a PBP consideramos isto un erro que deteriorará máis a economía galega e eliminará opcións de crédito.
Tamén botamos en falla un compromiso verdadeiro, da sociedade galega organizada, no clarexamento da quebra e privatización do sistema financeiro autóctono.
Queremos que se lembre que estando como presidente da Xunta de Galicia Nuñez Feijoo as galegas quedamos sen o control do sistema de aforro que perdurou case 200 anos.
A Plataforma Pola Banca pública ten como obxectivo recuperación dun sistema de aforro público baseado na ética das finanzas, pondo a economía o servizo das persoas.
Neste momento queremos que quede constancia que non toda a sociedade galega está de acordo co que o presidente da Xunta de Galicia pretende vender coma un éxito e que nos consideramos unha estafa

.Privatizalas forma parte dunha gran estafa comezada nos anos 90 coa reforma da lei de caixas, supostamente por encargo da patronal bancaria, os políticos neoliberais para facerse co aforro depositado nelas.

.Antes de vendelas o presidente da Xunta de Galicia podendo encargar
auditorías públicas o fixo a auditoras privadas, que traballan de parte,
e non permitiu os impositores e a sociedade galega que coñecera a
verdade do acontecido.
.Privatizaronas alegando que non eran rendibles e este ano deron 1.200 millóns de € de beneficio.
.O presidente da Xunta de Galicia pasará a historia como que no seu mandato o sistema financeiro galego pasou a mans privadas na súa totalidade.
.Entregamos 9.000 millóns de € de diñeiro público para sanealas e que foron regaladas a unha entidade, coa metade do tamaño, por 1.000 millóns de € e do que as 3/4 partes se pagará dos beneficios que xenera. Tendo un custo de 8.000 millóns que se regalarán a unha entidade privada Venezuelana “Banesco”.
.O memodorandum de rescate europeo concedía 5 anos para recuperar esa inversión e o Presidente Feijoo deu o beneplácito a venda no 1º ano.
.Os Consellos de administración (Gayoso, Gorriarán,Pego,Paredes...etc) están enxuizados, por denuncia da Plataforma Pola Banca Pública a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia no ano 2012, apoiada con 4.000sinaturas, e que a Fiscalía solo os investiga polas xubilacións pero non por tódolos “delitos socioeconómicos” que causaron un grave dano a economía e o interés xeral.
.José Luís Méndez é o único alto executivo que non está investigado cando Caixa Galicia, entidade que presidía auto-concedeulle, pouco antes de quebrar, un crédito de 10,5 millóns de € a unha firma participada por Promocións Urbanísticas Integral da que era socio fundador e da que sigue como conselleiro o seu fillo Enrique Méndez Pascual. Ise crédito non se voltou e pasou o FROB.
.ABANCA nacida dunha intervención con unha elevadísima cantidade de diñeiro público mantén unha posición USUREIRA a hora de negociar os créditos con familias quebradas.
.De ti depende seguir confiando nunha entidade que naceu dun xeito ilexítimo e ten este comportamento cos verdadeiros donos da mesma @s cidadás galeg@s que as fixemos nacer como montes de piedade para loitar contra a usura fai casi 2 séculos.
¡ Róubanche o que é teu urxe que o defendas !
.Privatizaronas alegando que non eran rendibles e este ano deron 1.200 millóns de € de beneficio.
.O presidente da Xunta de Galicia pasará a historia como que no seu mandato o sistema financeiro galego pasou a mans privadas na súa totalidade.
.Entregamos 9.000 millóns de € de diñeiro público para sanealas e que foron regaladas a unha entidade, coa metade do tamaño, por 1.000 millóns de € e do que as 3/4 partes se pagará dos beneficios que xenera. Tendo un custo de 8.000 millóns que se regalarán a unha entidade privada Venezuelana “Banesco”.
.O memodorandum de rescate europeo concedía 5 anos para recuperar esa inversión e o Presidente Feijoo deu o beneplácito a venda no 1º ano.
.Os Consellos de administración (Gayoso, Gorriarán,Pego,Paredes...etc) están enxuizados, por denuncia da Plataforma Pola Banca Pública a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia no ano 2012, apoiada con 4.000sinaturas, e que a Fiscalía solo os investiga polas xubilacións pero non por tódolos “delitos socioeconómicos” que causaron un grave dano a economía e o interés xeral.
.José Luís Méndez é o único alto executivo que non está investigado cando Caixa Galicia, entidade que presidía auto-concedeulle, pouco antes de quebrar, un crédito de 10,5 millóns de € a unha firma participada por Promocións Urbanísticas Integral da que era socio fundador e da que sigue como conselleiro o seu fillo Enrique Méndez Pascual. Ise crédito non se voltou e pasou o FROB.
.ABANCA nacida dunha intervención con unha elevadísima cantidade de diñeiro público mantén unha posición USUREIRA a hora de negociar os créditos con familias quebradas.
.De ti depende seguir confiando nunha entidade que naceu dun xeito ilexítimo e ten este comportamento cos verdadeiros donos da mesma @s cidadás galeg@s que as fixemos nacer como montes de piedade para loitar contra a usura fai casi 2 séculos.
¡ Róubanche o que é teu urxe que o defendas !
XORNADA DE MOBILIZACIÓNS.
Facemos un chamamento a toda a
sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI
REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA ".
¡ QUE O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES !(procurade chegar un pouco antes).
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.
20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.
Ás 00:00 horas do próximo mércores 1 de xullo de 2015 entrarán en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.
Fano en nome da seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.
Nos últimos meses, a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de inconstitucionalidade.
Non obstante somos as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o verdadeiro poder de cambiar as cousas. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías posibles, só nos queda unha alternativa: a de
NON CONSENTIR , A DE NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.
Así, a falta de poucos días para a súa entrada en vigor, nos posicionamos desobedecendo activamente a estas leis inxustas e animámoste a sumarte, a difundir entre os teus círculos e redes, a mostrar o teu rexeitamento e a manifestar sen temor que estas leis tamén che afectan.
¡ Contigo é posible !.
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22:
As caixas de aforros naceron dos montes de piedade para loitar contra a usura bancaria, fai case 2 séculos. A actitude de ABANCA con familias que teñen problemas para pagar os seus créditos semella outra vez a usura. Non podemos consentir que se trate deste xeito as familias que o longo da historia foron quen, coa súa confianza, crearon e fixeron medrar o que sería o sistema financeiro galego, recentemente privatizado dun xeito absolutamente indecente.
Debemos lembrar que esta entidade que no ano 2010 tiña activos valorados en 75.000 millóns € e considerábase o 5º poder económico do estado foi regalada 1000 € logo de inxectarlle 9.000 millóns € de diñeiro público, sen facer unha auditoría pública que explicara a cidadanía por que non era rendible cando este ano 15 deu 1.200 millón € de beneficio.
É indecente esta actitude, con familias en situacións económicas moi difíciles, por parte dunha entidade que nos foi roubada e a que tivemos que acudir, a un suposto rescate, con inxentes cantidade de diñeiro público.
Eles fan negocios con boa parte da cidanía galega, con moitas familias galegas que aínda non lle retiraron a súa confianza. Con esta concentración queremos lembrarlle que nos e as nosas familias, teñamos ou non débedas con ABANCA, somos os que decidiremos si confiamos ou non nesta nova entidade de crédito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)