-DESAFIUZAMENTOS
POR IMPAGO DE ALUGUER A PARTICULARES.
-DESAFIUZAMENTOS
POR IMPAGO DE COTA HIPOTECARIA.
Stop-desafiuzamentos
Ourense acordou, no seu momento, en asemblea a maneira de actuar nos
casos de desafiuzamentos por impago de aluguer.
Cando
un propietario particular despexa a unha familia dunha vivenda por
impago de aluguer. Propietario e inquilino confrontan dous dereitos.
Por un banda o dereito a propiedade e pola outra o dereito
fundamental a unha vivenda digna. Como e lóxico non corresponde os
particulares garantir este dereito. Tendo claro o colectivo
stop-desafiuzamentos Ourense que o dereito a vivenda e irrenunciable
forzamos as administracións a proporcionar unha alternativa
habitacional e sinalamos o despexo. Non forzamos unha ocupación da
vivenda do propietario que en algúns casos é a única fonte de
ingresos familiares dos que dispón. Si for preciso ocuparíase unha
vivenda da SAREB ou de banco intervídos con diñeiro público, nunca
vivendas de propietarios particulares.
Cando
se trata de despexos promovidos por entidades financeiras, moitas
delas rescatadas con diñeiro público, por impagos de cotas
hipotecarias, o xeito de actuar do colectivo e distinto. Primeiro
fréase o desafiuzamento, si fose o caso. Logo negociase un acordo
coa entidade financeira para un aluguer social ou para reducir as
cotas e seguir pagando. Si chegado o caso o banco intentase tomar
posesión da vivenda impídese ata que as administracións
proporcionen alternativa habitacional. En situacións determinadas a
obra social da PAH ocupou vivenda da SAREB ante a falta de resposta
das administracións.
A constitución trata con claridade o dereito a vivenda, determinando no articulo 10.2 como se debe interpretar iste dereito, conforme á Declaración Universal dos Dereirtos Humanos, e deixa ben claro quen esta obrigada a facelo efectivo. No Título I.
A constitución trata con claridade o dereito a vivenda, determinando no articulo 10.2 como se debe interpretar iste dereito, conforme á Declaración Universal dos Dereirtos Humanos, e deixa ben claro quen esta obrigada a facelo efectivo. No Título I.
- Título I. Dós dereitos e deberes fundamentais:
-Artigo 10.
1.A dignidade
da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre
desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos
dos demais son fundamento da orde política e da paz social.
2.As normas
relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a
Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa
Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e
acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por
España.
-Artículo 47.
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
-Artículo 3.
1. Os poderes públicos aseguran a protección
social, económica e xurídica da familia.
4. Os nenos gozarán da protección prevista nos
acordos internacionais que velan polos seus dereitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario