venres, 24 de marzo de 2017

 CAMPAÑA DE ADHESIÓNS EN APOIO Á LEI DE VIVENDA DA PAH.




Sumate á campaña de apoio á Lei de Vivenda da PAH

A vivenda é un dereito e non unha mercadoría. Levamos anos nunha situación que miles de familias en todo o estado están a padecer os estragos da "crise", como demostran os 166 desafiuzamentos ao día, que se seguiron producindo no 2016. Todas coñecemos a alguén próximo que se atopa nalgunha destas situacións ou unha mesma:

    Non chegar a fin de mes

    Estar no dilema de recuperar unha vivenda baleira dos bancos ou quedarme    na rúa

    Non renovarche o contrato de aluguer, a propósito que van especular co piso

    Pedirche 200 euros máis no aquiler de hai 3 anos

    Aínda sen traballo e con poucas axudas sociais

    Vergoña, rabia e indignación

Se tivésemos políticas de vivenda valentes, que antepuxesen os dereitos das familias ante a especulación, non estariamos nestas situacións e ante o ataque sistemático a dereitos fundamentais. A ilegalidade da lei hipotecaria española xa foi ditaminada polo Tribunal Supremo de Xustiza Europeo, agora toca actuar.

Xa basta de leis inxustas! Chegou o momento de cambiar as cousas e por iso, a PAH promove unha lei de vivenda, a #LeyViviendaPAH, poñendo uns cimentos sólidos para garantir o Dereito á vivenda.

Logremos entre todas que se lexisle, antes de agosto, a Lei de Vivenda da PAH!. 

Queres que 166 familias sigan sendo despexadas todos os días? Queres que a banca devolva o roubado nas cláusulas chan , IRPH, e outras clusulas asbusivas?
A PAH presentamos os partidos do Congreso #LeyViviendaPAH: 5 medidas de mínimos para para garantir o dereito á vivenda para todas:

1. Dación en Pago Retroactiva.
2. Aluguer Alcancable.
3. Stop-desafiuzamentos
4. Vivenda Social
5. Suministros garantidos.


 Precisamos do teu apoio para presionar o Congreso, pois esta lei é para todas. Firma na nosa lista de adhesións e sen parte da campaña para #LeyViviendaPAH que rematarácos desafiuzamentos .

>>>http://las5delapah.com/adhesiones_ley-de-vivienda-de-la-pah/

Temos un mes ata que o Congreso decida se aproba ou non.
Únete, asina e difunde; Entre todas coseguirémolo!
#LeyViviendaPAH # SíSePuede

Ningún comentario:

Publicar un comentario