xoves, 27 de setembro de 2018




Xa era hora! O Congreso aproba a toma en consideración da Lei Vivenda PAH

 
By hmora85 on 18/09/2018 Tras unha década de loita social, chegou a hora de facer xustiza coas familias afectadas pola usura da banca e as leis criminais O 18 de setembro de 2018, pasará á historia na loita dos dereitos civís do noso país como o día en que o Congreso tomou en consideración a Lei de emerxencia habitacional para familias vulnerables no ámbito habitacional e da pobreza enerxética, máis coñecida como a Lei de Vivenda da PAH.

 Xusto canto se producen 10 anos do estalido da crise financeira e a burbulla inmobiliaria, máis de 700.000 desafiuzamentos despois, outros tantos centenares de miles de familias que estiveron ou están ao bordo do desafiuzamento, unha incerta cifra de suicidios pero que supera seguro varios miles, despois de toneladas de sufrimento inxusto, inxustificable, inhumano e irracional, por fin a representación da cidadanía decidiu estudar as propostas da PAH, elaboradas coa autécticas coñecedoras dos devastadores efectos da crise, a estafa hipotecaria ou a actual burbulla do aluguer: as familias afectadas.

 Nunha situación de absoluta emerxencia habitacional, con preto de 16.000 desafiuzamentos só no primeiro trimestre deste ano, cuns prezos e unha regulación do aluguer que está a expulsar á xente, non só das súas casas senón tamén dos seus barrios e cidades, precarizando aínda máis as condicións de vida, cuns prezos de compra subindo ao ritmo dos anos da burbulla e sen un parque público de vivenda social en regimen de aluguer que free as subidas, cuns fondos voitre que non pairan de acaparar vivenda a prezos de saldo, pero que non sacan ao mercado para especular con elas; e un oligoplio enerxético que inpunemente non dubida en cortar as subministracións básicas de auga, luz e gas, condenando a unha vida de frío e escuridade.


Este é o contexto no que Xa era hora! Escóitanse as nosas propostas. A Lei de Vivenda da PAH é unha proposta de Xustiza Social que nace do sufrimento, pero que constitúe a única esperanza para conseguir que o acceso á vivenda neste país, poida deixar de depender exclusivamente do nivel de renda das familias, e chegue algún día para ser considerado como un Dereito esixible pola cidadanía. Imos estar moi pendentes do trámite da lei, non imos consentir que, vía emendas, poidan desnaturalizar o espírito, os contidos ou o alcance da nosa lei.

Nin tampouco que con argucias atrasen a súa aprobación definitiva, que esperamos non máis aló da próxima primavera, porque a situación é dramática. Imos tamén en paralelo, a pelexar por outras medidas tamén imprescindibles, pero que por razóns xurídicas non cabían na lei, como a retirada inmediata dos recursos de inconstitucionalidade contra todas as leis autonómicas que interpuxo o goberno do PP, imos esixir o cumprimento inmediato do ditame do Comité DESC da ONU, a pelexar por unha reforma fiscal da vivenda que saque ao aluguer os 3,5 millóns de casas baleiras que hai segundo o INE… E aínda que somos fortes, este camiño non o imos a facer soas, senón da man da Alianza contra a Pobreza Enerxética, que xa colaborou no redactado da Lei, e do Sindicato de Inquilinas e Inquilinos. Colectivos sociais, que xunto á PAH, loitan polo Dereito á Vivenda Digna e Adecuada neste país; así como un gran número de movementos sociais que nos acompañaron neste proceso e continúan estando ao noso lado.

Longo foi o camiño desde que a PAH naceu en febreiro de 2009, disposta a cambiar as cousas, reverter os sentimentos de culpa, vergoña e medo das familias afectadas cara ao empoderamiento e facer entender que non somos culpables, senón vítimas dun sistema dominado pola banca e unhas leis de vivenda totalmente criminais. O obxectivo principal estaba claro, lograr unha nova lexislación. Nos decian que era imposible, que as cousas eran así, que non as podriamos cambiar, pero nós sabiamos que o imposible só tarda un pouco máis. Alzamos a voz e con paso firme chegamos ao Congreso. Hoxe arrinca unha etapa de esperanza, unha oportunidade para reparar unha inxustiza histórica e evitar que se repitan os devastadores feitos que nos trouxeron ata aquí.

 Si se pode! # YaEraHora

  Las mentiras sobre vivienda de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia
 http://afectadosporlahipoteca.com/2018/08/20/las-mentiras-sobre-vivienda-de-la-comision-nacional-de-los-mercados-y-la-competencia/

 
 http://afectadosporlahipoteca.com/2018/09/11/gracias-a-la-presion-social-la-ley-vivienda-pah-llega-al-congreso/


Ábalos se compromete con la Ley Vivienda PAH

 http://afectadosporlahipoteca.com/2018/09/14/abalos-se-compromete-con-la-ley-vivienda-pah/

Ningún comentario:

Publicar un comentario