xoves, 11 de febreiro de 2016



CRONOLOXÍA DO PRÓXIMO DESAFIUZAMENTO.
Do Estado de dereito, dos servizos sociais, da falta de recursos económicos e dos tìteres terroristas.

O 29 de xaneiro.
Ponse en contacto co colectivo unha familia composta por tres membros un pai o que chamaremos Xan, unha nai a que chamaremos María (nomes figurados) con unha nena de 7 anos. Residen nun piso de aluguer que custa 250€ mensuais.

Ata fai 3 anos a situación económica desta familia era relativamente estable. No ano 2012 Xan vaise o PARO e pasa a cobrar durante 10 meses 310€, difícil manter a unha familia con estes ingresos. Rematado o paro cobra durante 18 meses unha “AXUDA FAMILIAR” de 213€. Rematada esta axuda solicita o “PREPARA”, mentres a aproban está 2 meses sen ingresos, mantéñense co apoio dos pais de Xan. Comeza o cobro da axuda do Prepara de 426€ rematada esta axuda está 8 meses sen ingresos, nesta ocasión a axuda do pai de Xan vese minguada o ires o paro o seu irmán e ter que repartir o esforzo.

Neste período suspende os pagos do aluguer da vivenda e dos recibos de suministros acumulando 3 meses de débedas.

Actualmente cobran a axuda “ACTIVA” de 426€ dende o mes de decembro, con estes ingresos non poden pagar as débedas e subsistir. Fai 15 días cortáronlles os suministros de auga, o suministro eléctrico conseguimos recuperalo pero estivo 15 días sen auga.

Hai que aclarar que acoden a servizos sociais do Concello para pedir axuda para o pago dos recibos, ás cales parece non ter dereito por estar os mesmos a nome da propietaria da vivenda.

O 1 de febreiro:
Presentamos escrito na Delegación de Vivenda da Xunta de Galicia (IGVS) e outro dirixido os servizos sociais do Concello de Ourense, como é sabido dúas administración politicamente dirixidas polo Partido Popular. Nestes escritos dáselle coñecemento as dúas administracións, local e autonómica, da situación desta familia e solicitase vivenda de protección social. Sabemos por outras ocasións que A xunta non ten vivenda social para persoas desafiuzadas por impago de aluguer; PERO É NATUREZA DISTE COLECTIVO A DEMANDA DE VIVENDA DIGNA E A PREZO ASUMIBLE, PARA FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS, ASÍ COMO A LOITA CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA, QUE VAI LIGADA A LOITA POLO DEREITO A VIVENDA.

Este mesmo día a traballadora social da súa zona,abrindo un oco na súa axenda, detalle de agradecer, ante a urxencia do caso, faille unha entrevista e comunícalle que tanto os recibos atrasados de impago do aluguer como os de suministros se poden pagar con unha “axuda de emerxencia” que cando menos demora un mes en concederse.

O día 2 de febreiro:
Ante o escrito presentado na subdelegación de Vivenda (IGVS) a Delegada de Vivenda concédelle unha entrevista a Xan o día 2 e a María o día 3 de febreiro (por separado). Nesta entrevista a delegada de vivenda lémbralles que teñen unha menor a seu cargo, de 7 anos, e que deben garantir a correcta hixiene da menor. Coméntanos Xan e María que se sentiron coaccionados o falarlles de que menores podía retirarlles a tutela da súa filla. Dilles que intentará restaurar os suministros.

O día 5 de febreiro:
Ante a desesperación e o medo desta parella a perder a tutela da filla e tendo en conta que a media
maña non se re-establecera o servizo de auga e entravamos en fin de semana, pomonos en contacto coa empresa suminitradora VIACUA . Temos que remarcar a total colaboración e o bo trato recibido polo inspector de contadores e pola xefa de oficinas, as súas persoas que nos atenderon.

Facémoslles saber que se trata dunha familia con escasos recursos económicos que acumularon débedas que agora non poden afrontar e que precisan tempo para buscar solucións.

Explícanos a xefa de oficinas que a política de empresa e de non cortar suministros nos casos de persoas con poucos recursos pero o estar o recibo a nome da propietaria E NON RECIBIR NINGÚN AVISO O LONGO DA SEMANA DOS SERVIZOS SOCIAS (enténdase que obxectivamente non correspondería esta axuda, por estar o recibo a nome da propietaria, pero a delegada precisou que tiñan que garantir a hixiene da menor; logo como se explica que Viacua non tivera coñecemento dos servizos sociais, diste caso, a venres e preto do peche de oficinas, logo de comprobalo esta mañá, tampouco a data de hoxe; Entendemos que si o colectivo no fixera a xestión seguirían sen auga). Preto do peche de oficinas María e Xan tiñan auga na súa vivenda.

A data de hoxe:
Estamos a espera dunha axuda de “emerxencia” , que demora un mes, mínimo, en ser aprobada. E que debería cubrir os gastos de auga e aluguer, non sabemos a cantidade, e que irían a conta da propietaria e da empresa VICUA. Tamén esperamos a decisión da representate da Xunta de Galicia en Ourense para que cumpra coa obriga constitucional e proporcione unha vivenda de protección social.

A propietaria de vivenda como é de esperar, en calquera momento, comezará cun proceso de desafiuzamento expres por vía xudicial e teremos unha familia máis con menores na rúa mentres as administracións seguen a afogalas en burocracia e a obrigalas a competir por recursos elementales para a subsistencia destinando os, nosos impostos, recursos públicos a tapar os furados económicos de corruptos varios e de banqueiros.

ACLARACIÓNS:
O colectivo Stop desafiuzamentos Ourense nos casos de desafiuzamentos por impago de aluguer a unha propietaria particular onde se ven claramente enfrontados o dereito a propiedade e o dereito a vivenda recollido no artigo 47 da CE entre os dereitos fundamentais. Consideramos no seu moomento en decisión asamblearia que, nun estado de dereito ben entendido, debe ser a administración quen de solución o problema, garantindo en calquera caso que ningunha familia quede na rúa, e sendo dilixente na busqueda de solucións, de tal xeito que non se vexan familias competindo por recursos básicos e sometidos a presións constantes.

Como e costume lembramos que en Galiza hai 300.000 vivenda valeiras 15.000 delas en Ourense e que se levan empregado no rescate a entidades financeiras máis de 200.000 millóns de euros, que a SAREB sigue apalancando vivenda para ampliar o negocio, sustentado con diñeiro público chegando a vender vivenda social a fondos voitre, que pagamos 36.000 millóns de € anuais dunha débeda xerada por especuladores corruptos nunha burbulla inmobiliaria xerada coa reforma de Lei do chan feita por José María Aznar no ano 1998 des-regularizando o uso do chan, encontra do exposto na constitución, coa única intención de facer negocio.


CONCLUSIÓNS:
Que se fan evidentes no caso de Xan e María un dos preto de 90 que levamos coñecido en Ourense.

1º)- Os invisibles os neguen, podemos ser calquera en calquera momento, vense obrigados a competir por recursos básicos, que deberían estar garantidos, para poder subsistir. Mentres rescatamos corruptelas varias, bancos, damos axudas para mercar Mercedes, axudamos a que e paguen vacacións dende a Deputación nos balnearios dos seus amigos.

Cremos que unha renda básica única, ben xestionada, e enmarcada nun plan de busca activa de emprego, ben deseñado, é fundamental nunha sociedade enfrontada o fin dunha revolución industrial e hiper-automatizada incapaz de xerar emprego estable con salarios dignos. De no facelo a tempo a sociedade terminará demandando pola forza.

2º)- Como temos dito noutras ocasión observase un estado de dereito falido pois tanto o dereito a vivenda digna, irrenunciable para o noso colectivo, como o dereito a propiedade vense danados ante a falla de iniciativas eficaces das administracións. Elixindo normalmente o rigor no cumprimento do dereito a propiedade por enriba dos dereitos humanos.

3º)- Consecuencia do punto anterior vemos un sistema xudicial que se permite levar o extremo a interpretación, tendo recursos medios si observa algo reprobable, dunha lei para tratar de terroristas a uns titiriteiros. Deteñen a un mozo na cidade de Ourense en pleno carnaval, por facer mofa satírica do tema, e miran de imputalo por terroristas, mentres especuladores e corruptos e se pasean polas rúas. O mesmo tempo día tras día vemos a familias en situacións verdadeiramente terroríficas que rematan con morte por suicidio por mor dunha mala xestión duns recursos públicos en favor dunha elite corrupta.

Grazas pola vosa atención e boa noite !



 EN VIGO.

O 10 de febreiro, Eugenia e o seu fillo foron desaloxados da vivenda onde residían, pola forza por axentes da Policía Nacional, e sen previo aviso. Logo de procurar as axudas das Administracións públicas, sen resultado, este sistema que nos oprime, gañou outra vez e Eugenia fica na rúa, sen casa e sen recursos. Co beneplácito do 'sistema xudicial' sempre Ó servizo do capital e dos poderosos. O venres Eugenia contará o seu caso. E porque todas poderíamos ser ela.. ali estaremos para acompañala. Acudide

https://www.facebook.com/events/436805279851711/

venres, 22 de xaneiro de 2016

O Tribunal Supremo declara nulas as cláusulas Chan do Banco Popular por "abusivas"
    As cláusulas chan "non reúnen as esixencias de transparencias aplicables"
    Desestima os recursos da entidade e dá a razón á Audiencia de Madrid
    Tamén declara nulas outras cláusulas en contratos de BBVA e de Popular.


RTVE.es / AXENCIAS
http://www.rtve.es/noticias/20160121/tribunal-supremo-declara-nulas-clausulas-suelo-del-banco-popular-abusivas/1288161.shtml

http://www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/7294084/01/16/Economia-FinanzasEl-Supremo-declara-nulas-por-abusivas-varias-clausulas-en-contratos-bancarios-de-BBVA-y-de-Popular.html

A sala primeira do Tribunal Supremo declarou a nulidade das cláusulas chan do Banco Popular, tras desestimar os recursos interpostos pola entidade, e dá a razón á Audiencia Provincial de Madrid ao considerar "abusivas" as condicións dos contratos hipotecarios.

Na sentenza do Alto Tribunal, o relator da sala declarou a nulidade das cláusulas chan incluídas nos préstamos hipotecarios de Banco Popular ao "non reunir as esixencias de transparencias aplicables".

A entidade apelou á doutrina do Supremo despois de que, en 2013, a Audiencia Provincial de Madrid fallase a favor dos demandantes, consumidores de préstamos hipotecarios do Banco Popular e do BBVA, representados pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

O banco presentou un recurso extraordinario por infracción procesual ao considerar que a demanda da OCU "centrábase nun pretendido desequilibrio entre as partes" e non na falta de transparencia que alegan os tribunais para considerar abusivas as condicións dos seus contratos hipotecarios.

Así mesmo, o Popular defendeu que nos seus contratos "a cláusula controvertida é suficientemente comprensible por si mesma" e que a maior parte dos casos denunciados pola OCU "son referentes a BBVA", alegacións ambos que foron directamente rexeitados pola sala.

Durante a presentación de resultados do terceiro trimestre do ano do banco, o conselleiro delegado de Popular, Francisco Gómez, sinalou que o banco ten cláusulas adoito no 10% da carteira de crédito, o que supón uns 10.000 millóns de euros, e especificou que o impacto de retiralas sería de entre 7 e 8 millóns de euros nos beneficios netos cada mes, ata un máximo de 90 millóns ao ano.

Segundo sinalaron fontes do banco ás axencias EFE e Europa Press, o Popular acata o fallo e estudará en detalle a sentenza para coñecer os seus efectos, algo que tamén fará a OCU para valorar a súa pode aplicarse con carácter retroactivo.
Nulidade do vencimiento anticipado dos préstamos hipotecarios

Ademais, a Sala Primeira do Tribunal Supremo declaraou nulas por "abusivas" outras cláusulas incluídas en contratos bancarios con consumidores do BBVA e do Banco Popular, ao rexeitar os recursos de infracción procesual e de casación interpostos polas entidades. Nun comunicado, o Supremo concretou que a decisión afecta a determinadas cláusulas chan, intereses moratorios, vencimiento anticipado, atribución de gastos das operación ao consumidor e contratación telefónica.

Deste xeito, o tribunal reiterou a nulidade do vencimiento anticipado dos préstamos hipotecarios concedidos por BBVA ao considerar que "non supera os estándares esixibles" e por tanto, "é abusiva". A sentenza considera que dita cláusula, pola que a entidade pode esixir anticipadamente a devolución do préstamo pola falta de pago de calquera cota, "non permite ao consumidor evitar a súa aplicación mediante unha conduta diligente de reparación".

Con todo, o tribunal matiza que, a pesar da nulidade da cláusula, o levantamento da execución hipotecaria ou do embargo só se producirá en determinados casos, tales como a falta de pagamento de tres prazos.

A sentenza tamén declara nulas as cláusulas que impoñen ao consumidor todos os custos derivados da concertación do contrato como consecuencia da intervención notarial e rexistral e o pago dos tributos nos que o suxeito pasivo é o banco.

En materia de interese de demora, a sentenza mantén a declaración de nulidade por abusivo do tipo fixado ao 19% no préstamo hipotecario do BBVA.


mércores, 6 de xaneiro de 2016





¡ A BANCA ! ¿Sentir común?...

Onte 23 véspera de noite boa, un compañeiro con unha enfermidade grave, con leucemia, tratándose con quimio entrando e saíndo no hospital para recibir este tratamento, con un fillo menor de idade, recibe un auto xudicial do Xulgado nº 5 de Primeira Instancia comunicándolle que se continua co procedemento para lanzalo da vivenda na que reside. Xa fora freado o día 20 de novembro, e non se cortan en ABANCA, nin os xulgados EN PLENO NADAL E CON UNHA ENFERMIDADE GRAVE, logo de saneala con 9000 millóns de € de diñeiro público e dando xa beneficios en 2013 de 1200 millóns de € antes de impostos.
Lembramos que este compañeiro vive nunha casa que era do seu pai que tiña unha pequena empresa que foi a menos na crise e para aguantar e non despedir pediu créditos quedándoselle ABANCA con 2 casas e 1 piso. Nunha destas vivendas é onde vive o noso compañeiro. Contactou con nós recéntemente, nunca teríamos permitido que se quedaran coas 3 vivendas. Agora reclamáselles un aluguer social e négano dicindo que el está nesta casa de ocupa por non ter contrato legal de aluguer co seu pai.
¿FOI LEGAL A QUEBRA DAS CAIXAS DE AFORRO? ¿ESTÁ PAGANDO ALGUÉN CADEA E VOLTANDO O ROUBADO?
A situación de abuso á que nos teñen sometidas non pode seguir así. ¡Maldecidos sexan!
Somos nós os cidadáns os que debemos tomar a iniciativa contra estes abusos. DEBEN PAGAR POLA QUEBRA DAS CAIXAS DE AFORRO.
NON TEN SENTIDO COMÚN NIN DIGNIDADE QUEN MANTÉN OS AFORROS NA ENTIDADE QUE OS ROUBOU.
¡Meditade e compartide !
¡Bo Nadal e pensade que non todos poden desfrutar das festas tranquilos!

domingo, 27 de decembro de 2015

Vide ao ‪#‎MercadoSolidarioSTOP‬ nas festas e aproveitade para mercar a bo prezo roupa, calzado, xoguetes, libros, ...
23, 26, 27, 28, 29 e 30 de Decembro
de 18:30 hrs.   a 20:00 hrs.

Toda a colaboración e ben recibida para axudar a manter o local aberto a disposición de todas a veciñanza...

xoves, 24 de decembro de 2015

19 DE DECEMBRO 2015.

Acción a nivel estatal "as 5 da PAH" 18:00h en todas as Prazas das cidades e vilas do estado. En Ourense saímos a rúa a repartir información para a xudar a cidadanía a reflexionar, ¿quen defende os seus intereses? ¿quen os dos poderes financeiros e os plutócratas?.

3 preguntas e un desexo da PAH
https://www.youtube.com/watch?v=XQdFVUP4ndo
O 20 de Decembro pensa nas 650.000 familias que perderon a súa casa por non poder facer fronte á súa cota hipotecaria, nos cortes de subministracións indiscriminadas, nos desafiuzamentos de aluguer, no bloqueo do PP da nosa ILP hipotecaria con máis de 1.600.000 de firmas, nas entidades financeiras rescatadas co diñeiro de todas que non queren ceder os seus pisos baleiros para que sexan vivenda social.
Comparte este vídeo en facebook! Pásao por whatsapp! Aínda que algúns non queiran que pase? que todo o mundo véxao!
https://www.youtube.com/watch?v=XQdFVUP4ndo
#‎AtopeConLas5‬

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.
2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.
3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.
4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.
5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.




mércores, 2 de decembro de 2015




As cinco propostas lexislativas das PAHs/STOPs da Galiza diante das Eleccións Xerais do 20 de Decembro

Tres anos despois de tentar cambiar a lei a través da ILP que o PP bloqueou coa súa maioría absoluta, e máis de 6 anos despois de autotutelar os nosos dereitos a diario parando desafiuzamentos, recollendo familias a través da Obra Social, arrincando dacións e alugueres sociais á banca, soportando multas, represión e unha campaña de estigmatización constante dende os poderes fácticos e políticos do Estado Español. As eleccións xerais abren a posibilidade dunha nova correlación de forzas que permita superar a complicidade da banca e as subministradoras cos gobernos do PP e o PSOE. Complicidade que ocasionou leis inxustas, estafas, desafiuzamentos e cortes de subministracións.

Dirixímonos a toda a cidadanía, para que coñeza estas demandas enmarcadas na campaña: Sen as 5 da PAH, Eu non vos voto:

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.

2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.

3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.

4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.

5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.

Son 5 demandas de mínimos, necesarias, urxentes, destinadas a rescatar á cidadanía. Desde 2009 puxemos propostas de solución sobre a mesa a todos os partidos e todos os niveis da Administración. Demostramos que perdendo o medo podiamos vencer a Bancos, financeiras e fondos voitres. Fomos nós quen en ausencia de gobernos valentes organizámonos e combatido polos nosos dereitos.

As PAH e colectivos Stop-desafiuzamentos Galegos presentamos no Parlamento Galego o día 10 de novembro estas 5 propostas lexislativas, dentro desta campaña que deu comezo en todo o estado o día 8 de setembro.

Recentemente comezamos a recibir propostas de reunións con formacións políticas. Dende os colectivos galegos, e dado que entramos de cheo nun ciclo electoral que comeza con eleccións Estatais ao Congreso e ao Senado, rematando en primavera con unhas eleccións autonómicas queremos comunicar:

1º) As formacións políticas que se amosen sensibles coas 5 propostas da PAH, en política de vivenda, faránnolo saber por escrito antes do día 14 de decembro. Explicando no mesmo o nivel de compromiso con estas propostas.

2º) Os colectivos pah-stop galegos consideramos que as propostas lexislativas da PAH son razoables e asumibles por calquera formación política e as condicións que expoñemos tamén entran dentro da lóxica preventiva dun colectivo cidadá que non quere ser utilizado en campaña electoral para beneficio de ningunha formación política.

3º) Ante os presentes tempos electorais e partidarios, dende o colectivo das PAHs e STOP DESAFIUZAMENTOS galegas consideramos que participar nas presentes eleccións coma axente activo e sobre todo en forma de correa de transmisión publicitaria, non é o noso papel.

Recibide unha fraternal aperta.
NEN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA.

30 de Novembro de 2015

PAHs/STOPs da Galiza