domingo, 5 de marzo de 2017



 Os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) falan por si sós: 166 desafiuzamentos ao día


Cada vez que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) saca os datos dun trimestre, saltan mil lecturas sobre os desafiuzamentos. O 3 de marzo saíron os que pechan o ano 2016, deixando un panorama desolador. En 2016 executáronse máis de 60.000 desafiuzamentos, dos cales o 56% son por falta de pagamento de aluguer e o outro 44% de hipoteca, é dicir, A Banca. A estes datos hai que sumar os miles de desafiuzamentos, invisibilizados, de familias que se viron obrigadas a escoller entre a rúa ou ocupar unha vivenda baleira.

Poderiamos poñer o acento na porcentaxe que aumentaron ou diminuíron os desafiuzamentos, pero non o imos a facer. Poderiamos escribir liñas de números, como os 166 desafiuzamentos diarios que se produciron durante 2016, pero tampouco o imos a facer. Hoxe, oito anos despois de empezar a nosa andaina, imos volver a insistir en exceder a frialdade dos números. Hoxe, como cada día, imos lembrar que detrás de cada desafiuzamento hai unha familia, uns nenos, maiores ou anciáns que son sometidos a un proceso tortuoso, sobre os que recae o estigma do empobrecimiento, persoas que ven como os seus soños, os seus proxectos de vida, rompen en mil pedazos mentres a administración abandónaas.

Ao escoitar 166 desafiuzamentos ao día, queremos que pensedes en Irene, como podería ser Maria, Isha, Paco ou Mohammed, uns pais e nais que as noites previas ao desafiuzamento non van poder durmir, aterrorizados, inseguros sen saber que farán despois do desafiuzamento ou onde irán parar.

Pero ao escoitar 166 desafiuzamentos ao día tamén queremos que penses que rol tes ti, nós. Organizadas podemos desobedecer leis inxustas e parar os desafiuzamentos, podemos facer que Maria, Isha, Paco ou Mohammed, todas xuntas, consigamos parar o desafiuzamento e conseguir unha solución habitacional, desactivar o estigma da pobreza, a culpa e o fracaso e activar do da solidariedade, o apoio mutuo, o compañeirismo.

En definitiva, non queremos entrar ata o último decimal dos números, queremos pedirche que che organices coas túas veciñas, que participes da túa PAH máis próxima, que baixes a parar o desafiuzamento da que tes á beira, porque se algunha cousa aprendemos nestes 8 anos, é que xuntas podemos facer posible o imposible.

E para acabar, imos pedir algo máis, que nos apoies para cambiar as leis inxustas e criminais que apisonan 166 veces ao día os dereitos humanos e da infancia no estado español cada día. Pronto, pedirémosche  apoio para facer realidade as 5 propostas da PAH para poñer fin a nivel estatal aos desafiuzamentos, as débedas para sempre, os cortes de subministracións, para ampliar o parque público de vivendas e para facer do aluguer unha opción de vida alcanzable, segura e estable.

Xuntas sabemos, que Si se pode!


Ningún comentario:

Publicar un comentario