domingo, 5 de marzo de 2017



 Os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) falan por si sós: 166 desafiuzamentos ao día


Cada vez que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) saca os datos dun trimestre, saltan mil lecturas sobre os desafiuzamentos. O 3 de marzo saíron os que pechan o ano 2016, deixando un panorama desolador. En 2016 executáronse máis de 60.000 desafiuzamentos, dos cales o 56% son por falta de pagamento de aluguer e o outro 44% de hipoteca, é dicir, A Banca. A estes datos hai que sumar os miles de desafiuzamentos, invisibilizados, de familias que se viron obrigadas a escoller entre a rúa ou ocupar unha vivenda baleira.

Poderiamos poñer o acento na porcentaxe que aumentaron ou diminuíron os desafiuzamentos, pero non o imos a facer. Poderiamos escribir liñas de números, como os 166 desafiuzamentos diarios que se produciron durante 2016, pero tampouco o imos a facer. Hoxe, oito anos despois de empezar a nosa andaina, imos volver a insistir en exceder a frialdade dos números. Hoxe, como cada día, imos lembrar que detrás de cada desafiuzamento hai unha familia, uns nenos, maiores ou anciáns que son sometidos a un proceso tortuoso, sobre os que recae o estigma do empobrecimiento, persoas que ven como os seus soños, os seus proxectos de vida, rompen en mil pedazos mentres a administración abandónaas.

Ao escoitar 166 desafiuzamentos ao día, queremos que pensedes en Irene, como podería ser Maria, Isha, Paco ou Mohammed, uns pais e nais que as noites previas ao desafiuzamento non van poder durmir, aterrorizados, inseguros sen saber que farán despois do desafiuzamento ou onde irán parar.

Pero ao escoitar 166 desafiuzamentos ao día tamén queremos que penses que rol tes ti, nós. Organizadas podemos desobedecer leis inxustas e parar os desafiuzamentos, podemos facer que Maria, Isha, Paco ou Mohammed, todas xuntas, consigamos parar o desafiuzamento e conseguir unha solución habitacional, desactivar o estigma da pobreza, a culpa e o fracaso e activar do da solidariedade, o apoio mutuo, o compañeirismo.

En definitiva, non queremos entrar ata o último decimal dos números, queremos pedirche que che organices coas túas veciñas, que participes da túa PAH máis próxima, que baixes a parar o desafiuzamento da que tes á beira, porque se algunha cousa aprendemos nestes 8 anos, é que xuntas podemos facer posible o imposible.

E para acabar, imos pedir algo máis, que nos apoies para cambiar as leis inxustas e criminais que apisonan 166 veces ao día os dereitos humanos e da infancia no estado español cada día. Pronto, pedirémosche  apoio para facer realidade as 5 propostas da PAH para poñer fin a nivel estatal aos desafiuzamentos, as débedas para sempre, os cortes de subministracións, para ampliar o parque público de vivendas e para facer do aluguer unha opción de vida alcanzable, segura e estable.

Xuntas sabemos, que Si se pode!


mércores, 1 de marzo de 2017


COMUNICADO  SOBRE ORDENANZA MUNICIPAL DE VIVENDAS DE EMERXENCIA E PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS. SOBRE O DEREITO A VIVENDA.

O veres 24 de febreiro comisión do pleno do Concello de Ourense daba o visto bo definitivo a ordenanza municipal sobre vivendas baleiras. Fixéronse 9 alegacións nas que o colectivo participou, nunha mesa de traballo organizada por Ourense en Común. A primeira delas foi unha emenda a totalidade da exposición de motivos, por afrontar o dereito a vivenda dende unha perspectiva de mercado mal intencionada e inconstitucional. O partido popular parte a súa interpretación do Capitulo III dos Principios Reitores da Política social e Económica. Está diste xeito omitindo a obrigatoriedade da interpretación que indica o artigo 10.2 conforme os dereitos fundamentais recollidos no Titulo Primeiro. Polo tanto entendese que está declarando a súa intención de actuar baixo os criterios do mercado da vivenda deixando nun segundo plano a garantía dun dereito básico.

Finalmente solo se recollen 2 emendas:
A 1ª- relativa o tempo de permanencia nas mesmas. Deixa de estar limitado a 3 meses e pasan a ser os servizos sociais, logo de avaliar o situación, os que determinen o tempo de permanencia nas mesmas.

A 2ª Relativa os gastos dos subminístros da vivenda. Pretendía o partido popular que correran a cargo da familia que habitara esas vivendas. Non parece razoable cargar os subminístraos a familias en transito en con dificultades económicas.

O programa de vivendas baleiras, na mesma liña de mercado, vai encamiñado a garantir os cobros dos propietarios chegando ofrecerlles seguros de impago de aluguer mentres non fai propostas para aquelas familias que non dispoñan dos recursos básicos necesarios, esixidos no propio convenio.

O colectivo stop-desafiuzamentos considera imprescindible a creación dun observatorio galego da vivenda así como observatorios municipais nas cidade e vilas de maior tamaño. O obxectivo do mesmo sería o coñecemento detallado dos demandantes de vivenda e a determinación das posibles ofertas os servizos sociais de cara a afondar no cumprimento efectivo do dereito a mesma.

O partido Popular sigue poñendo parches e facendo unha interpretación do dereito a vivenda dende a posición de mercado que no ano 1998 levou a reforma da lei do chan feita por José María Aznar e que abriu un período de especulación inmobiliaria , prohibida na constitución no artigo 47, que remataría 10 anos máis tarde en 2008.

Na actualidade teñen aberto outro ciclo especulativo coa vivenda. Fondos voitres acoden o Banco Malo a SAREB, sostida con diñeiro público, a mercar paquetes de vivendas a prezos que lle son negados a cidadanía. Chegando a ser tal o abuso, que venden vivendas de protección oficial.

Sistematicamente e co único obxectivo de manter o libre-mercado e especulación inmobiliaria para permitir o enriquecemento dunha minoría, estase vulnerando todo o ordenamento xurídico que regula o dereito a a mesma.

O articulo 47 da C.E garante o dereito a vivenda no Titulo Primeiro como un dereito fundamental:

-Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.



Así os artículos 10.1 e 10.2 da Constitución determina a interpretación que se debe facer do articulado recollido neste Titulo I e di:


-10.1 A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social.

-10.2 As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España.


Como dita a constitución neste artigo 10.2 dende o ano 93 o estado Español viña obrigado a adaptar o ordenamento xurídico español a normativa 93/13 CE de protección os consumidores. O feito de no facelo trouxo especulación inmobiliaria e o enriquecemento duns poucos e a actual situación crítica que hoxe estanos a vivir a maioría consecuencia da mesma.


O articulo 39.1 da Constitución di os poderes públicos asegurarán a protección social económica e xurídica da familia.


O estatuto de autonomía de Galicia non seu articulo 27.3 determina que corresponde a Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de Vivenda. No territorio galego sigue habendo preto de 300.000 vivendas baleiras mentras hai xente sin casas


Ten que ser o TXUE o Tribunal de Xustiza Europeo o que nos da a razón en 8 sentenzas consecutivas que de facto invalidan a lei hipotecaria española do século XIX, refundida por Franco en 1946.

podemos afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e desafiuzamentos habidos desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que deberon ser implantadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE, fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Unha lexislación que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia de dereitos dos consumidores, e que afecta tamén a unha necesidade fundamental como a vivenda.

Desde o colectivo stop-desafiuzamentos denunciamos unha vez máis a violación sistemática dos dereitos humanos e da propia Constitución española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.

Este 2016 conseguimos centenares de pequenas grandes vitorias! Paralizamos centenares de desafiuzamentos, arrincado dacións en pago e alugueres sociais ás entidades financeiras, recuperamos vivendas baleiras en mans dos bancos e démoslles unha función social para familias sen alternativa habitacional, asesoramos de forma colectiva a miles de persoas en todo o territorio nos nosos máis de 200 nodos, denunciamos que o Partido Popular de Mariano Rajoy, continúan defendendo os intereses da banca e deixando na cuneta a miles de familias.

Lembramos que desde 2007 ata o 2n trimestre do 2016, segundo datos do CGPJ, executáronse 485.171 desafiuzamentos. Esta cifra representa a 485.171 familias con nome e apelidos, que coas demandas da PAH (dación en pago retroactiva, stop desafiuzamentos, aluguer alcanzable, vivenda alcanzable e subministracións garantidas) houbérase garantido o dereito a unha vivenda e evitaríanse estes desafiuzamentos.

venres, 3 de febreiro de 2017


ENCONTRO EN COMPOSTELA:

A PAH e colectivos Stop-Desafiuzamentos galegos teremos outro encontro mañá sábado día 4 de febreiro en Compostela a partir das 11:30.

Neste encontro poremos en común a situación dos diferentes colectivos. Promoveremos accións conxuntas e o apoio mutuo. Analizaremos a nova situación xurdida tras dúas últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo:

Do 21 de decembro sobre retroactividade das cláusulas chan declaradas abusivas.

Do do 26 de xaneiro sobre abuso da cláusula de rescisión anticipada do contrato hipotecario e reclamación da débeda total pendente.

Tamén estudaremos os resultados que poida carrexar o Real Decreto Lei 1/2017 do 20 de xaneiro que promulgado polo goberno pretende entremediar entre os consumidores e as entidade financeiras na reclamación das cláusulas chan, o noso xeito de velo en favor das entidades.

Cada vez que o TXUE se pronuncia a lexislación hipotecaria do Estado español queda en evidencia e con ela o Partido Popular. Cada vez que se ve cuestionado polo TEXUE, no canto de facer unha profunda reforma da lei hipotecaria adapatandoa a xurisprudecncia europea, posiciónase lexislando a favor das entidades financeiras. Pódese ver no recente R.D 1/2017. O Partido Popular que o Promulga e Ciudadanos e o PSOE que o asinan, fan unha autentica declaración de intencións xa no articulo primeiro:

articulo 1. Objeto:

El presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de "las cantidades indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con hipoteca inmobilias.

Redactan: " las cantidades indebidamente satisfechas por elconsumior". Recae diste xeito a calificación do mal feito sobre o consumidor. (Sutil).

Parece razoable que a redación fora a seguinte: "las cantidades indebidamente cobradas por las entidades financieras"

Tamén No articulo 4 “ costas procesales” :

Tampouco parecen defender o a o consumidor e deciden que si unha cláusula foi declarada abusiva e non estas conforme coa cantidade que propón devolver a Banca e a reclamas xudicialmente. O Pp que o promulga e ciudadanos e PSOE que o asinan parécelles xusto que as costas procesais corran a cargo do consumidor si o xuíz ofrece unha cantidade igual ou inferior a proposta de devolución feita polo banco. O razoable sería que as pague quen incluíu no contrato, de forma opaca, esa cláusula abusiva.

O longo distes anos a PAH e os Colectivos Stopdesafiuzamentos vimos loitando polo dereito a vivenda recoñecido no artigo 47 da C.E entre os dereitos fundamentais. Reforzando a propia C.E o carácter fundamental diste dereito no articulo 10.2. Determinando a forma de interpretar iste articulo conforme a Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos, na mesma materia, ratificados polo Estado Español .

Esta loita vímola dando no plano Social, xudicial e político. O Partido Popular en ningunha ocasión amosou interés por un dialogo razoable coa PAH. Polo contrario dende o primeiro momento rechazou a inciativa lexislativa popular avalada con 1.500.000 sinaturas presentada no congreso en 2012. Tachou a PAH de terroristas, recorreu e forzou a suspensión de 5 leis autonómicas por unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética.



Mentres isto sucedía a PAH recibiu premios na unión Europea pola súa labor social e o TXUE deunos sistematicamente a razón en pronunciamentos e na resolución de cuestións plantexadas por tribunais españois. Istes pronunciamentos do TXUE evidencian dun xeito claro o abuso e a inxustiza da Lexislación Hipotecaria Española da cal se aproveitaron bancos e construtoras para ESPECULAR Vulnerando a prohibición expresa feita no artigo 47da C.E contra a especulación. O goberno do partido Popular e os partidos que o sosteñen Ciudadanos e PSOE son cómplices desta situación que evidencia unha vulneración do estado de dereito e a devilidade do mesmo.

O TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade de todos os procedementos de execución hipotecaria e os desafiuzamentos desde 1995.

A sentenza emitida o 26 de xaneiro polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos. Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993 que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.

A PAH E os Colectivos Stop Desafiuzamentos seguiremos loitando nas rúas, nos xulgados e no terreo político ata conseguir rematar con unha lei Hipotecaria abusiva e Inxusta e ata que se fagan efectivas as 5 demandas de mínimos da PAH:

1. DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA.

2. ALUGUER ALCANZABLE.

3. STOP DESAFIUZAMENTOS.

4. VIVENDA SOCIAL.

5. SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS.






venres, 27 de xaneiro de 2017




O TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade de todos os procedementos de execución hipotecaria e os desafiuzamentos desde 1995.

http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text=&docid=187170&pageIndex=0&doclang=es&mode=req&dir=&occ=first&part=1&cid=611624

A PAH esixe a nulidade de todas as execucións hipotecarias desde 1995 co apoio do TXUE.

http://afectadosporlahipoteca.com/

A sentenza emitida O 20 DE XANEIRO DE 2017 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos.
Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993 que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.

Dicimos que non é unha sentenza máis porque esta vén dicir que é ilegal e nula a cláusula do vencimiento anticipado das hipotecas. Esta cláusula contéñena todas as hipotecas e permite á banca reclamarche a totalidade da débeda pendente, máis os intereses correspondentes, unha vez deixaches de pagar 3 cotas. O caso analizado na sentenza do TJUE, presentado por un xuíz de Santander, cuestiona que a falta de pagamento de 7 mensualidades dun total de 564 cotas mensuais das que constaba a hipoteca fose suficientemente grave como para aplicar o vencimiento anticipado.

Cando chegas a este punto e o banco reclámache de golpe que pagues a totalidade da hipoteca dunha vez, loxicamente non podes pagar de golpe. O banco, amparándose nesta cláusula, executa xudicialmente a hipoteca e abre o proceso que che condena ao desafiuzamento e a unha débeda para sempre.

Dado que é precisamente nesta cláusula na que se basean todas as execucións hipotecarias, podemos afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e desafiuzamentos habidos desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que deberon ser implementadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE, fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Unha lexislación que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia de dereitos dos consumidores, e que afecta tamén a unha necesidade fundamental como a vivenda.

Desde a PAH denunciamos unha vez máis a violación sistemática dos dereitos humanos e da propia Constitución española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.

Cabe lembrar que o Tribunal Supremo xa declarou a nulidade parcial deste tipo de cláusulas abusivas, pero propoñía substituír o inicio da execución hipotecaria dunha falta de pagamento a tres, como ditou a lei 1/2013. Tanto esta lei como o Tribunal Supremo non parou de recibir paus nas oito sentencias do TXUE que xa acumulamos nesta materia.

Agora, con esta nova sentenza anunciamos que imos esixir e a reclamar a declaración de nulidade de todas as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que se produciron desde 1995, e facémolo coa razón que nos dá o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Non só imos esixir a declaración de nulidade, senón a restitución de dereitos e a reparación dos danos producido a máis de 700.000 familias desde 2008 e a todas aquelas que sufriron as consecuencias desde 1995 da ilegal lei hipotecaria española.

Nos próximos días faremos un chamamento para iniciar esta campaña de nulidade de execucións hipotecarias, e desafiuzamentos, e esixiremos restitución de dereitos e reparación de danos. Para presentar esa campaña, convocámoslles á rolda de prensa que daremos mañá venres, día 27 a partir das 11 horas ante a porta do Tribunal Supremo en Madrid.

#TJUEconLaPAH

http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/11590-el-tjue-establece-el-criterio-a-seguir-por-los-jueces-para-declarar-abusiva-la-clausula-de-vencimiento-anticipado/ 

Real Decreto-ley 1/2017, de 20 de Xaneiro.

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-653

Mal Comeza o Real Decreto promovido polo Pp para arbitrar a devolución do indebidamente cobrado pola Banca nas clausulas chan.

Sempre lexisilando a favor dos Bancos
. Si non estas de acordo coa liquidación feita polo banco e o xuiz non supera a cantidade ofrecida polo mesmo comeste as costas procesais, según iste R.D.

Ciudadanos deulle apoio, pero o PSOE como pode asinar esta trampa. Conseguimos xustiza sin paliativos en Europa e veñen istes agora de mediadores.

Están repetindo a estratexia aplicada os afectados por preferentes DIVIDILOS E CONFUNDILOS para que non vian o xulgdo.

Como sabemos todas, a xurisprudencia e fonte do dereio, non se pode lexisar contra xurisprudencia.

Pouco a pouco demostramos que a lexilación hipoearia do Estado Español está obsoleta e que é inxusta.

Que Pp promova esto e una carbonada, pero que o Partido Socialista o asine no canto de estar a Pedir unha reforma profunda, nesta materia, do Código Cvil e outra Lei Hipotearia. Esto é unha traición !
Fixadevos na redación do primeiro ártigo. Xa deixan claro a que defenenden "TAPANDOLLES O ROUBO"

1. Objeto.
El presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de "las cantidades indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con hipoteca inmobilias.

Reactan: " las cantidades indebidamente satisfechas por elconsumior".
Recae diste xeito a calificación do mal feito sobre o consumidor. (Sutil).

Debería ser : "las cantidades indebidamente cobradas por las entidades financieras"

E o PSOE firmoulle esto o Pp...




As nosas hipotecas son un abuso: da cláusula chan ao dereito a teito.
http://afectadosporlahipoteca.com/2017/01/19/nuestras-hipotecas-son-un-abuso-de-la-clausula-suelo-al-derecho-a-techo/

 As Plataformas de Afectade@s pola Hipoteca de todo o Estado saímos novamente á rúa para dirixirnos ao Presidente de Goberno, Mariano Rajoy. Entregamos un escrito ante as delegacións de goberno para instar o Executivo a que responda se tras as últimas sentenzas do Tribunas de Xustiza da Unión Europea vai tomar algunha medida para compensar ás miles de familias que foron vítimas da actual lexislación hipotecaria española, se vai reformar a Lei de Arrendamentos Urbanos para protexer e garantir o acceso á vivenda das persoas e finalmente se vai reconsiderar todos os recursos que interpuxo ante o Tribunal Constitucional ás Leis de Vivenda que se foron aprobando en moitas Comunidades Autónomas. Desde 2013 a normativa hipotecaria española recibiu sete sentencias desfavorables da Xustiza europea, que culminaron coa famosa sentenza do pasado 21 de decembro sobre as cláusulas chan. A seguinte espérase para o 26 de xaneiro: unha sentenza sobre o vencimiento anticipado que pode volver considerar como nulas miles de execucións hipotecarias producidas no Estado español.

Desde  o ano 1993 todos os sucesivos gobernos españois ignoraron, e seguen facéndoo os actuais gobernantes, a directiva 13/93/CEE. Mesmo baixo o risco de ser sancionados por non aplicala, seguen preferindo deixar que se enriquezan ilicitamente as entidades financeiras, seguen permitindo que os contratos ás familias estean repletos de cláusulas abusivas que mesmo a lexislación española  tolera mentres as familias sofren e seguen empobreciéndose. As últimas sentenzas no estado español e na Unión Europea, que fan referencia á cláusula chan,  os gastos de formalización de hipoteca e a responsabilidade ilimitada  -e a próxima sobre vencimiento anticipado-, así o testemuñan. Hoxe as PAH de todo o  Estado denunciamos a complicidade do Goberno coa banca e  denunciamos a aqueles xuíces que non cumpren coas leis. Por iso, presentámoslles un escrito ante as delegacións de Goberno solicitándolle respostas concretas.

Será que Mariano Rajoy e o seu actual goberno cumprirán dunha vez por todas o articulo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos e o artigo 47 da nosa Constitución Ou Seguirá beneficiando aos poderes económicos aínda indo en contra dos cidadáns

Fronte aos abusos das cláusulas chan e do resto de cláusulas abusivas, desde a PAH imos seguir loitando por nosa cláusula teito': queremos que se convertan en lei as nosas aspiracións por unha segunda oportunidade auténtica para os fogares endebedados, o fin dos desafiuzamentos e o parque público de vivenda concretadas nas 5 medidas de mínimos esixidas pola PAH. Mentres, como vimos facendo desde hai 8 anos, poñemos as nosas asembleas e recursos a disposición de todos os afectados pola estafa bancaria. A loita é a mellor garantía para dobregar á banca!




 SENTENZA DO TXUE DO 21 DE DECEMBRO ( SOBRE RETROACTIVIDADE DAS CLAUSULAS CHAN).

http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text&docid=186483&pageIndex=0&doclang=ES&mode=req&dir&occ=first&part=1&cid=509967

Enésimo pau do Tribunal de Xustiza da Unión Europea á banca e as institucións do estado español

A PAH reclamará masivamente a devolución do diñeiro cobrado polas cláusulas CHAN e pide un cambio a fondo da normativa hipotecaria española
Hoxe celebramos que finalmente o Tribunal de Xustiza da Unión Europea dá a razón ás estafadas pola Banca.

A sentenza emitida o 21 de decembro de 2016 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europa supón o enésimo pau histórico á estafa bancaria española, aos Gobernos que a permitiron e aos tribunais nacionais que a suavizaron para protexer á banca. Nova demostración incontestable de que hai que cambiar as leis criminais españolas para protexer os dereitos fundamentais, en especial: o dereito á vivenda. A sentenza deixa en evidencia a doutrina antixurídica do Tribunal Supremo español, que ante a primeira sentenza do TJUE afirmou categoricamente e fóra de toda lóxica xurídica, que a devolución do estafado pola clausula chan sería só desde 2013. O TXUE dá a razón ás estafadas, afirmando que a devolución do roubado con estas cláusulas debe de ser desde a firma do contrato, é dicir, a Banca ha de devolver todo o roubado coa cláusula chan, e non só un pouco como querían unha vez máis, as institucións españolas que se dedican a protexer os beneficios da banca.

Non é a primeira vez que os tribunais europeos chaman a atención á xustiza e ao Goberno español polo noso anómalo sistema hipotecario, que ameaza con débedas para sempre e coa perda de vivenda a máis de 700.000 fogares. Esta sangría produciu gravísimas consecuencias sociais e psicolóxicas para os afectados, e é a evidencia dun sistema hipotecario e de modelo de acceso á vivenda completamente deseñados para producir beneficios á banca e sufrimento ás familias. A PAH esixirá o cumprimento desta sentenza á vez que imos seguir esixindo que o Congreso aprobe as 5 da PAH de forma urxente e inmediata. Tamén advertimos contra posibles intentos, por parte do todopoderoso sector financeiro, de obter contrapartidas a cambio da aplicación obrigatoria da sentenza europea. Calquera contraprestación, sexa en forma dun novo rescate ou de vantaxes legais ou contables, será un novo episodio nunha larguísima lista de favores do actual Goberno do PP á banca.

Dende a PAH, lanzaremos unha campaña para esixir á banca a devolución de todo o roubado coas clausulas chan. Para iso, imos elaborar e facer públicos uns documentos xurídicos para esixir o cumprimento da sentenza do TJUE.

Non só esixiremos a devolución de todo o roubado coas cláusulas chan, senón que imos esixir a reparación para as familias xa desafiuzadas, en moitas ocasións esta clausula foi o determinante á hora de deixar de pagar, por tanto ten que haber unha reparación. E denunciaremos prácticas como os contratos que fixo asinar a banca a debedores a cambio de eliminarlles a cláusula chan, contratos onde facían renunciar a poder reclamar todo o estafado se había futuras sentenzas.

Unha vez máis temos por diante a posibilidade de facer posible o que nos decian que era imposible: imos forzar á banca para cumprir coa sentenza do TXUE.

http://www.elconfidencial.com/vivienda/2016-12-21/unicaja-liberbank-sabadell-sentencia-clausulas-suelo-tribunal-ue-luxemburgo_1307075/