ACENDIDO ALUMEADO DE NADAL 2018.
Aproveitamos este día do acendido, do alumeado decorativo, que da comezo a o período comercial das festas da Natividade e convidamos a cidadanía a ir máis alá do consumismo e do mero decorado e entrar no fondo da cuestión que encerra o mesmo, e que debería implicar a toda a sociedade.
Cremos que xa vai sendo hora de POR FREO OS ABUSOS DO MERCADO ENERXÉTICO, mentres uns se inflan a gañar diñeiro, CON RECURSOS NATURAIS DE TODAS, moitas familias non teñen auga nin luz. Chegando a producirse mortes directamente relacionadas coa falta diste recuro básico.
Especialmente grave é o abuso cometido con Galiza Abundante en recursos naturais, hídricos, eólicos e con 3 centrais térmicas. Capaz de xerar un excedente enerxético que supera o seu consumo nun 40%, sín deixar beneficio algún económico nin social en territorio galego.
Nos últimos 18 anos o prezo da electricidade para os consumidores domésticos subiu un 80%. levamos entregado preto de 80.000 millóns€, pagados nos recibos, en varios conceptos, un deles o chamado déficit tarifario, do cal intencionadamente non se nos informa. Mentres as grandes subministradoras estatais, Iberdrola, Gas Natural Fenosa e Endesa teñen 56.000 millóns € de ganancias anuais.
Despois da crise enerxética dos anos 70 creouse o que se coñece como Marco Legal Estable un conxunto de normas e leis que regularon o sector eléctrico dende o ano 1988 ata o ano 1997. Coa lei 54/97 de liberalización do mercado eléctrico feita por José María Aznar eliminase iste Marco e comeza a privatización do sector enerxético creando grandes corporacións abertas a capitais privados na busca de inversións. Dende este momento os consumidores vimos soportando subas continuas e inxustificadas dos recibos, que van destinadas o pago de dividendos destas corporacións.
O Título VII da Constitución Española que trata sobre Economía e Facenda no Artigo 128 determina o seguinte:
1)-Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal for a súa titularidade está subordinada ao interese xeral.
2)-Recoñécese a iniciativa pública na actividade económica. Mediante lei poderase reservar ao sector público recursos ou servizos esenciais, especialmente en caso de monopolio e así mesmo acordar a intervención de empresas cando así o esixir o interese xeral.
Inmersos de feito nun cambio de paradigma enerxético en concordancia co articulo 128 da Constitución faise imprescindible e urxente unha unha auditoría e posterior reforma do sector enerxético que opte por un modelo de enerxías 100% renovables e descentralizado, que facilite os consumidores o auto abastecemento. Este modelo debe permitir a participación pública na explotación dos recursos naturais destinados a produción enerxética de tal maneira que unha porcentaxe razoable do beneficio vai destinada as arcas públicas.
Resulta urxente que España respecte os compromisos adquiridos no marco internacional e garanta o cumprimento do artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Observación xeral Número 4 do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, segundo as cales un nivel de vida digno require dunha vivenda adecuada con acceso a subministracións básicas como luz, auga e calefacción.
Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo de 2009).
Polo exposto reclamamos:
1. Auditoría e posterior reforma do sistema eléctrico . Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas. Reforma da lexislación enerxética que opte por un modelo 100% renovable e sostible que garanta produción descentralizada e a auto-produción así como o interes xeral na explotación de recursos naturais disposto no articulo 128 da constitución.
2. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Se sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles a subministración e o custo será asumido polas compañías.
3. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa alcanzable, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.
4. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa reducida dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.
5. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas do que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).
6. Aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.
NON CESAREMOS ATA CONSEGUIR UN MARCO LEGAL ESTABLE QUE GARANTA A SUBMINISTRACIÓNS BÁSICAS CONFORME O INTERESE XERAL RECOLLIDO NO ARTICULO 128 DA CONSTITUCIÓN.
NIN UN PASO ATRÁS !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario