COMUNICADO
SOBRE ORDENANZA MUNICIPAL DE VIVENDAS DE EMERXENCIA E PROGRAMA DE
VIVENDAS BALEIRAS. SOBRE O DEREITO A VIVENDA.
O
veres 24 de febreiro comisión do pleno do Concello de Ourense daba o
visto bo definitivo a ordenanza municipal sobre vivendas baleiras.
Fixéronse 9 alegacións nas que o colectivo participou, nunha mesa
de traballo organizada por Ourense en Común. A primeira delas foi
unha emenda a totalidade da exposición de motivos, por afrontar o
dereito a vivenda dende unha perspectiva de mercado mal intencionada
e inconstitucional. O partido popular parte a súa interpretación do
Capitulo III dos Principios Reitores da Política social e Económica.
Está diste xeito omitindo a obrigatoriedade da interpretación que
indica o artigo 10.2 conforme os dereitos fundamentais recollidos no
Titulo Primeiro. Polo tanto entendese que está declarando a súa
intención de actuar baixo os criterios do mercado da vivenda
deixando nun segundo plano a garantía dun dereito básico.
Finalmente
solo se recollen 2 emendas:
A
1ª- relativa o tempo de permanencia nas mesmas. Deixa de estar
limitado a 3 meses e pasan a ser os servizos sociais, logo de avaliar
o situación, os que determinen o tempo de permanencia nas mesmas.
A 2ª
Relativa os gastos dos subminístros da vivenda. Pretendía o partido
popular que correran a cargo da familia que habitara esas vivendas.
Non parece razoable cargar os subminístraos a familias en transito
en con dificultades económicas.
O
programa de vivendas baleiras, na mesma liña de mercado, vai
encamiñado a garantir os cobros dos propietarios chegando
ofrecerlles seguros de impago de aluguer mentres non fai propostas
para aquelas familias que non dispoñan dos recursos básicos
necesarios, esixidos no propio convenio.
O
colectivo stop-desafiuzamentos considera imprescindible a creación
dun observatorio galego da vivenda así como observatorios municipais
nas cidade e vilas de maior tamaño. O obxectivo do mesmo sería o
coñecemento detallado dos demandantes de vivenda e a determinación
das posibles ofertas os servizos sociais de cara a afondar no
cumprimento efectivo do dereito a mesma.
O
partido Popular sigue poñendo parches e facendo unha interpretación
do dereito a vivenda dende a posición de mercado que no ano 1998
levou a reforma da lei do chan feita por José María Aznar e que
abriu un período de especulación inmobiliaria , prohibida na
constitución no artigo 47, que remataría 10 anos máis tarde en
2008.
Na
actualidade teñen aberto outro ciclo especulativo coa vivenda.
Fondos voitres acoden o Banco Malo a SAREB, sostida con diñeiro
público, a mercar paquetes de vivendas a prezos que lle son negados
a cidadanía. Chegando a ser tal o abuso, que venden vivendas de
protección oficial.
Sistematicamente
e co único obxectivo de manter o libre-mercado e especulación
inmobiliaria para permitir o enriquecemento dunha minoría, estase
vulnerando todo o ordenamento xurídico que regula o dereito a a
mesma.
O
articulo 47 da C.E garante o dereito a vivenda no Titulo Primeiro
como un dereito fundamental:
-Todos
os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada.
Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e
establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito,
regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para
impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías
que xere a acción urbanística dos entes públicos.
Así
os artículos 10.1 e 10.2 da Constitución determina a interpretación
que se debe facer do articulado recollido neste Titulo I e di:
-10.1 A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle
son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto
á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e
da paz social.
-10.2 As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás
liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de
conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os
tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias
ratificados por España.
Como
dita a constitución neste artigo 10.2 dende o ano 93 o estado
Español viña obrigado a adaptar o ordenamento xurídico español a
normativa 93/13 CE de protección os consumidores. O feito de no
facelo trouxo especulación inmobiliaria e o enriquecemento duns
poucos e a actual situación crítica que hoxe estanos a vivir a
maioría consecuencia da mesma.
O
articulo 39.1 da Constitución di os poderes públicos
asegurarán a protección social económica e xurídica da familia.
O
estatuto de autonomía de Galicia non seu articulo 27.3 determina que
corresponde a Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en
materia de Vivenda. No territorio galego sigue habendo preto de
300.000 vivendas baleiras mentras hai xente sin casas
Ten
que ser o TXUE o Tribunal de Xustiza Europeo o que nos da a razón en
8 sentenzas consecutivas que de facto invalidan a lei hipotecaria
española do século XIX, refundida por Franco en 1946.
podemos
afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e
desafiuzamentos habidos desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que
deberon ser implantadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE,
fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de
inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Unha lexislación
que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia
de dereitos dos consumidores, e que afecta tamén a unha necesidade
fundamental como a vivenda.
Desde
o colectivo stop-desafiuzamentos denunciamos unha vez máis a
violación sistemática dos dereitos humanos e da propia Constitución
española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os
desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a
anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de
que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.
Este
2016 conseguimos centenares de pequenas grandes vitorias! Paralizamos
centenares de desafiuzamentos, arrincado dacións en pago e alugueres
sociais ás entidades financeiras, recuperamos vivendas baleiras en
mans dos bancos e démoslles unha función social para familias sen
alternativa habitacional, asesoramos de forma colectiva a miles de
persoas en todo o territorio nos nosos máis de 200 nodos,
denunciamos que o Partido Popular de Mariano Rajoy, continúan
defendendo os intereses da banca e deixando na cuneta a miles de
familias.
Lembramos
que desde 2007 ata o 2n trimestre do 2016, segundo datos do CGPJ,
executáronse 485.171 desafiuzamentos. Esta cifra representa a
485.171 familias con nome e apelidos, que coas demandas da PAH
(dación en pago retroactiva, stop desafiuzamentos, aluguer
alcanzable, vivenda alcanzable e subministracións garantidas)
houbérase garantido o dereito a unha vivenda e evitaríanse estes
desafiuzamentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario